Cita en San Sebastian para as remeiras do Cabo da Cruz
Seis remeiras do Club de Remo do Cabo da Cruz integran parte da embarcación do Club Rías Baixas Jealsa Rianxeira que se mostrará coa súa artillería galega en augas vascas, na segunda edición da Bandeira Feminina da Concha. Sandra Sánchez, Esmeralda Santos, Eva Val del Río, Fátima Torrado, Lucía Filgueira e Laura Hermo xa son mulleres experimentadas no asunto, pois o ano pasado deixaron claro quen mandaba, e de seguro que este ano voltarán co prezado título.
Benigno Silva é o presidente desta entidade que leva ó País Vasco a remeiras do Cabo da Cruz, de Meira e de Chapela. Alí, no día de mañá, terán que por a proa cara a final do domingo onde se darán cita, ademáis deste Club, outros equipos galegos como son Mecos e Artabria (Perillo e Cabana), con traíñas catalanas, e por suposto as vascas, que non faltarán.
A embarcación onde remarán as crucenses, de momento parte de favorita polas súas destacadas victorias, pero como toda prudencia é pouca, desminte os feitos Lucía Filgueira, unha das remadoras afirmando que: «porque dependerá do estado do mar e tamén da forma en que se atopen outras tripulacións, por exemplo a de Astillero, da que non temos referencias. Con todo, nós estamos ben adestradas para encarar a regata e poremos todo da nosa parte para gañar».
Pois o dito, todo está servido para que os remos comecen a pulir o mar de tal xeito que neste marabilloso deporte, poidamos ter unha boa tarde, onde disfrutemos todos, e si se pode gañar, pois xa sería a fin de semana ó completo.
| Tuitear |
|
Artigos relacionados :
El convenio de colaboración que ayer rubricó con los clubes Cabo da Cruz y Rías Baixas en O Bo ...
Finalmente, os nosos remeiros, Campións galegos, non puideron acadar máis ca un décimo oitavo po ...
Tralo inesperado final da anterior regata que nos privou do pase á liga estatal, o Cabo da C ...
Jesús Manuel Alonso Escurís, consejero delegado de Jealsa Rianxeira, rubrica hoy sendos convenio ...
Entre o segundo e o cuarto chegou a embarcación do Cabo da Cruz nesta úlitma regata antes de ...


