
A recuperación da fachada marítima de Cabo de Cruz é un obxetivo fixado polo goberno do concello de Boiro, xa que as primeiras iniciativas xa se tiveron coa rexeneración da Ribeira Grande, onde se adecentou a zona para que se poida disfrutar da nosa costa. As vindeiras actuacións serán no tramo que une Subuqueiro con Curbera. Todo comezou coa construcción do novo porto e prevese que se remate cun proxecto que abarque toda esta zona de litoral.
O proxecto vaise a levar a cabo en dúas fases distinguidas, segundo explicou Ares. A primeira será a mellora do entorno da dársena crucense, así coma o aproveitamento dos traballos de urbanización deste proxecto que está a facer a entidade de Portos de Galicia.
A intención é aproveitar o recheo que se fixo para o paso dos camións en Subuqueiro para poder establecer unhas zonas verdes que impliquen un pequeno paseo dende o novo muelle ata Curbera. Asi mesmo, daráse tamén servizo ó novo porto deportivo aínda en proxecto. Rafael Eimil, Xefe de Demarcación de Costas, xa dou unha opinión favorable sobre este novo proxecto que nos brinda o concello.
A segunda parte do proxecto será a que máis ten que ver con este novo paseo polo litoral de Cabo de Cruz. O goberno tratará de facer un estudo que permita crear unha pasarela polas augas do Corviño e que dea a sensación de que a nosa vila ten unha costa para disfrutar, como acontece en diversas localidades do Barbanza.
As propiedades que dan coa beirada do mar son privadas, que cadran coas hortas das casas do Corviño, pola parte do mar. O estudo a realizar tratará de dar ó paseo marítimo derribando algunhas pequenas construccións como poden ser algún capoeiro ou galpón que poida interromper o desenvolvemento do novo proxecto.
• Noticias relacionadas en: Notas de prensa, Novas, Obras e Proxectos



Como xa ben sabedes, a asociación de veciños A Unión é propietaria dunha páxina web onde se mostra diverso contido de interese sobre a nosa vila. Porén, para que a revista que eles mesmo elaboran, teñen xa un 



A xuntaza xa anunciada en diversos medios para as novas eleccións da entidade do Cabo de Cruz, A Unión, foi bastante escasa de persoal, xa que foron ó pé dunhas trinta persoas as que asistiron á asamblea convocada. En dita reunión, o presidente Benigno Sánchez presentou a súa dimisión no cargo e convocou eleccións para o vindeiro día 24 de maio.
