
Unha vez máis seguimos coa ausencia da Policía Local de Boiro nun mes clave debido á afluencia de xente e de turismos nas nosas rúas. Parece ser que o problema vai a máis e non se sabe moi ben como rematará a cousa, pois non hai acordo ningún por ámbalas dúas partes (dirixentes e policías).
O caso é que a día de hoxe ninguén pode facer uso das autoridades locais debido ás vacacións, baixas, excedencias, etc. O tema é que tan só hai un axente para cubrir todo o concello de Boiro, e loxicamente, terá que librar nos días que lle correspondan, polo que hoxe será a Garda Civil a encargada de velar pola seguridade dos cidadáns.
A voz de alarma deuse onte cando un veciño se achegou á comisaría para pedir que un axente tratase de retirar un coche que había diante do seu garaxe, pero atopouse co «chiringuito pechado». E como ben engadíu o home: «Non queda máis remedio».
Porén, parece ser que isto vai ter que resolverse por mediación da xustiza, pois os axentes xa teñen contratado a un bufete de avogados para que miren pola súa parte de razón no problema máis actual que teñen. Este problema é que o alcalde de Boiro, Xosé Deira, retiroulle un complemento de productividade a tres axentes; a un deles por «incompetente» e ós outros dous por non asistir a unha reunión co rexidor local cando estaban no seu día libre.
En fin, como todos ben saberedes estamos ante unha situación alarmante cando fai falla a seguridade das nosas autoridades no concello de tamén en Cabo de Cruz. Agardamos que todo isto se resolva no menor tempo posible e que ámbalas dúas partes cheguen a un acordo que sexa o mellor para a cidadanía.
• Noticias relacionadas en: Notas de prensa, Novas









