Sigue nuestro Feed RSS   CabodeCruz en Facebook   CabodeCruz en Twitter  
Dec
01

O goberno da Xunta establecerá a velocidade da autovía da Barbanza a 120 uniformemente

Sinal

O Partido Popular galego revelou onte no concello de Isaac Maceiras na Pobra do Caramiñal que neste ano do que tan só lle queda un mes, a autovía da Barbanza establecerá unha velocidade uniforme de cento vinte quilómetros por hora. O popular Manuel Ruíz escoitou ós concellos e ós compoñentes de Arousa Norte que xa levaban tempo reclamando esta medida. Hai algunhas obras xa en execución que se están levando a cabo para que o vial goce de máis seguridade e que se poida adoptar esta medida sen correr risco algún. Tamén as sinais de recomendación da velocidade faranse ver para que haxa unha certa prudencia por parte dos conductores en determinados tramos.

Este anuncio fíxose público no día de onte cando o grupo de parlamentarios do Partido Popular de Galicia se xuntaron nun almorzo con máis de setenta representantes de diversos ámbitos como a educación, a política, a cultura, a economía e outros ámbitos da nosa comarca do Barbanza.

 Agárdase que pouco a pouco e dunha vez por todas poidamos disfrutar dunhas comunicacións seguras, eficaces e que lle traian todo o dinamismo á nosa comarca para que así poidamos medrar entre todos, pois a duración do traxecto a Santiago de Compostela verase reducida considerablemente, así coma a outros puntos próximos da xeografía galega.

Sabia e grande decisión do PP galego do que se agarda que teña sempre presente o potencial da nosa comarca e o importante que son para nós as medidas deste tipo.


• Noticias relacionadas en: Notas de prensa, Novas, Obras e Proxectos
Nov
13

Centro de formación hosteleira de Boiro abrirá en seis meses

Foto: La Voz de GaliciaA visita do vicepresidente da Diputación, Pablo Villamar e de Rosana Pérez como diputada pobrense a Boiro, encheron de ledicia ós dirixentes do concello posto que os cartos que faltaban para o remate da obra do centro hosteleiro xa están asinado. Isto axiliza as obras de tal xeito que dentro de seis meses xa poderemos disfrutar das novas instalacións.

Non se fixeron agardar os discursos de Villamar, Rosana, Xosé Deira como alcande, Juan Jesús Ares como tenente alcalde e Dores Torrado. Todo isto pola chegada dun centro de tales características que lle facía falta á nosa comarca e que tamén polo acerto de que se faga en Boiro.

Os representantes da Diputación non desbotaron doar máis cartos para que a iniciativa chegue lonxe e mesmo se chegou a dar a cifra de apoio que será duns 350.000 € que serán o colchón final para o remate deste proxecto.

O arquitecto Amancio Losada definiu a obra e mesmo dou cadras da estructura do recinto sinalando que será un pequeno viveiro de empresas a parte do centro hosteleiro denominando así o complexo coma un inmobre de usos múltiples.

Con estas novas instalacións a xente do Cabo da Cruz terá unha oportunidade preto da casa sen ter que ir a outros sitios para prepararse no sector hosteleiro. Isto supón un aforro en custes e unha nova iniciativa para a comarca e tamén para o Cabo da Cruz.


• Noticias relacionadas en: Notas de prensa, Novas, Obras e Proxectos
Out
30

O novo muelle avanza lixeiramente debido ás contínuas excavacións na obra do AVE

muelle de noite

Foto: http://www.flickr.com/photos/ladilhao/2497071318/ por cortesía de Luis.

Como xa ven dixera o presidente de Portos de Galicia cando estivo en Boiro, o recheo do muelle novo do Cabo da Cruz estase a facer cos escombros obtivos polas escavacións na obra do AVE. O excelente ritmo de traballo na traída do tren máis veloz de España, está a favorecer a construcción do porto crucense, xa que dende o principio se dependía desta outra obra que respalda a construcción das instalacións portuarias do Cabo da Cruz.

Segundo os datos rexistrados no concello de Boiro, cada sesenta minutos pasan unha media duns vinte camións procedentes da obra ferroviaria cara a obra portuaria. Consecuencia disto son as afirmacións do concello que indican que a obra vai ó ritmo previsto debido a que a construcción dos diques así o demostra. Nos plans da Xunta de Galicia, está previsto que a obra concluia a finais do 2010, pero entidades locais coma o Club Náutico de Boiro afirman que o seu espigón pode estar listo para febreiro ou marzo do ano que vén, e o espigón das embarcacións bateeiras e pesqueiras pode concluirse en datas do verán.


• Noticias relacionadas en: Notas de prensa, Novas, Obras e Proxectos
Out
30

Centro de formación hosteleira en Boiro

É moita a xente do Cabo da Cruz que ó concluir os seus estudos se decidiu pola rama da hostelería, da cociña, do servizo en restaurante é bar, etc. Por iso é de interese esta nova que lle pode ser de grande axuda para a nosa xente.

Futuro prato confeccionado no centro

Futuro prato confeccionado no centro

Co respaldo do fondo do plan anticrise que se montou o Estado español, o concello de Boiro bríndanos cunha nova construcción no polígono de Espiñeira onde se vai a construir un centro de formación hosteleira de ámbito comarcal onde se impartirán cursos oficiais de cociña, atención en bares e servizo de comedor entre outras actividades. O inmoble estará dotado de aulas para a impartición de clases teóricas e tamén dunhas seis cociñas onde se poderán facer as prácticas dos cursos. Estes cursos non serán ciclos coma os dos institutos, senón que serán cursos que poida ofertar a Administración ou tamén cursos promovidos por empresarios que desexen formar ó seu persoal.

O modelo a seguir é o do centro que xa leva tempo funcionando no municipio de Carballo onde se imparten cursos de soldadura, chapa e pintura, e carpintería de aluminio.

A encargada da construcción do centro será a empresa ribeirense Serinfra e a obra terá un custo duns 993.000 € . Xa que os gastos correrán co respaldo do plan anticrise, o proxecto deberá ter o remate o trinta e un de decembro. No interior do inmoble gastaranse 400.000 € dos cales 340.000 € sairán do caixón da Deputación de A Coruña e o resto deberá ser engadido das arcas municipais do concello de Boiro.

Os cursos impartidos terán a garantía de homologación da Administración, polo que o recinto deberá de cumprir coa normativa vixente.


• Noticias relacionadas en: Notas de prensa, Novas, Obras e Proxectos
Out
29

Resposta da oposición boirense á actuación no PXOM polo goberno local

A primeira reunión entre o goberno boirense, formado polo BNG e o PSOE, e a oposición, formada por ICB e PP, estivo marcada polas travas no entendemento entre ámbalas partes. A oposición mostra dúbidas acerca de que si o goberno será capaz de sacar adiante as propostas establecidas e arremete contra os mandatarios.

Juan José Dieste

Segundo o portavoz popular, Juan José Dieste, a reunión foi un paripé e unha tomadura de pelo por parte do goberno, argumentando que non se falou nada sobre o que realmente lles interesa ós cidadáns e que en ningún momento se falou de cómo se vai acometer a revisión do PXOM de acordo coa realidade do concello. Asi mesmo, Dieste responsabilizou ó alcalde Xosé Deira do suposto fracaso da reunión sinalando que esta revisión non terá fin e que será un gasto inútil do diñeiro público.

Manuel Velo

Dende ICB, o señor Manuel Velo tamén tivo os seus máis e os seus menos coa exposición do mandato en canto á revisión do plan. Velo pon en dúbida que este goberno sexa capaz de sacar adiante esta revisión, xa que segundo o portavoz de ICB, en dous anos o goberno local non fixo nada. Segundo o portavoz, a reunión non serviu de nada, e a oposición saiu dalí decepcionada.

Carlos Rodríguez Muñiz

Por outra banda, o presidente da ABE, Carlos Rodríguez Muñíz, tamén dou a súa opinión sobre a reunión dicindo que o goberno xerou grandes expectativas, pero que ó final non se entrou en materia. Muñiz indicou que a revisión non pode sair adiante sen a participación dos axentes sociais do municipio e dixo que un plan destas características ten que ser asumido coa participación de todos, mostrando así a súa participación e colaboración no proxecto.


• Noticias relacionadas en: Notas de prensa, Novas, Obras e Proxectos
Out
28

Dende o concello de Boiro preténdese aumentar a edificabilidade nas parroquias

goberno boiro

Foto: El Correo Gallego

No concello vaise realizar unha revisión a fondo do PXOM (Plan Xeral de Ordenación Municipal), e neste acometido está previsto aumentar así a edificabilidade nas parroquias e nos núcleos urbanos ligados ó concello. Isto o que vai producir é un desenvolvemento urbanístico sostible e por un igual que fomente o crecemento uniforme do terrotorio boirense.

O edil de urbanismo, Xoán León, está barallando as posibilidades existentes tratando primeiro de delimitar así os núcleos rurais e ver así a edificabilidade que se lles pode dar e tamén como articular esta característica en función dos parámetros sociais. Sinala o edil que a zona rural do concello de Boiro está che a de dinamismo e isto provoca que a demanda de vivenda nestas zonas sexa algo primario para as novas e non tan novas familias. Afirma que cada un quer facer a súa casa na súa leira, pero isto ten que ser dun xeito riguroso segundo as pautas de edificabilidade establecidas.

Outro punto a revisar é a creación de novos viales de acceso. O principal obxetivo do concello é librar a Boiro do intenso tráfico que ten, e así vascular dalgún xeito a aglomeración de coches que por exemplo no verán se dá cita no municipio. Tratan tamén de enlazar a vila do Cabo da Cruz coa nova autovía sen ter que pasar polo centro de Boiro. Isto sería unha moi boa opción para que nas tardes de verán non se fagan atascos á entrada dos semáforos do municipio cando a xente vén da praia.

Dende o concello sinalan que as reunións hanse manter con tódolos grupos incluídos a oposición, xa que este é un proxecto de todos.


• Noticias relacionadas en: Notas de prensa, Novas, Obras e Proxectos
Out
25

O BNG súmase ás esixencias dos crucenses frente a Portos

guillerme_vazquez

Onte á mañá o portavoz nacional do Bloque Nacionalista Galego, Guillerme Vázquez, deixouse caer polo Cabo da Cruz para votarlle un ollo á obra que Portos de Galicia nos está a facer. O mal tempo impediu que se seguise o tema a pé de obra para ver de preto así as faltas e melloras do proxecto, pero o alcalde Xosé Deira encargouse de por ó tanto a Guillerme Vázquez.

A reunión fíxose cos bateeiros crucenses e tamén co arroupamento nacionalista da comarca, entre os que figuraban Rosana Pérez e Manel Casal pola Pobra do Caramiñal, Adelina Ces e Xoán Vicenzo e como non o grupo local boirense.

Deira aclarou que a obra se iniciou despois de moito tempo de retraso, e que os señores de Portos modificaron o proxecto ó seu antoxo sen consultalo con ninguén. De ahí xurdiron varias reunións coa Administración para levar dita obra da que saíron contentos pola elevación dos orzamentos presupostarios, pero que agora para o 2010 tan só hai 500.000 € dos dous millóns de euros que debería de haber.

novo_muelle

Guillerme afirmou que ía por o proxecto en mans da fiscalía, e que tralos discursos políticos íase xuntar cos bateeiros presentes onde había representantes de varias agrupacións. Os traballadores mostraron a crise que está a atravesar o sector, sobre todo, coa chegada do producto importado de fóra.


• Noticias relacionadas en: Notas de prensa, Novas, Obras e Proxectos
Out
20

Para qué son as obras da «Calle Ancha»?

Calle Ancha

Foto: La Voz de Galicia

Como algúns puidéchedes observar estes días, na Avenida da Constitución, máis coñecida como a «Calle Ancha», estánse levando a cabo unhas obras na mediana que divide o sentido de circulación. A obra trata, polo de agora, de poñer cemento onde antes había céspede, ou o que quedaba del.

Pois ben, esta obra é para acondicionar os contedores do lixo, que antes estaban nos aparcamentos dos coches dando unha mala imaxe de Boiro, e tamén entorpecendo un pouco o tráfico non rodado. Esta construcción será de pedra e aceiro inoxidable para o adecentamento de ditos contedores, para que así todo sexa máis cómodo para todos.

A obra está custeada por unha subvención da Xunta de Galicia onde se concentra a actividade comercial da localidade. Por valor duns 65.000 € farase o traballo que apoiará a Urbacomer, que representa ó pequeno comercio das localidades galegas, e onde o concello de Boiro se puxo mans á obra para estes acometidos.

A finais do mes de novembro dará remate esta obra que conta con seis operarios que serán os encargados de elevar a mediana a un nivel para o pouso dos contedores do lixo. Ademais destas elevacións, a subvención tamén se empregará para a mellora das zonas de xardín do concello. Outra finalidade destes cartos é tamén a de pintar os pasos de peóns cunha pasta antideslizante.


• Noticias relacionadas en: Notas de prensa, Novas, Obras e Proxectos
Out
17

Adicaránse nove millóns de euros para a limpeza dos portos

muelle vello

Entre o 2010 e o 2012, a Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, ten previsto investir ó pé de nove millóns de euros na limpeza dos portos galegos. Dende a Xunta afirman que isto é parte do cumprido compromiso co medio ambiente que este goberno vai ter no seu mandato.

A provincia da Coruña recivirá ó pé duns 3,8 millóns do orzamento total para realizar ditas tarefas.

As melloras desta intervención veránse reflectidas no incremento de persoal de limpeza, incremento dos materiais e tamén na mellora das recollidas de residuos que son xenerados pola actividade marítima.

Dende a Xunta tamén destacan a desratización xeral de instalacións e edificios, así coma alcantarillas, arquetas de rexistro e todo tipo de edificacións incluindo os Puntos de Inspección Fronteiriza (PIF).

Tamén constará da limpeza de todo tipo de lixo que se atope nas augas dos muelles así como artes de pesca abandonadas, etc. A recollida vaise facer en contedores debidamente sinalizados e adaptados ós distintos tipos de residuos do mar. E para rematar tamén se van a facer baldeos e barridos con maquinaria especializada, e tamén con auga doce.


• Noticias relacionadas en: Notas de prensa, Novas, Obras e Proxectos
Set
22

Acordo entre o Cabo da Cruz e Portos de Galicia

portosdegalicia

Finalmente podemos ver case a fin deste tira e afrouxa entre as entidades locais do Cabo da Cruz e mais os técnicos de Portos pola nova obra do muelle. Primeiramente, Portos comprometeuse a establecer un diálogo bidireccional coa nosa vila para acordar o desenvolvemento desta obra, e tamén para tratar os problemas poidan xurdir a partir de agora. Agardamos que o ente público cumpra de bo xeito cos prazos e orzamentos das melloras e das dotacións de servizos nos arredores do muelle.

O trato foi tamén que a lonxitude do espigón do sur se manteña como estaba previsto, para dar así o abrigo dos ventos de baixo, aínda que quede desprotexido o muelle dos ventos nórdicos pola modificación xa feita no espigón de dentro. Isto vai afectar ó abrigo dos barcos bateeiros que amarren en dita zona, polo que é un dos riscos a corren por esta modificación.

A solución a este problema co abrigo das embarcacións bateeiras é a colocación dun dique flotante, que aínda que non maine de todo a maraxe e o vento coma un dique feito de pedra, pois é mellor ca non ter nada. Este foi un acordo unánime establecido por ámbalas dúas partes, e que se pensa que pode ser a mellor solución para resolver o problema.

Mañá no concello de Boiro serán explicadas todas estas modificacións e as novas directrices da obra ós colectivos e entidades crucenses, onde se agarda a comparecencia de Álvarez Campana, presidente de Portos, para que poida haber un compromiso firme frente a esta exposición de novas solucións. Este compromiso, segundo os crucenses, debe estar abalado por un papel firmado onde se recolla tamén que non se van a recortar os orzamentos da obra, e todos eses cartos que sexan invertidos no Cabo da Cruz.


• Noticias relacionadas en: Notas de prensa, Novas, Obras e Proxectos