Sigue nuestro Feed RSS   CabodeCruz en Facebook   CabodeCruz en Twitter  
Out
01

Constitución da plataforma en defensa do idioma galego

galego
Quixera anunciar un acto que se vai celebrar en Ribeira este próximo sábado 3 de Outubro de 2009 ás 19:00 horas no «Grupo», na rúa da policía nacional (ó lado xusto de onde se renovan os DNIs). Este acto constitúese para crear unha plataforma a favor do noso idioma galego que leva pisado moito tempo, perdendo un respeto e unha dignidade como parte da nosa cultura e da nosa vida, a dos galegos.

É importante que acudades cantos poidades, pois é fundamental defender aquelo que os nosos avós e pais nos ensinaron dende cativos, para poder vivir nesta fermosa terra que é Galicia.
Todos fomos á escola, levamos cadernos, tesoiras, gabáns para o inverno, paraugas para a choiva, camisolas no verán, etc. Tamén xogabamos ás bolas, ó trompo, á chave, á estornela, e a moitos xogos galegos que non debemos perder.
Todos dixemos choiva, saraiba, orballo, tallo, freixo, boneco, agasallo, afialapis, traxe, horta, peixe, cabo, gamela, nasa, sacho, leituga, legume, laio, desexo, riqueza, cultura, fala, entendemento, comunicación, agarimo, amor, paixón, GALEGO.
E como aínda nos queda moito por dicir, imos defender este noso idioma por enrriba de calquera cousa, e levarémolo ata o cadaleito, onde dende alí veremos como este noso traballo de hoxe, dará o seu froito no día de mañá.
Acude, apoia o teu idioma, e apoiaráste a ti mesmo!
defensa do galego




Artigos relacionados :

• Noticias relacionadas en: Notas de prensa, Novas

Recibe tódalas novas no teu correo:


  • Certo

    http://certo.es/index.php?page=queremos_galego
    En Ribeira o mesmo día hai tres actos culturais: o comentado aquí, a presentación dun libro sobre setas no Ateneo e a Festa da Xuventude. Así que o que se achegue pode aproveitar a viaxe para varias cousas. Animádevos!