
Foto de Dani Gestoso para a Voz de Galicia
Os veciños do Cabo da Cruz contrarios á instalación dos pasos elevados seguen cos preparativos para a manifestación do vindeiro sábado en contra dos badéns. A pesares das actuacións propostas polo colectivo veciñal, tamén existen argumentos baseados na normativa vixente que indican que estes pasos non se axustan ó tipo de vía no que se instalaron.
Sinalan que a velocidade máxima da carretera é de 50 km/h, pero salvo en dous badéns, no resto as condicións obrigan a reducir a velocidade ata 30 km/h ou menos. Daquí que os vehículos pesados que transitan pola estrada, vense obrigados a parar totalmente para saltar dito obstáculo. Porén, os veciños afectados afirman que se trata dunha estrada pertencente á Diputación da Coruña cun tráfico elevdo e non dunha zona residencial.
Dende o goberno do concello de Boiro insistiron que xa se baixou o número de badéns establecidos no proxecto orixinal, así como se viron reducidas as alturas dos mesmos para que os vehículos non teñan que deterse totalmente para poder pasar. Pola contra o colectivo veciñal advirte que o problema está nas rampas de acceso ós pasos e non na súa altura.
Salvo os dous badéns máis pequenos (o dos semáforos e o da rotonda de Barraña), os demais contan cunhas rampas dun metro de lonxitude. Segundo os afectados, namentres que a normativa do Ministerio de Fomento establece que esa lonxitude é para viales de 30 km/h. Namentres que os viais nos que se pode circular a 50 km/h, as rampas dos pasos elevados deben ter unha lonxitude de 2,5 metros.
Os manifestantes sinalan como punto final que o goberno local non só incumpre a normativa, senón que tamén falla na súa palabra, pois recalcan que fixeron un esforzo para amañar as cousas pola vía do diálogo, pero isto foi imposible, co cal hai que botarse á rúa.
• Noticias relacionadas en: Notas de prensa, Novas, Obras e Proxectos



Bueno como vemos, o tema dos badéns é bastante delicado entre a xente do Cabo da Cruz e vémolo con diversas opinións entre a comunidade de usuarios e visitantes de CaboDeCruz.Net. Alégranos que a xente deixe a súa opinión e que lles guste a web como nos dixeron algúns visitantes. Porén, para a miña sorpresa, esta semana os minibadéns que había antes, os que eran de plástico duro (ben sexa goma, caucho, etc.) pois xa non estaban nas nosas carreteras.





