Fútbol Cabo da Cruz de Cabo de Cruz


Novas e crónicas dos partidos do Cabo da Cruz. Tanto do Cabo da Cruz A, coma do Cabo da Cruz B.


Cabo de Cruz 1 – 2 Puebla

Martes, 8 de Xuño de 2010 Non hai comentarios

Tarde agradable de sol que cubría o estadio de Valiño cando se enfrontaron os dous equipos da bisbarra do Barbanza polos cuartos de final da Copa do Sar. Foi un encontro do máis igualado durante todo o tempo, pero finalmente a victoria caeu para os da Pobra por un resultado de 1 -2.

CopaDoSar

Copa Do Sar

Despois dos primeiros cinco minutos xa se podía observar que o campo estaba fatal para a práctica do fútbol, pois os botes do balón eran demasiado imprecisos para un clube que ascende á 2ª autonómica. Pero isto era así para os dous equipos enfrontados.

A primeira clara ocasión foi para o Pobra a través dun penalti un tanto dubidoso pitado polo linier. Pero o que non sabía Cheché era que Cristian xa sabía por onde ía ir o esférico. Tras aguantar ben o lanzamento do dianteiro, o cancerbeiro fixo unha estirada para botar o balón a córner e salvar o que podía ser o primeiro gol do Puebla.

Uns intres despois, a maxia de Babaká desbordou a banda cuns regates en velocidade e bateu por debaixo ó porteiro visitante nunha definición maxestuosa do xogador estranxeiro. Isto poñía o 1 – 0 no marcador, pero o partido seguía na mesma dinámica de igualdade e os pobrenses non se deron por perdidos nin moito menos. Chegábase así ó descanso.

Pero o equipo visitante saíu moi concienciado para esta segunda metade na que tras un fallo da defensa por mor de deixar ó dianteiro en fóra de xogo, provocou unha saída e despexe de Cristian que foi aproveitado polo dianteiro para marcar case a portería baleira. Isto poñía as condicións moi igualadas para ambolos dous escadróns co 1 – 1.

A medida que ía pasando o tempo o Cabo de Cruz ía pagando a factura da forma física polo que Juancho tivo que botar man do banquiño facendo os cambios: Nolo por Óscar, Chiqui por Romero no minuto 70 de partido e cinco minutos máis tarde deulle entrada a Siti por Toño (alegando unha doenza). Pero o partido non ía quedar así, xa que nun asedio á defensa do equipo local, os da Pobra lograron adiantarse no marcador a través dunha boa xogada que lles deu a victoria final.

Os crucenses afirman que a eliminatoria aínda non está pechada nin moito menos, xa que un resultado cunha diferencia dun gol é case totalmente un partido aberto para os dous equipos e aseguran que no Campo da Alta van a ir a por todas sen dúbida algunha.

Agardamos que sexa así e que o equipo da nosa vila acade ese valioso pase a semifinais para estar máis preto do título da Copa do Sar.

Categorias: Fútbol Cabo da Cruz, Novas Temas:

O equipo de fútbol do Cabo da Cruz: campión de liga

Martes, 23 de Marzo de 2010 Non hai comentarios

uefa-champions-league-trophy

De sorte estamos no Cabo da Cruz vendo como o noso deporte se consolida cada vez máis, sexa co remo, co piragüismo, co fútbol… Pero a verdade é que en deporte temos moito que dicir en tódolos ámbitos. Porén, o día de hoxe é de parabéns para o fútbol crucense.

Dende os comezos desta tempada, os de Juancho xa daban cadras do seu enorme potencial e tamén das súas gañas de levarse o título no peto. Faltando así algúns partidos para que a tempada ligueira dea punto, os xogadores e todo o equipo xa se proclamaron campións absolutos gañando ese punto que os separaba da victoria.

Foi moito o esforzo plantexado pola entidade para chegar a onde están a día de hoxe e os méritos fanse ver nas facianas dos xogadores. Ó final deste túnel agardaos o ascenso a unha división superior onde se deberán medir a equipos dun nivel axeitado ó seu xogo e onde terán que poñer toda a tallada no asador.

Agardamos tamén que a entidade futbolística sexa quen de manter as fichaxes de ámbito internacional que tivo para este ano. Pois os reforzos sempre veñen ben e márcanse con xogadores coma Crisitian, Maicon, Siti, Babaká, etc. Á parte tamén dos xogadores de orixe local como algún chegado dende Rianxo, Boiro, Runs e arredores. O ideal para un clube ascendido recentemente sería ter unha canteira ou filial que fose quen de aguantarlle á xente, pero dadas as circunstancias e os ventos que sopran dende a directiva, que o B xa non vai estar para o ano que ven.

Sen máis, dende CaboDeCruz.Net agardamos que disfrutedes da vosa victoria, da vosa liga e de todo o que vos ven por diante. Ánimo!

Categorias: Fútbol Cabo da Cruz, Novas Temas:

Cabo de Cruz B 0 – 0 Rois

Mércores, 17 de Marzo de 2010 Non hai comentarios

Parece que os nosos xogadores deron renda do seu xogo colleitando un empate na casa frente ó C.D. Rois. Veu ata Valiño un dos equipos da metade da táboa para tentar levarse os tres puntos, pero ó frente atopáronse cun escadrón que saía a por todas. Non tendo nada que perder e moito que gañar, démoslle guerra ós visitantes para establecer o noso criterio de xogo e mandar no campo. Con moito sufrimento, este partido desenvolveuse cunha dinámica de dominio intermitente entre os dous conxuntos. Para máis información déixovos coa crónica deste partido:

Partido intenso no xogo a pesares do resultado final.
O do domingo foi un partido bastante entretido xa que ámbolos conxuntos buscaron continuamente a portería contraria sen conseguir movelo marcador inicial. O conxunto visitante estivo a piques de adiantarse duas veces no marcador con dous balóns ao pao, primeiro nun rapido contragolpe que o dianteiro finalizou disparando ao primer pao estrelando o balón contra el. O segundo foi unha falta de libre directo que tras un pequeno rexeite de Josito tocou a escadra esquerda do noso equipo. Os nosos tamén tiveron as súas opcións pero non tan claras. Empate final que ao fin e ao cabo foi o resultado xusto.

Aliñación titular:

Josito (1)
Chaparrito (2) – Ami (4) – Adrián (5) – Porrón (3)
Cosita (7) – Buda (6) – Balteiro (8)
Risi (11) – Finidi (10) – Marcos (9)

Tamén xogaron: Richi e Zimpi

E para completar esta información aquí tendes a clasificación xeral dos equipos e tamén os resultados desta semana. Como podedes observar para a semana imos á casa dos líderes do grupo 10 da terceira autonómica. Vai ser un partido complicado, porén Fachuco debe botar man da maxia dalgúns xogadores [...].

clasificación

Categorias: Fútbol Cabo da Cruz, Novas Temas:

O Cabo de Cruz A, acaricia o título de Liga a falta dun partido menos

Mércores, 10 de Marzo de 2010 Non hai comentarios

Faltan tres xornadas para o remate da tempada de liga do grupo da Barbanza da Terceira Autonómica. Con nove puntos distantes do segundo clasificado e un partido menos, o escadrón de Juancho roza o título de campión tras derrotar ó Sálvora na Fieiteira gracias a un tanto establecido por Maicon.

Segundo sinalaron os locais, na xogada do gol no minuto 12, o xogador do Cabo de Cruz seguio co xogo cando dous xogadores estaban tentidos no céspede tres un choque entre eles. O adestrador, Juancho, non se quixo pronunciar sobre o polémico gol e limitouse a afirmar que a formación ribeirense mantivo un maior dominio territorial, pero sen ocasións claras de gol. Comentar tamén que Roberto e Artola enviaron dous balóns ó pau e que o local Coira foi expulsado no minuto 85.

Sendo así, o noso equipo marca a diferencia co segundo clasificado e crea un bo colchón de cara ó remate da liga. Agardamos que se as cousas continúan así, dentro de dous ou tres domingos, o Cabo de Cruz A, se proclame vencedor do campionato.

E para que vexades o preto que están do título, aquí vos queda a clasificación e mailos resultados dos últimos partidos:

Clasificación

Cabo de Cruz B 3 – 3 Viduido

Domingo, 7 de Marzo de 2010 Non hai comentarios

Sentimos que esta crónica chegue tarde, sobor de todo para a xente que nos sigue por aquí e que entra cada día para ver si hai novidades futbolísticas. Pero sabedes que aquí non se deixa a ninguén sen o pan de cada día e entón o noso deber é facer que isto marche do mellor xeito posible. Non agardedes máis, aquí está a crónica do domingo pasado, dun partido contra o fondo da táboa que os nosos xogadores levaron de moito milagre e esforzo na recta final do partido. Aquí a crónica:

Partido raro e polémico no que o noso equipo sacou un empate a falta de poucos minutos para o remate do encontro.
O partido comezou cun xogo de toque e combinativo por parte dos nosos que enlazaban moi ben en defensa e medio campo pero aínda por estas lle costaba chegar á meta rival. Os primeiros vinte minutos foron claramente do noso equipo pero apartires de ahí o Viduido espertou e meteuse no encontro. A falta duns dez minutos para rematar a primeira metade chegou a primeira xogada polémica cando despois de sacar Josito un balón da línea de gol, a xogada continuou e nun novo centro ao área dous dianteiros do Viduido estaban claramente en fora de xogo. Porrón e Josito tentaron evitalo gol pero non foi posible tras batelo disparo no pe de Porrón e descolocar ao noso cancerbeiro. A segunda metade comezaba ca idea de ir a polo encontro pero os nosos non conseguian pasala defensa visitante. Mediada a segunda parte, nun contragolpe do Viduido, o dianteiro encarou a Ami, que era o último defensa con Porrón, e tras levar ao primeiro e antes de encarar a Porrón abreu o balón á banda dereita onde entraba o extremo dereito, de novo en fora de xogo claro, o cal conseguiría o segundo gol para o Viduido. Os nosos xa vían o partido moi difícil, tanto polo mal encontro que estaban realizando como polo mala actuación do colexiado que tampouco parou a tempo moitas das fortes entradas que recibiron os nosos. Pouco despois nun novo contragolpe e de novo en fora de xogo chegaba o terceiro visitante despois que o dianteiro batese por alto a Josito. Todo estaba perdido pero aquí chega o bo. Nunha falta votada por Adrián o porteiro rexeitou o forte disparo no área pequena e Risi aproveitou para batela portería baleira. Uns intres despois foi Balteiro quen conseguiría o segundo dos noso tras un disparo lonxano que tragou claramente o porteiro visitante. O gol definitivo chegou case sobre a bocina, cando despois dun córner, un barullo no área foi aproveitado por Ami para establecer o empate definitivo.

Aliñación titular:

Josito (1)
Chaparrito (2) – Ami (4) – Adrián (5) – Porrón (3)
Balteiro (6) – Cosita (7) – Richi (11)
Risi (10) – Marcos (9) – Finidi (8)

Tamén xogaron: Buda, Andoni e Zimpi

Pois ben, aquí tamén se viven emocións fortes, pero vemos que o noso equipo non comeza esta volta coa intensidade coa que rematou a outra volta, porén, formacións do fondo da táboa como é o Viduido puxeron en claros apuros ós xogadores do Cabo de Cruz B, que ata que espertaron e decidiron botarse a polo partido, non houbo un rexurdimento claro das nosas ocasións. E Adrián, tranquilo que sabes que eu non fallo, aínda que sexa tarde, a túa crónica sempre a vas a ter aquí, no teu lugar de referencia: CaboDeCruz.Net!

Agora podedes ver aquí a clasificación da nosa liga:

clasificación

Categorias: Fútbol Cabo da Cruz, Novas Temas:

Sar 6 – 2 Cabo de Cruz B

Xoves, 25 de Febreiro de 2010 Non hai comentarios

Unha nova derrota que emporca os resultados do noso equipo de fútbol do Cabo da Cruz. Esta vez sabíase que era un partido moi difícil, xa que o Sar é o líder desta liga e tamén sabiamos que non ía perdoar, pois fanlle falla os puntos para lidiar co Recesende un trono moi discutido.

Coma sempre, de primeira man, chegounos a crónica desta xornada e deste partido de parte de Porrón. Sen máis preámbulos déixovos coa crónica deste partido:

Esta foi a tonica xeneral do que pasou no partido desta xornada en Extramundi. Un rival moi superior apabullou o noso equipo que pese a que non o fixo tan mal como o marcador indica, veuse cunha ampla derrota.

Nos primeiros 20 minutos parecia que o noso equipo seria capaz de aguantar o lider da categoria asta o descanso do partido, pero como en moitas ocasasions pasa, a raiz do primeiro gol en contra chegaron os outros.

Deste xeito chegamos ó descanso cun global de 4-0 e cun equipo que se veu abaixo debido a que via que tiña diante a un rival que quizais sexa o que mellor futbol realice da categoria superando incluso o noso ver o Recesende e o Dodro.

Logo do descanso, como e habitual Fachuco puxo a estratexia de tres defensas, que fixo mellorar algo en ataque pero que sufria moito en defensa nos contragolpes, pero ainda asi o resultado global da segunda parte foi de 2-2 cos goles de Chaparrito que actuou de dianteiro e meteu un gol con moita moita fortuna, e Ammi de penalti. Tamen cabe decir que Cosita fallou un penalti cando o partido ía 4-1.

Pois ben, partido e resultado amargo para os nosos que teñen para a semana unha nova oportunidade de facer un xogo limpo e con goles que nos dean a victoria. Agardamos ó Viduido, que anda polo chan da táboa, pero nunca se pode confiar nestes equipos de abaixo, xa que en calquera momento poden sorprender dun xeito inesperado.

Aquí tendes a aliñación e os homes que xogaron este partido:

Gardamallas: Josito

Defensa: Rabiso-Adrian-Ammi-Chaparrito

Medio do Campo: Cosita-Roberto-Balteiro

Dianteira: Buda-Finidi-Andoni

E para que teñades tamén unha visión global da liga, dos partidos xogados, e dos que se van a disputar este domingo, aquí queda a clasificación a día de hoxe:

Clasificación

Categorias: Fútbol Cabo da Cruz, Novas Temas:

Pazos 1 – 1 Cabo de Cruz B

Venres, 12 de Febreiro de 2010 Non hai comentarios

Un pouco máis tarde do normal, pero xa temos aquí a crónica do partido da semana pasada. Como non podía ser doutro xeito, crónica enviada polo noso colaborador deportivo Porrón. Desta vez vemos un equipo un tanto falto de folgos, pois o Pazos foi equipo ó que en Valiño lles metemos un 5-0 e na súa terra non fomos quen de levarlle o partido. Sen máis déixovos coa crónica deste partido:

Partido soso en liñas xerais que rematou nun máis que xusto reparto de puntos para ámbolos conxuntos.
O noso equipo nesta xornada rendía visita ao Pazos coa intención de gañalos tres puntos en xogo e afastarse na clasifición do equipo de Padrón.
O encontro comezou co equipo local empuxando hacia a meta do noso conxunto pero sen conseguir demasiado perigo, mentres que os nosos non conseguían chegar á meta rival como se estaba conseguindo nos anteriores partidos. O xogo era un toma e daca de ámbolos cadros pero non había un claro dominador do encontro. Chegaríase ao descanso co empate sen goles.
Xa na segunda metade, os nosos estaban concienciados do importante que era conseguila victoria e pouco despois nun balón que David recibía por alto, e de espaldas á portería, dun certeiro cabezazo, conseguía poñer o balón lonxe do alcance do meta local. Co gol conseguido, os nosos relaxáronse un pouco e sumado aos cambios efectuados polo Pazos, o noso conxunto foi cedendo terreo e véndose cerrado atrás aguantando o resultado. A uns dez minutos para o final, nunha xogada non moi clara, o colexiado pitaba penalti a prol dos locais por unha dubidosa man. Así foi como o Pazos conseguíu o empate e se nos escapaban dous puntos importantes.
Cabe destacar que a falta duns vinte minutos David foi expulsado por doble cartón amarelo por reiteradas protestas tralo penalti sinalado polo colexiado.

E os homes do noso escadrón do domingo foron:

Aliñación titular:

Josito (1)
Chaparrito (2)- Ami (4)- Adrián (5)- Porrón (3)
Balteiro (6)- Cosita (7) – David (11)
Buda (10) – Marcos (9) – Finidi (8)

Tamén xogaron: Risi, Zimpi e Andoni

Lástima deses tres puntos tan bos e que tanta falta fan para erguerse un pouco nos postos do taboleiro, pero aínda así o conto é sumar cada partido. Para que o vexades mellor déixovos coa clasificación e os resultados desta xornada:

Clasificación

Agardamos que para este domingo que vaia a facer soliño do bo, a xente se achegue ata Valiño para darlle ánimos a esta xente que boa falta lles fan, e para que o equipo do Cabo da Cruz B acade os obxetivos fixados nesta tempada.

Categorias: Fútbol Cabo da Cruz, Novas Temas:

O prometido é débeda no Cabo da Cruz

Mércores, 3 de Febreiro de 2010 Non hai comentarios

Futbol

Como xa vos dixera fai unha semana, as fotos estaban ó caer e a punto de saír do noso departamento de deseño. Non foi sen tempo, pero aquí tendes as ansiadas fotos que estabades agardando. A web CaboDeCruz.Net vai facendo os deberes, pouco a pouco, pero efectiva. Agardamos agora que vós tomedes en serio tamén cada partido e nos deleitedes cunha nova victoria cada domingo.

Agardamos que o diseño da vosa páxina quedase máis ou menos a gusto de todos. Sabemos que falta xente aínda por quitar a foto, pero descoidade que en vindeiros partidos será enviado un fotógrafo para a instantánea. Se hai algo que engadir ou suprimir, xa sabedes que estamos en contacto a través desta web.

Dentro de pouco agardamos tervos xa a todos para que esta web sexa un referente do fútbol da nosa vila do Cabo da Cruz, entre outras moitas cousas que abordamos.

Sen máis, o prometido é débeda, e aquí está.

Categorias: Fútbol Cabo da Cruz, Novas Temas: