Sigue nuestro Feed RSS   CabodeCruz en Facebook   CabodeCruz en Twitter  
Ago
23

Conclusión da asamblea de ‘A Unión’

reunión

No día de onte, como foi publicado nesta web, tivo lugar a asamblea de ‘A Unión’. Foi sorprendente ver a pouca xente que asisteu a dito evento, e tamén sorprendente a importancia dos temas tratados para e por tódolos veciños do Cabo da Cruz.

Eramos unhas cantas persoas maiores, a xunta directiva, e algunha persoa de mediana idade. Moi pouca xente para dar valoración a uns presupostos que se invertiron na nosa vila, moi pouca xente para tratar un tema tan delicado coma o do muelle, moi pouca xente para todo o que fai falta.

Dende a miña opinión, que non son socio da asociación de veciños, quixera dicir, que pode acudir calquera, absolutamente calquera que teña interese nas cousas que pasan no Cabo da Cruz. É de agradecer á directiva que fose unha asamblea aberta a todo o mundo, pois penso que foi algo interesante acudir a dita cita.

Os temas máis relevantes foron o peche de contas do ano pasado, a polémica nova do muelle, algunhas limpezas que quedar por facer, a sinalización do núcleo urbán do Cabo, e moitos temas puntuais dos que todos temos e debemos facernos partícipes deles, pois aféctannos directamente a todos como cidadáns da nosa vila.

Saiu un tema moi importante a tratar. A directiva de ‘A Unión’ quédase sen xente. Ti, sexas xoven ou non, implícate na labor desta asociación. Tan só por facer algo por e para todos, tan só por axudar ó teu pobo, tan só facer que Cabo siga medrando máis aló do concello de Boiro, tan só por ti, cidadán da nosa vila. Faino.

É impotante a túa axuda, colabora.

E se estiveches na reunión deste pasado sábado e che quedou algo por dicir, podes expresalo aquí, coma de costume. Fainos saber as túas queixas, opinións e comentarios. Pois dende aquí faranse saber aló onde ti precises. Qué opinas?




Artigos relacionados :

• Noticias relacionadas en: Novas

Recibe tódalas novas no teu correo:


  • Pepe

    Eu son sosio da union pero non puden ir a reunion porque xa vou vello e costame andar antes quedabame mais serca ir a reuniones e justariame saber que sefalou que no que se pon pouco se explica do que se falou xa sei que vai pouco xente cando eu podia ir xa non iva casi ningen porque neste pueblo somos asi e temos o que meresemos por non ser unidos, teño xa os meus anos e antes axudavamonos uns os outros para plantar as patacas e para o millo pero aora a xente volbeuse ejoista e mira solo polo seu e olbidase que neste pueblo vivimos todos e de todos e todos temos que unirnos para ser un solo, xa vedes que entre os mesmos bateiros nunca estan de acordo entre eles e teñen cada uns a suas asosiasions, e aqui temos tamen duas asosiasions de vesiños a da union e a do esteiro, e lojo que si o castro e cabo da cruz meus fillos non bos dades conta de que esto non e bo para ningun pueblo e os da union iban a manadar cartas moitas veses para contar o que fasian e eu non resibo ninguna desde xa fai tempo e entendo que estaran cansados de faselo o traballo e que lojo non vaia niguen a protestar os sitios con eles, eu se non fora tan bello axudaria no que pudera pero case non sei escribir e aprendin a usar este aparato porque fun a boiro a un curso que deron no sentro sosial para os vellos e os meus fillos teñen o aparato este e esto para poder escribir

  • Xoan

    Bos días benquerido amigo Pepe. Primeiramente dicirche que me alegra saber que a xente maior (con tódolos respetos) fozaña polas entrañas de internet e pulula coma o que máis. Eu tampouco son socio da Unión, pero estas asambleas son para todo o mundo, sexan ou non socios. Eu, por motivos de espacio, non che podo poñer aquí todo o que se falou, xa que unha hora falando dan para moito, e teño que resumir algo para poñelo aquí, pero si me envías o teu enderezo electrónico (email) mándoche un texto coa maioría do contido falado (na medida do que me acorde, claro). O máis importante e relevante está aquí na web posto, xa que o tema do muelle vai dar moito que falar. Tamén se falou dos presupostos do ano pasado (xa aprobados pola Unión e os veciños), e tamén así da limpeza dalgunha zona do Campo coma os castros do achadizo e mais da punta. Dicirche tamén que o da reunión deberíase publicar máis, xa que eu tampouco me dei conta se Mary Hermo non me avisa. Pero tés razón que deberiamos ser máis unidos se queremos conseguir algo bo para a nosa vila. Penso, ou dame a impresión de que desde a Unión traballan bastante, xa que agora faille falta xente que os axude a facer todo, e a botar unha man na administración da mesma. Agardo que a xente, como ben ti dis, se una, axude, e se implique en todo. Xa que o que se faga, desfaga, ou modifique en Cabo é de todos, por todos, e para todos. Que despois non haxa laios sobre que se fan as cousas sen avisar e así. Volvo repetir, implicádevos nisto, queixádevos, opinade, debatide, xa que non podemos descoidar o herdado dos nosos devanceiros por nada do mundo.
    Un saúdo!

  • Pepe

    grasias meu fillo por disirme algo mais do que sefalou eu si son sosio e non estou sejuro de quen e mary hermo non sei si e a rapasa que estaba na diresion da union e que anda en una silla pero esa rapasa creo que se chamaba mari carmen pero esa rapasa xa non esta que me dijeron que se votara fora porque estaba enferma dime si e a misma persona que non estou sejuro o do eletronico xa o puxen onte cando escribin que mo puxo un dos meus fillos porque e del que eu non teño pero sei que e asi vivagalegoyahoo.es e non sei como se pon esa a rara espero que ti sepas e se me contas mais cousas asi non teño que andar a molestar os mues fillos cando veñen de traballar para que me leven a union e poder prejuntar canto me costa escrivir nesto eu solo ainda teño que aprender moito mais destas cousas moitas grasias