Sigue nuestro Feed RSS   CabodeCruz en Facebook   CabodeCruz en Twitter  
Dec
18

¿Queredes un toke?

tokkeAquí tendes un toque pero de balón co que nos sorprendeu este mozo. É totalmente incrible o que chega a facer co esférico rondando a maxia de Ronaldinho ou de Crisitano Ronaldo. Vemos que nas rúas tamén hai calidade e de sobra para facernos perder a vista con esta calidade impregnada entre o balón e os pés do mozo. Bueno, hoxe toca unha de video e non vos fago agardar máis, aquí vos queda:

Como xa puidéchedes observar, este mozo non ten ficha por ningún equipo, e dende CaboDeCruz.Net pensamos que sería unha boa idea a fichaxe deste home para o equipo do Cabo de Cruz B e para darlle un novo rumbo ó escadrón de Fachuco. Podería ser un bo relevo do noso compañeiro lesionado o Zimpi, pero como podedes observar no video nada é comparable á maxia de Alberto.

Agardo que este video vos ilusione un pouco e vos anime a tódolos xogadores do S.D. Cabo de Cruz para que sigades entrenando con ilusión e forza e tamén nos deades algunha alegría nos partidos que moitos seguimos de preto. Sen máis, ánimo xogadores!!!


• Noticias relacionadas en: Fútbol Cabo da Cruz, Novas, Videos
Dec
09

¿Por qué non é eficaz o preservativo en África?

A Igrexa Católica non deixa de sorprendernos, e a manipulación de ditos medios de comunicación tampouco. Vemos o claro exemplo da canle televisiva Intereconomía. Recordamos que a información que dan neste lugar tampouco é moi fiable, pois non fai moito o programa da Sexta, El Intermedio, deixou en evidencia ós de Intereconomía por dar unha nova con información falsa que lle mandaron nun correo electrónico. Podédela ver clickando aquí.

E esta é outra das flamantes noticias, neste caso sobre o uso do preservativo en África, xa que o seu uso reduciría o virus da Sida considerablemente entre a poboación africana. Pero como non podía ser doutro xeito vánnolo explicar os mesmos reporteiros da canle para que vexades o que é facer periodismo. Dentro vídeo:

Como xa puidéchedes ver, en África o uso do preservativo é inaxeitado porque non se conserva en perfecto estado, os africanos teñen as unllas grandes, os africanos non saben ler, clima inaxeitado para a súa conservación, etc… Unha lista de burradas que deixan ó continente africano á altura do betún. Como claro, é moi costoso que se lle enseñe a ler, que se lle corten as unllas e que non teñan un lugar para conservar os condóns, pois todo iso amáñase coa Igrexa Católica.

E vós que opinades? Este video davos gaña de rir ou de chorar? Pensades que tendes que ter unha carreira para poder comprender o prospecto do preservativo? Tendes que facer a manicura antes de facer o amor? En África o uso do preservativo favorece ás infeccións por Sida?


• Noticias relacionadas en: Curiosidades, Foto Denuncia, Novas, Videos
Nov
13

Multa a unha taxista por levar falda

Mónica Cabello é o nome dunha taxista malagueña que foi multada por levar falda no seu taxi. Xa acumula dúas sancións polo mesmo axente por mor da súa vestimenta inaxeitada segundo o artigo «41 bis da Ordenanza Municipal del Taxi«. Para isto temos un video que reflexa esta nova:

O apartado da ordenanza sobre a imaxe no traballo indica que «se debe prestar el servicio aseado y correctamente vestidos y calzados», levando unha «prenda superior con mangas, cortas o largas, y como prenda inferior pantalón largo o falda». A taxista afirma que esta ordenanza leva un caracter discriminatorio en contra da muller.

A finais de mes esta muller terá que voltar ó traballo pensando moito a súa vestimenta á hora de levar á xente no taxi.

Este problema cádranos un pouco lonxe, pero como seguimos vendo en pleno S.XXI hai cousas que son propias da Idade Media.

Non cres que se debería facer algo ó respecto de todo isto? Tes algunha anécdota parecida que nos queres comentar? Non o dubides, ante situacións coma estas nunca se debe calar. Fáinolo saber.


• Noticias relacionadas en: Foto Denuncia, Notas de prensa, Novas, Videos
Nov
03

Allada en Valiño: Cabo da Cruz 5 – 0 Pazos

Escudo Cabo

Encontro apaixoante entre o Cabo da Cruz e o Pazos no día 1 de novembro, día de tódolos Santos, e mais dos que nos axudaron a gañar.

Este domingo as meigas foron as nosas aliadas cando por fin rematou a mala racha para noso equipo. A solución comezou por poñer no campo unhas ristras de allos, xa que os últimos resultados non eran favorecedores para o noso equipo a pesares do bo xogo que estaban mostrando.

En xogo

O encontro comezou bastante complicado cunha primeira parte turbia por parte dos dous equipos e marcada polas ocasións do rival, xa que o Cabo da Cruz estaba un pouco «a velas vir». A sorpresa foi cando no descanso, despois de que Benjamín dese o número premiado para a cea das rifas, dende a bancada, o público puido escoitar o Grito do noso equipo que leva connosco dende as etapas de Ángel «O Pataco» ó menos que eu acorde.

Foi esta mostra de poderío, ánimo e forzas o que nos dou folgos para entrar nunha segunda parte e anotar cinco tantos case sen darlle respiro á formación do Pazos. Tantos que entraron tras o esgotamento de todos, xa que o campo non estaba para practicar un fútbol axeitado, pois o estado do campo parecía máis unha plantación de arroz ca un campo e fútbol.

Barrizal

Os tantos, se mal non recordo foron de: Risi, O Rabiso, Adrián, Cosita e o último do Chaparrito… O último foi un tanto espectacular marcado pola frescura dos cambios que realizou Fachuco, o mister, tras ver que o partido estaba do noso lado. Nestes trocos puidemos disfrutar do fútbol de Chaparrito, autor do último gol-azo, Michael e mais Ramón. Os tres xogadores marcaron unha revolta no xogo que nos permitiu asentar o resultado e así darnos un respiro e un voto de confianza para seguir gañando os partidos.

E aquí tendes un pequeno video da celebración do partido. A pesares de que non hai moita calidade, xa que os móbiles polo de agora non teñen unha resolucióne calidade moderadas, podedes apreciar a satisfacción do vestiario:

E xa sabedes, aquí tendes o voso sitio para comentar os partidos, opinar, xulgar e todo o que queirades. Tendes un foro no que podedes crear un fío para vós e alí falar todo o que vos pete. Animádevos a vir de vez en cando, e tamén a mandarnos cousas para poder comentar, porque esta páxina é de todos e para todos.

Un saúdo! e Caaaaaaboooo!!!


• Noticias relacionadas en: Novas, Videos
Out
27

Dende Subuqueiro ata o Esteiro

Aquí tendes un video sacado das arcas do YouTube. Este filme foi creado no ano 1998, segundo a información do portal, e dende o meu ver é unha obra que para os que están fóra lles vai encher o máis adentro de morriña da nosa marabillosa terra. Agardo poñervos aquí máis videos coma estes que reflexan o explendor da nosa terra e da nosa fermosa vila. Agardo que vos guste:


• Noticias relacionadas en: Novas, Videos
Out
22

O Cabo da Cruz tráenos unha de Humor

E unha de humor para que non falte. Video non recomendado para menores de trece anos. Un home resume neste video o ciclo dunha borrachera que casi todo o mundo tuvo algunha vez na súa vida. Agardamos que vos guste.

E xa sabes que se queres comentar algo do video non dubides en facelo, ou mesmo podes contarnos aquí a túa anécdota coas copas de máis.


• Noticias relacionadas en: Novas, Videos
Ago
07

Video da Orquesta Panorama en Cabo de Cruz

Aquí podedes ver unha parte do concerto que deu a Orquesta Panorama, unha das millores orquestas de españa, en Cabo de Cruz nas festas do carmen de este ano 2009.

No video podemos apreciar a espectacular posta en escea desta orquesta, e o bo ambiente que coma de costume se respira nas festas de Cabo de Cruz.


• Noticias relacionadas en: Festas, Festas do Carmen, Novas, Videos
Xuñ
23

Video da procesión do Carmen en Cabo de Cruz

Aquí podemos ver un video da procesión do Carmen en Cabo de Cruz. Como se pode apreciar, o video non é recente, pero transmite parte do que ese día representa para unha vila mariñeira como é a nosa.

Observación: Por motivos que descoñecemos, alléos a nós, o video tarda algo en cargar.


• Noticias relacionadas en: Festas, Festas do Carmen, Videos
Xuñ
19

Video do proxecto: «Policromía Urbana en Cabo de Cruz»

Este é un extracto de vídeo publicado polo concello de Boiro e a Xunta de Galicia do proxecto: «Policromía Urbana en Cabo de Cruz»

Nel, a parte de coñecer de que trata o proxecto, podemos ver tamén un anaquiño de historia de Cabo de Cruz, con boas imaxes e boas tomas.


• Noticias relacionadas en: Novas, Videos