Sigue nuestro Feed RSS   CabodeCruz en Facebook   CabodeCruz en Twitter  
Ago
26

Comparecencia de Portos en Cabo de Cruz

portosdegalicia

Como xa estaba previsto que viñesen os responsables de Portos á nosa vila, onte deixáronse caer pola anterga Loureda. A entidade garante varias cousas: Que o noso porto vai a ter tódolos servizos previstos, que se van invertir tódolos cartos destinados á obra na mesma, e todo isto que se di cando se fai algo sen avisar e sen dar explicacións previas ós feitos.

Indicaron como principal móbil dos feitos a existencia dun terreo con demasiado fango e con cantiles pronunciados que impedían a estabilidade da obra. Tamén impedían que isto non se rematase nos prazos establecidos. Culpa disto foi que se reducise o novo espigón en 60 metros, forzando así tamén a reducir o espigón do outro lado do muelle ainda sen construir. Pese a todo isto, Portos insiste nunha cousa: os usos e a operatividade do porto serán os mesmos có do proxecto inicial, sen modificar.

Do mesmo xeito adiantáronse a dicir que tódolos amarres están asegurados e que non se vai a reducir o número destes, xa que como afirmaron estes señores: «Hay nuevas fórmulas, se avanzó en la manera de resolver los espacios, por lo que las necesidades de la flota quedarán totalmente cubiertas. Este será un puerto emblemático y de primera». Iso, á xente do Cabo da Cruz cústalle moito crelo, sabendo que as utilidades non van a ser as mesmas, xa que non podes meter nun metro cadrado, dous, pese a que «onde caben dous caben tres». A pesares disto, se non se alarga o espigón, o calado dos barcos que poidan atracar na nosa vila verase tamén reducido. Outra consecuencia máis das modificacións de Portos.

Con estas aclaracións tentaron un pouco calmar os ánimos dos crucenses antes de chegar a Boiro para dar toda a explicación completa e concreta diante das entidades que se reuniron o luns para facer o contradique das excusas de portos. Un mariñeiro do Cabo da Cruz chega a afirmar: «Que fajan as cousas así non ten sentido, cando puderon avisar antes de faselo para estar todos consientes das consecuensias». Razón non lle falta á xente que tamén replica que de algo terían que servir os estudos feitos antes de iniciar o proxecto, e que todo o que se faga agora, por moito que digan, non vai a ser o mesmo.

Sendo estas as explicacións ó respecto de dito problema, agárdase que tanto Portos coma as entidades crucenses e locais, cheguen a un acordo mútuo, xa que o feito non se pode desfacer, e hai que seguir con isto a pesares das malas e das boas.




Artigos relacionados :

• Noticias relacionadas en: Notas de prensa, Novas, Obras e Proxectos

Recibe tódalas novas no teu correo: