Sigue nuestro Feed RSS   CabodeCruz en Facebook   CabodeCruz en Twitter  
Out
17

Lotería de Nadal xa á venta en Cabo de Cruz

LoteríaNadal

A todos os que desexen LOTERIA DE NADAL:

A Asociación Festas do Carme de Cabo de Cruz xa ten á venta loteria de nadal en participacións de 5 euros co número 34870, se alguen desexa mercar loteria poñanse en contacto con nós polo medio que consideren oportuno, se nós atopan na rúa non dubiden en avisarnos para que lle vendamos as participacións que queiran.

LEMBREN ESTÁ É UNHA DAS FORMAS DE COLABORAR TAMÉN COS FESTAS DO CARME DE CABO DE CRUZ. CONTAMOS CON VOSTEDES.

Un saúdo.

Festas do Carme do Cabo da Cruz.


• Noticias relacionadas en: Notas de prensa, Novas
Out
11

Novos altercados na movida boirense

Foto de Queijeiro

Foto de Queijeiro

Parece que os problemas seguen nas noites dos sábados en Boiro, pois isto é algo que non sae nas novas do día, senón que o vou contar visto polos meus propios ollos e os de toda a xente que saíse en Boiro. Achegábanse as 3:00 a.m cando no parking dunha marca de supermercados moi próxima á movida comezaba unha batalla campal entre cativos.Pouco despois acudía a Garda Civil para tratar de controlar o asunto ata que os mozos foron dispersados despois de estar un bo cacho de tempo nunha liorta que semellaba nunca rematar.

Pouco despois, coma ó cabo de media hora, os altercados continuaban en frente dunha discoteca preto da liorta anterior onde dous cativos se ensañaban un co outro. Ó pouco tempo xa eran máis dunha ducia deles os que estaban ó seu redor tentando separar e outros armar o follón. E unha vez máis se vía ás autoridades da Garda Civil tentando identificar a algúns dos provocantes das liortas.

En fin, despois de noites así, as gañas de saír de marcha ó nucleo boirense quedan mermadas por feitos coma estes que aquí se relatan. Pero o máis preocupante se cabe é que de tódolos mozos que se enfurruñaron na movida, non había moitos que superasen os vinte anos de idade e mesmo moitos deles non terían nin os dazaoito.

Pénsase que isto pode ser un problema de educación, de civismo, pois non se pode consentir que a idades tan curtas, a xente ande deste xeito nun día no que a meirande parte da xente sae para tomar unha copa e divertirse amablemente. Pola parte que me toca, pediríalle ás autoridades pertinentes que tomasen medidas para suprimir o botellón nese parking onde cada noite se amorean botellas, vasos escachados, mexeiras, vómitos, etc.

O da movida é un problema que en maior ou menor medida lles afecta a moita xente: os que saímos e queremos disfrutar da movida, ós veciños que viven preto, ós hosteleiros, ós taxistas e a toda a xente que vive dun xeito ou doutro estas trifulcas que nunca levan a nada bo.


• Noticias relacionadas en: Notas de prensa, Novas
Set
28

Os GRUMIR fan unha media de 16 intervencións diarias

Foto de Dani Gestoso

Foto de Dani Gestoso

Tamén de cifras se pode falar no caso destes profesionais que en breve, trala teima dun presidente de recortes, van quedar sen choio. Pero que quince persoas vaian ó paro pode ser algo habitual nestes tempos que corren, malia que queden sen un servizo fundamental miles de persoas é bastante nefasto.

Falando de cifras como imos agora, a redacción de CaboDeCruz.Net tivo acceso a un documento onde se contabilizan en máis de 20.000 actuacións do GRUMIR dende o ano 1997, case nada. En dito arquivo estaban detalladas todas e cada unha das intervencións que fixeron estes traballadores en favor de toda a sociedade.

Pero curiosamente, imos contar aquí un servizo no que cidadáns coma o que aquí escribe, puido aforrar uns trinta e pico euros. Este é o traballo de cerralleiro. A cantos non nos quedou un día unha chave por dentro? En ocasións a casa está accesible por fiestras e demais, pero saben vostedes canto custa de media un traballo de 30 segundos dun cerralleiro calquera? Si, señores, de 50 euros para arriba. Pois esta xente, por 20 € abre portas; portas que agora o goberno da Xunta lles está pechando a cal e canto.

Servizos, tamén coma a busca de persoas, que claro, nunca un sabe o que é ata que lle toca. Pero cuantificando datos, no tempo que leva este servizo en pe, contamos con máis dun cento de buscas de persoas nas que só se perdeu un mozo que lamentablemente apreceu morto. Co cal, parece que efectivos si que son.

Se cadra, a lectura deste texto fai entender que esta web ten algo en contra dunha cor política, pero neste caso a dignidade das persoas e o sentido común debe primar por enriba de todo e de todos. Xa que o outro día, falando cun membro deste grupo, contaba que había moita xente que lle agradecía o seu traballo e que lamentaban que os suprimisen agora de golpe. Testemuñas de xente que foi favorecida enormemente e que mesmo algúns chegaron a salvar as súas vidas.

Por iso, pedímoslle ós señores mandatarios que abran os ollos, que se deixen de tanta dieta e tanto coche oficial e que conserven algo que realmente fai falla, e que como está demostrado funciona. Dende esta entidade apoiamos directamente a esta xente e animámolos a que se manifesten, que recollan sinaturas, que os documentos cheguen ós medios para que todos teñamos conta do que nos queren quitar.

Pois cando todo isto desapareza, van ser moitos os que nos laiemos cando nos arda o monte e non pare de arder ate chegar ó mar, cando teñamos un accidente no que non teñan que intervir os bombeiros, cando nos caian pólas dos pinos no tellado, cando nos quede unha chave por dentro, cando haxa que facer un rescate nunha praia, etc, etc, etc.


• Noticias relacionadas en: Notas de prensa, Novas
Set
23

Feijoo dalle o lombo ós GRUMIR de Boiro e Ribeira

Foto de Marcos Creo

Foto de Marcos Creo

«El presidente evitó pararse a hablar con los profesionales de Boiro y Ribeira que le esperaban en el monte«. Con estas verbas comeza a nova nun xornal galego. Por iso, ante a chamada de atención deste titular queremos resaltar algo do acontecido, segundo a prensa escrita.

Os integrantes do GRUMIR de Boiro e Ribeira achegáronse onte ó monte de Boiro aproveitando a visita do presidente da Xunta, para reclamarlles a súa continuidade nos seus postos de traballo. Pero ante a reivindicación destes traballadores, o presidente pasou de longo evitando entrevistarse con algún dos representantes deste colectivo, evitando así dar algún tipo de explicación da súa eliminación nos concellos.

De feito, había varios membros da Policía Nacional que velaban pola «seguridade» do noso presidente, ante tal cousa. Sen embargo, para os axentes foi unha mañán de moi pouco traballo, dada a educación e saber estar dos traballadores ante a chegada do responsable dos seus traballos. De feito, dende o efectivo do GRUMIR de Boiro sinalaron que: «non foi unha protesta, nin berramos nin puxemos ningún tipo de pancarta alusiva a ninguén. Do que se trata era de que nos vexan e de que recoñezan a nosa labor».

Estes traballadores quéixanse da súa falla de recoñecemento polas labores feitas ate o de agora, nun acto ó que non foron convidados, pero que era clave para que o principal responsable do asunto lles dese un motivo da súa vindeira desaparición.

Os efectivos non só falaban das súas intervencións en incendios, senón en accidentes de tráfico, na busca de persoas ou animais, rescates en todo tipo de situacións, actuacións en diversos temporais non moi lonxanos no tempo, etc. Por iso mesmo, recalcaban que: «Só pedimos que miren as nosas intervencións e que logo decidan se debemos continuar ou non».

A orixe destas queixas está nun papel que establece que este servizo sexa dado de baixa en concellos onde existe un parque de bombeiros. Pola contra, os profesionais defenden que o seu rango de actividades de traballo é complementario ó traballo dos bombeiros e que hai moitos choios que os bombeiros non os fan porque non os teñen asignados nos seus contratos de traballo. «En Ribeira, hai Policía Local, Nacional, Xudicial e incluso portuaria, e cada un ten a súa parcela de actividade e cando é necesario traballan conxuntamente», adiantaba un dos efectivos.

Ante tal situación, o concello de Boiro e o de Ribeira van quedar nunha situación de desamparo ante esta cantidade de servizos que a ver cómo as inxenian os dirixentes para suplir un tan prezado traballo.


• Noticias relacionadas en: Notas de prensa, Novas
Set
03

A Xunta de Galicia pretende suprimir os GRUMIR de Boiro e Ribeira

GrumirNoLume

«Se aínda facían falla efectivos estando este tipo de traballadores en activo, qué sería de nós con tan só unhas cuadrillas da Xunta sen experiencia e con medios precarios?» Estas foron as palabras cando lle preguntamos a J.S.F. un veciño de Cabo de Cruz, pola desaparición deste efectivo. E que as cifras cantan por si solas se analizamos o problema enriba da mesa: máis dun cento de intervencións en incendios forestais entre Boiro e Ribeira, 22 intervencións en accidentes de tráfico tan só en Boiro, etc.

Estas son unhas cifras claras e clave para que o goberno da actual Xunta de Galicia pense só unha vez máis o que suporía suprimir este servizo que vai quedar orfo no que os cidadáns quedaremos bastante máis desprotexidos. Pero non só de lumes e accidentes se trata a cousa. En diversas festas e romerías, en rescates, en limpar as desfeitas dos temporais (non hai máis ca botar un ollo á prensa deste inverno), etc. Nunha morea de cousas fixeron e fan falla estes medios, xa que de non ser así, quén fará este tipo de traballos?

Dende esta entidade queremos apoiar ó goberno local para que se conserven este tipo de efectivos, xa que nun concello coma o de Boiro, co parque de bombeiros non é suficiente. Habería que aclarar que a finalidade dos bombeiros e do GRUMIR, non é a mesma, malia que poidan coincidir nalgúns casos. Non imos a mandar ós bombeiros a apagar un lume no medio do monte, non imos a mandar ós bombeiros a tratar de organizar un pouco a romería de San Ramón (aínda recente), non imos a mandar ós bombeiros a un accidente (a non ser que sexa grave e haxa risco de incendio ou que excarcelar).

En fin, unha morea de servizos e postos de traballo que a Xunta actual quer liquidar dun plumazo e deixarnos a todos «a pan pedir«, xa que hai algo que funciona e que fai falla e unha vez máis, son os nosos dirixentes os que nos sacan o pouco que temos ou que podemos ter.


• Noticias relacionadas en: Notas de prensa, Novas
Ago
06

Porto de Cabo de Cruz, un referente na vela galega

Foto de Dani Gestoso

Parecía un soño, un raio de sol perdido, un conto das rúas, das xentes, pero nunca unha realidade. O certo é que estamos a ver unha das obras de impulso de Cabo de Cruz máis grandes de toda a historia local. Imos a ser un referente, un punto de encontro en Galicia e unha visita obrigada para embarcacións de todo o globo. O que parece ser que somos é a referencia náutica no Concello de Boiro. En números estamos a falar dunhas 750 prazas de amarre sumadas a unhas instalacións que darán cabida á mellor escola de vela de Galicia.

Estas son as espectativas do Club Náutico de Boiro que contará coa colaboración do Centro Internacional de Navegación da Arousa (CINA), unhas das escolas clave no Estado español que leva case un lustro dando formación a regatistas en tódolas categorías e clases.

Cando rematen as obras no dique de abrigo da dársena dará comezo o proxecto da escola. Así se fixo saber na xuntanza deste pasado fin de semana na que as caras de entusiasmo fixéronse notar no seo do local. E que Cabo de Cruz é un lugar que conta cunhas características clave para a execución deste proxecto, así coma as augas que nos bañan, perfectas para a práctica dos deportes e actividades do mar. Por iso as entidades locais pensan que co respaldo doutras institucións de fóra farán que esta iniciativa saia adiante con máis forza.

De feito, a CINA, socia do Club Náutico de Boiro xa anunciou a inclusión na súa oferta formativa, diversas actividades na dársena crucense e mesmo propóñense traer alumnos de Madrid e Valencia ata Cabo de Cruz para tal fin. Asi mesmo, esta entidade afirmou levar o nome da nosa vila non só pola xeografía española, senón atravesar fronteiras e amosarlle as nosas instalacións a países coma Francia e outros moitos.

A entidade boirense pretende captar socios con esta situación e anuncia que a cota manterase ata setembro para que por só 60 euros, os socios poderán optar a un amarre dos 150 que hai previstos para a primeira fase do proxecto.


• Noticias relacionadas en: Notas de prensa, Novas, Obras e Proxectos
Xul
28

Turismo polo mar en Cabo de Cruz

CaboDeCruz

O concello de Boiro avoga por unha nova maneira de facer turismo: o turismo marítimo. A iniciativa trata de que un grupo de xubilados colaboren desinteresadamente nesta tarefa de mostra da cultura etnográfica de Boiro e tamén de Cabo de Cruz. Existen moitos puntos de encontro nestas visitas ós recunchos da nosa vila e concello. Por exemplo, un repaso polos muíños de río en Bealo e Ponte Goiáns.

Pero tamén se marcan un percorrido pola ría e polo porto de Cabo de Cruz onde se lle vai explicando á xente que queira aprender cómo se cría o mexillón nas bateas, dende que se vai á cría ata que sae en sacos no camión que os leva. E quen mellor para explicar todas estas cousas cá xente con experiencia coma os nosos maiores.

Tamén se trata de que a xente coñeza os traballos e oficios autóctonos coma un taller de elaboración de nasas situado en Rebordelo. Un oficio de cara ó mar e polo mar, motivo principal desta mostra de cultura municipal. E aínda non queda ahí a cousa, senón que se tratan de explicar moitas outras cousas nestes percorridos.

Os turistas sorpréndense desta riqueza que temos na nosa vila e concello e láianse de que a xente daquí non coñeza na súa totalidade parte da nosa historia que nos identifica coma vila e como pobo. Porén, xa se está plantexando o de traer ós escolares a estes percorridos para que dende os máis cativos saiban das tradicións, costumes e medios de vida dos seus antergos.

Toda unha iniciativa con moito impulso feita dende o concello de Boiro que vemos con ollos moi positivos dende Cabo de Cruz. Porén, animamos a todo o mundo a que fagan disto algo persoal, algo seu e que se dispoñan a visitar os recunchos con máis historia do noso concello.


• Noticias relacionadas en: Cultura, Notas de prensa, Novas
Xul
21

Entrevista a Juancho Armental

Foto de C. Queijeiro

Foto de C. Queijeiro

Hoxe esfollando a Voz, vin unha entrevista a un deportista recoñecido na comarca polo seu afán de superación, de retos e obxetivos a bater e outras moitas cousas. Trátase de Juancho Armental. Pero sen dúbida, o que marca a este tipo de xente é a superación, a eliminación de barreiras, o «erguerse tras caer unha e outra vez«. Por iso mesmo queremos que polo menos leades nestas verbas, como é a mentalidade dun deportista de élite da que podemos sacar conclusións para a vida mesma.

Sen máis, a entrevista:

Sigue leyendo… »


• Noticias relacionadas en: Cultura, Notas de prensa, Novas
Xul
11

O Club de Remo de Cabo de Cruz acada un terceiro posto en Cangas

Cabo da cruz

O escadrón de Cabo de Cruz saldouse cunha medalla de bronce en augas de Cangas do Morrazo pola bandeira deste fermoso concello. Ata alí chegaron un total de dazasete embarcacións que están inscritas na liga autonómica para disputar a dita regata. O S.D. Samertolameu foi o que se levou a competición para o seu feudo nunha regata un tanto máis ca disputada.

Entre as traíñas do Barbanza a que mellor resultado obtivo foi a de Cabo de Cruz que segue dándonos bos resultados e alegrías á nosa vila. Para o resto de embarcacións a clasificación foi: Samertolameu, Amegrove, Cabo de Cruz, Chapela, Náutico de Vigo e Mecos. Así foi como quedaron nesta Bandeira da Liga Galega de Traíñas.

Agardamos que para os seguintes encontros os nosos campions sigan igual ahí sempre no podium e colleitando victorias importantes como levan feito ate o de agora. E como é merecido: Ánimo Campións!


• Noticias relacionadas en: Clube de Remo, Notas de prensa, Novas
Xul
11

O Concello de Boiro está desprotexido

PoliciaLocal

Unha vez máis seguimos coa ausencia da Policía Local de Boiro nun mes clave debido á afluencia de xente e de turismos nas nosas rúas. Parece ser que o problema vai a máis e non se sabe moi ben como rematará a cousa, pois non hai acordo ningún por ámbalas dúas partes (dirixentes e policías).

O caso é que a día de hoxe ninguén pode facer uso das autoridades locais debido ás vacacións, baixas, excedencias, etc. O tema é que tan só hai un axente para cubrir todo o concello de Boiro, e loxicamente, terá que librar nos días que lle correspondan, polo que hoxe será a Garda Civil a encargada de velar pola seguridade dos cidadáns.

A voz de alarma deuse onte cando un veciño se achegou á comisaría para pedir que un axente tratase de retirar un coche que había diante do seu garaxe, pero atopouse co «chiringuito pechado». E como ben engadíu o home: «Non queda máis remedio».

Porén, parece ser que isto vai ter que resolverse por mediación da xustiza, pois os axentes xa teñen contratado a un bufete de avogados para que miren pola súa parte de razón no problema máis actual que teñen. Este problema é que o alcalde de Boiro, Xosé Deira, retiroulle un complemento de productividade a tres axentes; a un deles por «incompetente» e ós outros dous por non asistir a unha reunión co rexidor local cando estaban no seu día libre.

En fin, como todos ben saberedes estamos ante unha situación alarmante cando fai falla a seguridade das nosas autoridades no concello de tamén en Cabo de Cruz. Agardamos que todo isto se resolva no menor tempo posible e que ámbalas dúas partes cheguen a un acordo que sexa o mellor para a cidadanía.


• Noticias relacionadas en: Notas de prensa, Novas