
Nas axudas da Xunta de Galicia ó idioma galego deste ano, o orzamento veuse mermado nun 35%. Isto tradúcese en que os equipos de normalización e dinamización lingüística da comarca do Barbanza van a ver un notable descenso na economía que promove o idioma de Galicia. Ista reducción tradúcese en máis de 15.000 € que o goberno de Núñez Feijoo lle quita á nosa lingua.
Segundo a prensa escrita, as verbas da Coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística do Barbanza foron: «Parécenos totalmente inadecuado que se concedan estas axudas en abril, cando quedan apenas dous meses para o remate do curso, o que provocou que a actividade dos equipos estivese practicamente paralizada durante todo o período lectivo».
Esta mesma coordinadora sinalou que os orzamentos para Galicia se reduciron nun 20%, e agora especialmente para a nosa bisbarra a outra reducción é do 35%. Isto vai a impedir que se fomente o noso idioma, que se sigan publicando revistas que levan moito tempo entre nós e que a cultura dun pobo coma o galego quede reducida por culpa que quen odia ó galego.
A entidade fixo un chamamento á Xunta para tratar de negociar e que a Consellería de Educación non siga por este andar no que os nenos e nenas galegos non poidan aprender o seu idioma propio de Galicia. A todo isto, o goberno galego non se pronunciou neste tema e tampouco dou ningunha explicación ó respecto.
• Noticias relacionadas en: Cultura, Notas de prensa, Novas









Despois do debate entre o concello de Boiro e a Consellería de Educación parece que as augas van amansar en canto á reparación dos danos. Finalmente parece que vai ser a Xunta de Galicia a que se responsabilice de poñerlle o tellado ó pavillón do colexio Santa María do Castro. Algo valorado nuns 120.000 €.
