Chega o Antroido á Abadía de San Enrique

Todo un orgullo para a hostelería do Cabo da Cruz ter un local coma este para poder disfrutar dos bos xantares:
Ben chegadas estas datas, o novo local aberto ó carón da igrexa do Castro, a Abadía de San Enrique, fai unha promoción especial para convidarnos a todos a un menú especialmente de Antroido. A cociña do Corellas está a botar fume día e noite para que todos poidamos disfrutar destas delicatessen do padal. Aquí vos deixo con toda unha carta de sorpresas do bo gusto:
MENÚ DE ANTROIDO
- Do 12 ó 17 de Febreiro 2010 -
CALDEIRADA DE POLBO
LACÓN CON GRELOS
FILLOAS RECHEAS (crema ou nata)
CAFÉ E CHUPITO DE LICOR
Menú por parella 30 € (Bebida non incluida)
Teléfono de Reservas 600 866 649 – 678 848 571
Agora que se vos está a facer a boca auga, tedes que agardar ata o vindeiro 12 de febreiro para poder degustar este magnífico menú adaptado a tódolos gustos e bolsillos, coa calidade da cociña galega que nos distingue en todo o mundo. Non deixedes de visitar este local, pois é un bo punto de encontro para tódolos crucenses e non crucenses!




