Cando todo parecía que marchaba ben nos comicios deste novo ano para o noso equipo do Cabo de Cruz B, as derrotas e empates raspados fanse notar nos resultados dos últimos partidos. Como é xa habitual, o noso comentarista deportivo de CaboDeCruz.Net, Porrón, ofrécenos a crónica do partido do pasado domingo que os levou ás terras de Valga para disputar o encontro co Furia.
Sen máis, déixovos coa crónica deste partido:
Mal partido dos nosos que apesares de non facer un bo xogo levaron unha derrota inmerecida, xa que o resultado xusto sería o empate.
Nada máis comezar o encontro un balón en longo sorprendeu a defensa do conxunto local e Cosita aprobeitou para, no borde do área, cruzar o balón ao segundo pao batendo ao gardamallas local. Pouco a pouco o Furia foise crecendo e mediada a primeira metade conseguían empatar o partido despois dunha internada por banda esquerda. O encontro chegaría así ao descanso. Na segunda metade ao pouco de se reanudar o partido un novo contragolpe, esta vez por banda dereita poñía o 2 a 1 no marcador. Uns intres despois un fallo garrafal de Ami en defensa, que perdeu o balón ante a presión do dianteiro local, propiciou o terceiro do Furia. Dez minutos máis tarde veu o outro fallo da tarde cando Richi, que estaba xa medio lesionado, non puido evitar perdelo balón de novo ante a presión do dianteiro local, o cal puido conseguir deste modo o cuarto gol para o seu equipo. A falta de dez minutos unha internada de Buda no área local provocou un penalty que se encargou Cosita de tirar e marcar.
Deste xeito podedes ver que se o equipo non cometera tales fallos en defensa podería ser un empate o que trouxese de Valga e non unha derrota.
Aliñación titular:
Gardamallas: Pechu
Liña defensiva: Chaparrito – Ami – Adrián – Richi
Medio do campo: Risi – David – Balteiro – Finidi
Ataque: Cosita – Marcos
Tamén xogaron: Buda e Andoni
E agora unha visual á clasificación, últimos resultados e próximos partidos:
Dende CaboDeCruz.Net tamén queremos comunicarvos que xa foi enviada unha notificación ó departamento de deseño para que se encarguen de ampliar e completar a páxina que ten adicada o equipo do Cabo de Cruz B aquí. A ampliación farase coas fotos dos xogadores que se sacaron no partido contra o San Antonio onde os xogadores sacaron a súa mellor faciana para lucir na súa foto correspondente. Agardamos que o departamento se poña a traballar canto antes para que vos poidades ver de contado.
NOTA 1 : Sentimos que o noso porteiro Josito saíse en cinco fotos cos ollos pechados. Tentaremos sacarlle outras cinco fotos a ver si nalgunha dá aberto os ollos. Polo demáis, ánimo Josito!
NOTA 2 : Isto vai para todos e para que vos motivedes para o próximo partido. Botádelle unha ollada ó próximo rival que nos visita: o Bugallido, que vén de meterlle 10 goles ó San Antonio, equipo co que nós empatamos na casa duramente. Así que agardo que xoguedes con tódalas vosas forzas posibles para tentar gañar o partido ante un rival forte. Ánimo xogadores!
• Noticias relacionadas en: Fútbol Cabo da Cruz, Novas



Ben chegadas estas datas é complicado compaxinar o balón con todo o que representan estas datas: festa, mazapáns, polvoróns, bebida, excesos, resacas, etc… Por iso a administración de CaboDeCruz.Net quer mandar un punto de sentidiño ós nosos xogadores, pois é sabido que o día 3 do novo ano hai que calzar as botas e saír da nosa vila en busca dunha victoria que nos afinque un pouco máis na táboa de clasificación.


Aquí tendes un toque pero de balón co que nos sorprendeu este mozo. É totalmente incrible o que chega a facer co esférico rondando a maxia de Ronaldinho ou de Crisitano Ronaldo. Vemos que nas rúas tamén hai calidade e de sobra para facernos perder a vista con esta calidade impregnada entre o balón e os pés do mozo. Bueno, hoxe toca unha de video e non vos fago agardar máis, aquí vos queda:

