
Trala reunión deste pasado sábado, onde se ían explicar entre outras cousas como estaba o tema da reordenación do tráfico no núcleo urbán do Cabo da Cruz, parece que se chega a un fin próximo segundo relatan dende o concello de Boiro. O presidente da Unión, Benigno Sánchez cifra duns quince días o prazo que ten o concello para comezar unhas obras que xa levan catro anos no arquivo do concello. Onte, o primeiro tenente alcalde, Ares, sinalou que os traballos comezarán de contado, aínda que non se atreveu a dar prazos concretos.
Como xa se explicou anteriormente, a actuación conleva a algo moi sinxelo como é colocar uns sinais novos para que en zonas estreitas como son Bandaorrío ou a Pesqueira se poida circular sen ter a pescuda de atopar un vehículo de frente. Porén o sentido do tráfico, a partires de que se execute a obra, será nun único sentido. Agárdase que o retraso considerable destas obras remate canto antes, xa que a obra é mínima e pode facerse en cuestión dun par de días como moito.
Tamén se calcula que este novo mini-proxecto de obra afecte a un total duns cinco centos veciños do Cabo da Cruz, polo que o beneficio da obra para a nosa vila será considerable para o noso desenvolvemento. Agardamos comprensión nestes primeiros días de adaptación á sinalización, xa que este cambio pode desorientarnos un pouco debido ó costume de saír ou entrar sempre polo mesmo lado.
• Noticias relacionadas en: Notas de prensa, Novas, Obras e Proxectos






E isto sigue con máis masa para facela parede. Dos doce badéns plantexados nun principio de obra, agora o concello de Boiro reduce a tan só catro pasos elevados á altura da acera, e os outros oito irán case ó ras do chan como está o que hai nos semáforos da entrada de Boiro, en frente á farmacia. O alcalde Xosé Deira insta a que isto xa vai estar de contado solucionado chegando así á recta final da discordia.



