Centro Social a punto de caramelo
Como xa teredes visto ó pasar polas Mangas, o centro social de Cabo de Cruz xa é unha realidade para a nosa vila. Contamos coa infraestructura a piques de rematar, entrando xa nas súas derradeiras fases de construcción para a súa posta en funcionamento.

A cousa pinta ben, e tamén se preve que se cumpran os prazos de obra fixados ó inicio do proxecto. É de agradecer ó noso concello esta nova infraestructura que nos vai a dar cousas como que os estudantes teñan unha biblioteca, que os nosos vellos teñan un lugar onde votar unhas pezas coas donas, que haxa aulas de impartimento de cursos e demáis preparacións, etc.
É dicir, todo un éxito na nosa vila, xa que en comparación con outras vilas da comarca imos un tanto adiantados. Mirade no concello de Ribeira ou na Pobra do Caramiñal cantas parroquias teñen centro social, cantos concellos teñen centros de día e cousas así. Certo é que en infraestructura social estamos ben posicionados. Agardo que os nosos dirixentes de Boiro sigan nesta liña.

Agora tócavos a vós a opinar sobre o tema das infraestructuras e cartos invertidos polo noso goberno na nosa vila. Temos centro social, muelle novo, unhas festas de rachar, e todo isto para nós soiños… Qué agora a que se che fai a boca auga cando oes que podes ser, vir e vivir en Cabo de Cruz? Visítanos!
| Tuitear |
|
Artigos relacionados :
As pesquisas inciais eran facer a obra do novo centro social en tres fases ben distinguidas ...
Onte firmaron un convenio de colaboración Salvador Fdez. e Xosé Deira actuando como presiden ...
E isto sigue con máis masa para facela parede. Dos doce badéns plantexados nun principio de obra ...
É moita a xente do Cabo da Cruz que ó concluir os seus estudos se decidiu pola rama da hostelerí ...
Para a nosa sorpresa, hoxe esfollando o xornal da Voz de Galicia, vimos unha entrevista ...


