
Hoxe comezamos a sección foto denuncia cunha imaxe dunha praia crucense. Neste caso é a Ribeira Grande:
Como se pode apreciar na imaxe, a cantidade de lixo que hai na praia é alarmante. Que magoa, que un retrato tan fermoso se vexa enlixiado por estas cousas. Creo que o noso concello pode e debe tomar cartas no asunto. A praia non se limpa só no verán debe facerse periodicamentre.
e vós, ¿que opinades? ¿creedes que as praias se limpan como é debido?
• Noticias relacionadas en:
Foto Denuncia,
Novas

Benvidos á nova sección de FotoDenuncia da web. Isto é unha novidade para este sitio, xa que agora teredes cada un de vós a posibilidade de quixarvos ante calquera inxustiza. Estas queixas agárdase que nun futuro sexan remitidas ó concello para que a partir desta web o pobo de Cabo teña voz e voto.
Será moi doado establecer unha queixa, e para iso vou poñer unhas pautas a realizar:
1. Redactar nun pequeno texto a inxustiza da que queredes facer constancia dando datos concretos e obxetivos sobre a denuncia.
2. Adxuntar unha foto que mostre a veracidade do que queredes mostrar (unha imaxe vale máis ca mil palabras).
3. Con todo isto mandádesme un e-mail a anklaxter@hotmail.com onde recibirei a queixa, e logo paso a colgala na web. No asunto do correo electrónico poñede: QueixaCabo, xa que se cadra pode ser que desvote algún correo por descoñecemento do remitente.
Dicir tamén que isto debe facerse sen faltar ó respecto a ninguén, e con absoluta obxetividade. As cousas ben feitas son as que perduran no tempo, e lembrade: con educación e respecto chégase á fin do mundo.
Ánimo!! A escribir…
• Noticias relacionadas en:
Foto Denuncia