Chega o Nadal no fútbol do Cabo da Cruz e arrinca o novo ano
Ben chegadas estas datas é complicado compaxinar o balón con todo o que representan estas datas: festa, mazapáns, polvoróns, bebida, excesos, resacas, etc… Por iso a administración de CaboDeCruz.Net quer mandar un punto de sentidiño ós nosos xogadores, pois é sabido que o día 3 do novo ano hai que calzar as botas e saír da nosa vila en busca dunha victoria que nos afinque un pouco máis na táboa de clasificación.
Sería un orgullo para a xente do Cabo da Cruz ter ás dúas formacións futbolísticas ahí arriba mandando nas correspondentes ligas, porén o plantel do Cabo da Cruz B debe dar un xiro de 180º neste novo ano escalando con todo o seu esforzo este cumio que se nos puxo costa arriba nesta primeira metade da tempada.

Así non Wayne Rooney!
Por estas datas, cadran mal ata os adestramentos, pois os xoves e os venres, Fachuco cedeu os días para festexar tanto a NoiteBoa, coma a NoiteVella cos seus correspondentes días posteriores de resaca. Debido a isto non quita que cada un, a título persoal lle adique nestes días un pouquiño a facer algo de deporte para non perder a forma con estas enchentas que se collen. Aínda que sexa un paseo dunha hora tódolos días fai moito para queimar as abundantes ceas.
Tamén estamos todos ó carón do lume agardando a chegada do noso compañeiro o Zimpi que desgraciadamente ten como para dous meses, segundo as súas verbas comunicadas a este medio de comunicación. Pois o que ten este xogador na perna é unha canteira de tallada que aínda se ten que recompoñer, distribuirse uniformemente e endurecerse para que a velocidade, a garra e a técnica deste xogador poidan brindar no Cabo da Cruz novas victorias e alegrías para o conxunto.
En fin, Fachuco, non descanses moito este Nadal que sabes que tes un duro traballo por diante que non se pode deixar levar así por así. A directiva e os siareiros do club confiamos en ti e no teu escadrón. Pensamos que tes as cartas que fan falla para facer algo grande neste novo ano, e deixar un dos equipos de fútbol da nosa vila do Cabo da Cruz ahí ben alto onde se nos recoñeza coma sempre. Gañando!
Dende CaboDeCruz.Net queremos darvos o ánimo e a esperanza que vos fai falla nestes tempos complicados para vós e tamén para nós. Ánimo!!
| Tuitear |
|
Artigos relacionados :
[caption id="attachment_1256" align="alignright" width="318" caption="El tamén merece algo"][/ca ...
Pasando polo seo da asociación de veciños o outro día, vin que tiñan alí colgada unha carta ós R ...
Un alentador empate traído das terras do Rarís pode darnos un empurrón de cara ós postos contigu ...
De sorte estamos no Cabo da Cruz vendo como o noso deporte se consolida cada vez máis, sexa ...
Como non podía ser doutro xeito, a dirección desta páxina web de CaboDeCruz.Net quer mostrar ...


