Sigue nuestro Feed RSS   CabodeCruz en Facebook   CabodeCruz en Twitter  
Out
29

Chega unha nova moda de poda ó Cabo da Cruz

Esta nova non sería posible sen a colaboración de Dani Gestoso que nos proporcionou as imaxes. Aquí pódese ver a unha señorita podando as árbores que hai en frente do Club de Xubilados, pero en vez de estar cunha escaleira, unha banqueta ou algo polo estilo… Non!, súbese á árbore e a cortar… A iso chámolle eu coller o touro polos cornos. Xuzgádeo vós mesmos:

poda2

En fin, non penso que esta sexa a maneira de facer a poda das árbores, pero xa vemos que no Cabo da Cruz, cada un márcase o seu propio estilo, e si resulta, pois mira que ben…

poda1

Iso si, isto non é apto para calquera, xa que se caes ó mellor che sae a poda un pouquiño cara de máis. Para máis información podedes entrar aquí. Si tendes algunha outra modalidade de poda, ou de calquera outra cousa xa sabedes que estamos aquí para que nos contedes calquera cousa!




Artigos relacionados :

• Noticias relacionadas en: Curiosidades, Novas

Recibe tódalas novas no teu correo: