Nesta fin de semana, o noso equipo do Cabo da Cruz B, desprazouse ata Recesende, o equipo contra o que tocaba xogar nesta xornada. Tras quedar no Mavi ás 14:15, a nosa formación partiu cara terreo descoñecido pola maioría.

Reserva do Cabo da Cruz B
Coa nosa formación: Josito, Andoni, Adrian, Ammi, Richi, Risi, Rabiso, Balteiro, Porron, Finidi e David. Un once de gala que quen llo dera a Pellegrini ou mesmo a Pep para os seus partidos, o noso Fachuco tentou a victoria en terreo alleo.
O partido comezou un tanto escuro para os nosos xogadores, pois as lesións recaeron sobre dous titulares ó pouco de comezar o encontro. Richi e Andoni tiveron que abandonar o partido por mor das doenzas que lles impediron seguir loitando. Tras un principio sobervio do equipo local, nun contragolpe do Cabo da Cruz, o Mago Finidi sacou do sombreiro un disparo que conectou coa escadra do Recesende sen que o seu gardamallas puidese facer nada, pois os metros que estaba adiantado foron a clave para esta delicatessen do Finidi.
A partires daquí o encontro tomou un novo rumbo no que os nosos artilleiros tomaron a defensiva tratando de aguantar o resultado favorecedor pese ás dúas baixas importantes que foron suplidos por un banquiño de luxo. Pero o equipo local nunha xogada sen aparente perigo consegue por en xaque á nosa formación cando nunha contra se poñen ó par no marcador 1 – 1 no que se chega así ó descanso.
Á volta, xa na segunda metade do encontro, as tácticas eran as mesmas e os xogadores tamén, cun Cabo da Cruz tratando de adiantarse no luminoso, ou ben de aguantar o partido para así como mínimo tratar de raspar un punto alentador.
Á falta de tan só 15 min. para o final, o Recesende executa un magnífico contragolpe no que colle desfavorecido á nosa liña defensiva, e cun testarazo conseguen poñerse por diante establecendo unha victoria para os locais. Pese a isto, a capacidade de loita dos nosos estaba mostrada, pero o cansancio e a falta de resposta das perniñas facíanse notar nun encontro marcado pola psicoloxía do gol nos últimos minutos.
Tal foi a cousa que o equipo contrario, iso si, cunha axuda do colexiado tras un clarísimo fóra de xogo consegue xa botar pola borda as esperanzas crucenses impoñéndose co definitivo 3 – 1 que unha vez máis nos botou para a casa cunha derrota un tanto inmerecida.
Os trocos do partido foron Michael, Nardo e o Chaparrito que introduciron un bo refresco de físico no partido que aínda así non foi o suficiente para tratar de empatara ou mesmo gañar.
Os nosos homes, xa cansos desta dinámica prometen en terreo feudal dar moita guerra no próximo partido, xa que cun xogo axeitado e cunha afección notable podemos levarnos o partido contra as formacións máis esixentes. Agardamos que os allos nos volten dar a efectividade que tivemos contra o Pazos, e tamén que fagan que os nosos homes non se lesionen como pasou neste domingo. Agardamos tamén que Fachuco saque conclusións deste encontro para así poder mellorar na medida do posible.
• Noticias relacionadas en:
Fútbol Cabo da Cruz,
Novas