Sigue nuestro Feed RSS   CabodeCruz en Facebook   CabodeCruz en Twitter  
Dec
09

O goberno de Murcia aparta a historia da cidade a un lado para darlle cabida a un aparcamento.

obras Murcia

Perplexas eran hoxe as novas da televisión cando nos informaban sobre un dos últimos artigos de CaboDeCruz.Net onde comentabamos a aparición dun barrio árabe dos séculos XII e XIII cando querían construir un parking. Pois ben, a conclusión desta nova é que o goberno da cidade co alcalde Miguel Ángel Cámara no seu cumio, ten a intención de retirar os restos arqueolóxicos para así dar paso á súa obra.

Esta xente antepón toneladas de cemento a séculos de historia da súa terra. Incrible. É coma se agora de repente empezamos a retirar a catedral de Santiago para facer alí un centro comercial, ou se eliminamos os Castros do Achadizo para facer un asador de churrasco. De verdade é que un non deixa de sorprenderse con decisións tan e tan absurdas desde calquera punto de vista. Co valor que ten a nosa historia, a historia dunha terra que é unha fonte inesgotable de riqueza e patrimonio tirada ó lixo.

resposta cidadáns

A reacción dos cidadáns de Murcia é instantánea e perplexa cando ven que ducias de opararios na mañá de hoxe comezan a levantar ladrillo por ladrillo para tentar retirar unha totalidade 5.000 metros cadrados de barriada árabe e de historia da súa cidade.


• Noticias relacionadas en: Curiosidades, Foto Denuncia, Notas de prensa, Novas
Dec
03

Roubaron participacións de lotería no Club de Xubilados do Cabo da Cruz

lotería

Son numerosos os establecementos do Cabo da Cruz os que levaron lotería do Club de Xubilados, a parte da xente particular que puxo a súa esperanza no número dos nosos maiores. Maiores que agora se encargan de recoller todas esas participacións de Nadal da entidade para trocalas por outras.

Segundo nos comentaba o presidente do Club, Manuel Dominguez foi quen xestionaba a cafetería do Club quen levou consigo grande parte das participacións e tamén algúns cartos dos recaudados. Despois de denunciar os feitos ante a Garda Civil, dispuxéronse a retirar tódolos boletos que se venderon anteriormente para poder cambialos por outros, e para que logo non haxa problemas ó final.

Asi que xa sabedes, todo aquel que teña algunha lotería do Club de Xubilados, que se pase pola entidade para poder así trocalo seu boleto e a ver si estas novas papeletas teñen máis sorte cás anteriores e nos traen a sorte a unha vila ansiosa de prosperidade e novos retos como é o Cabo da Cruz.


• Noticias relacionadas en: Foto Denuncia, Notas de prensa, Novas
Nov
26

Día contra a violencia machista

O día de onte estivo adicado á repulsa pola violencia machista que lamentablemente deixa moitísimas víctimas aínda hoxe en pleno S.XXI. Na cidade da Coruña podíanse ver a algunhas persoas, entre elas nenos que dicían algo moi claro e conciso. Debaixo ides ver o que nos querían dicir.

Isto non só conleva ó estado español, senón que en moitos lugares do mundo, a situación da muller e dos nenos son moi lamentables: violacións, marxinación social, lapidacións, ablación do clítoris, traballos forzados, etc. Todo isto conleva a pensar en qué se está a converter o ser humano, a onde queremos chegar con todo isto?

O máis impactante é que quen dirixe nacións, países, colectivos sociais e conxuntos de xente, a meirande parte destes dirixentes fan oídos xordos de cara a estas escalofriantes noticias.

Dende CaboDeCruz.Net e dende o pobo do Cabo da Cruz queremos botar un berro para que todo isto pare xa!!

Por un mundo máis xusto con cabida para todos e onde os dereitos do ser humano estean por encima dos cartos do poder e de todo o que enturbia a vista de quen pode facer algo. Por iso pensamos que entre todos, a un nivel individual podemos facer que aínda que sexa pouco a pouco isto cambie.

Estaremos orgullosos se este artigo serve para mudar algunha mente, para salvar algunha labazada, para salvar o maltrato, para salvar algunha vida.

Grazas e actuemos XA!


• Noticias relacionadas en: Foto Denuncia, Notas de prensa, Novas
Nov
13

Multa a unha taxista por levar falda

Mónica Cabello é o nome dunha taxista malagueña que foi multada por levar falda no seu taxi. Xa acumula dúas sancións polo mesmo axente por mor da súa vestimenta inaxeitada segundo o artigo «41 bis da Ordenanza Municipal del Taxi«. Para isto temos un video que reflexa esta nova:

O apartado da ordenanza sobre a imaxe no traballo indica que «se debe prestar el servicio aseado y correctamente vestidos y calzados», levando unha «prenda superior con mangas, cortas o largas, y como prenda inferior pantalón largo o falda». A taxista afirma que esta ordenanza leva un caracter discriminatorio en contra da muller.

A finais de mes esta muller terá que voltar ó traballo pensando moito a súa vestimenta á hora de levar á xente no taxi.

Este problema cádranos un pouco lonxe, pero como seguimos vendo en pleno S.XXI hai cousas que son propias da Idade Media.

Non cres que se debería facer algo ó respecto de todo isto? Tes algunha anécdota parecida que nos queres comentar? Non o dubides, ante situacións coma estas nunca se debe calar. Fáinolo saber.


• Noticias relacionadas en: Foto Denuncia, Notas de prensa, Novas, Videos
Out
21

Os ladróns actúan continuamente no Cabo da Cruz

Bar saqueado

Foto: La Voz de Galicia

Dende xa fai uns días a nosa vila está sufrindo unha vaga de roubos continuados e mesmo falamos de varios roubos na mesma noite. Os establecementos preferidos dos ladróns son os bares da zona, xa que logo tamén se fala de roubos en salas de peiteado, tendas de consumo agrícola e mesmo casas particulares.

Na noite de onte tocoulle o novo turno a un bar no que entraron pola forza tirando unha enorme pedra contra a cristalera para así poder entrar e levar a caixa rexistradora. Os donos que viven na planta de enrriba do bar tan só puideron chamar ás forzas da orde para tentar dar cos cacos. Dita caixa foi atopada na mañá seguinte totalmente baldeira.

Na vila, xa non se fala doutra cousa, pois un roubo illado pode ata pasar desapercibido, pero aquí estamos falando dunha vaga de roubos continuados en moi pouco tempo. A inseguridade dos crucenses faise notar nas conversas, pois quen sabe a quen lle pode tocar na próxima vez.

A Garda Civil confirma que están reforzando a seguridade no concello, especialmente no nucleo do Cabo da Cruz, pois témese que os ladróns poidan voltar actuar en establecementos, comercios e mesmo nas casas.


• Noticias relacionadas en: Foto Denuncia, Notas de prensa, Novas
Out
17

Novas queixas das velocidades dos camións do porto

Paso Peonil

Foto: La Voz de Galicia

Despois das queixas mostradas pola Unión ó concello de Boiro pola elevada velocidade que toman os camións das obras do porto, parecía que todo voltaba á normalidade e se facía segura a estrada que nos une co concello. Pero todo isto pasou a ser algo temporal, cando de novo os veciños mostran o seu descontento coa actuación destes vehículos de grande tonelaxe.

Rafael Fernández, un veciño de Boiro levou un susto de morte ó ver como puido ser atropelado el mais os seus fillos cando se dispoñían a cruzar por un paso peonil. As queixas deste home fixéronse oir, xa que a situación require que isto remate dunha vez.

Isto pasou onte ó pé das cinco e media da tarde cando este veciño se dispoñía a coller ós seus cativos na parado do autobús que os trae da escola. Rafael, cando comezou a cruzar, pensou que a distancia que o separaba do camión era prudente, pero cando se dou conta xa tiña o camión prácticamente enrriba, e por pouco ocorre unha desgraza.

Isto xa foi o extremo que levou a este veciño a informar ás autoridades e mesmo case a por unha denuncia que non foi consumada porque non lle deu tempo a coller a matrícula do vehículo. Dende as autoridades afirman que intensificarán a vixilancia neste tramo para evitar cousas coma esta.


• Noticias relacionadas en: Foto Denuncia, Notas de prensa, Novas
Out
11

O goberno fai oidos xordos ós nosos enfermos

ambulancia

Unha vez máis quero ser a voz desta veciña do Cabo da Cruz, Mary Hermo, que segue tendo as mesmas contestacións absurdas por parte da consellería de sanidade deste goberno. Eu nada mais me limito a poñervos o que ela quer dicir e non ten como facer que a escoiten. Por iso aquí, Mary e todo o mundo que se queira expresar de forma educada, sen faltar é respecto como fai esta nosa veciña, pode facelo sen problema. Xa sabedes que se tendes algo que contarnos, algo que facer público ou que simplemente queirades que se sepa, contactade connosco que vos axudaremos no posible. En vez de ir ó Diario de Patricia, podedes poñelo tamén aquí, sen gastar tanto… Aquí as verbas de Mary Hermo:

»  Non hai abusos por parte dos enfermos, quen da o visto bo é a DIRECCIÓN PROVINCIAL DO SERGAS DE A CORUÑA neste caso, a min deronme o visto bo para ir mañan a miña cita no Hospital Clínico de Santiago e a empresa concesionaria EGARA non me vai trasladar dado que dende o SERGAS NON LLE DERON NINGÚN TIPO DE DIRECTRIZ DE A QUEN TEN QUE LEVAR E A QUEN TEN QUE DEIXAR NA CASA, ASÍ QUE A EMPRESA VAISE LIMITAR A ESOS 130 ENFERMOS QUE SERÁN OS PRIMEIROS DUNHA LISTA DE MÁIS DE 200 ACEPTADOS QUE LLES ENVIOU A DIRECCIÓN PROVINCIAL DO SERGAS.
Coma o meu caso hai outros, un veciño de Abanqueiro que ten amputadas as dúas pernas e ten unha gran obesidade tamén ten que ir mañan a Santiago e vai ter que quedar na casa.
Espero que a CONSELLEIRA NON VOLVA DICIR QUE SE PRODUCEN ABUSOS, POR QUE OS ABUSOS ESTÁ A FACELOS ELA CON TODO ESTO QUE ESTÁ A FACER.
Ante todo darte as gracias polo interese que estás a mostrar por este tema de vital importancia para todas as persoas que coma min se están a quedar na casa apesares de que teñen o visto bo da Dirección Provincial do Sergas para o seu traslado en ambulancia.
A empresa comunicoume que non ían poder trasladarme dado que estiveran esperando ata a última hora para ver se dende o Sergas lle daban algunha maneira para non ser a empresa a que tivera que decidir a quen trasladaba ou a quen non, pero dende o Sergas o mutismo é total e semella que os enfermos somos persoas de terceira e non temos dereito a nada, e como se nos quixesen quitar do medio para non ter que pagarnos as miseras pensións que nin nos chegan para poder comer.
Esta mesma tarde chamoume JOSE ANGEL YAÑEZ HERMO que é de Abanqueiro e que ten amputación das dúas pernas, problemas respiratorios e obesidade morbida, este home atopase na mesma situación que min, que vai quedar na casa sen poder acudir a súa consulta que ten para mañan ás 13:15 horas no HCU de Santiago.
Dende aquí quero que sigas dandolle publicidade ao tema xunto co meu número de telefono para que se poñan en contacto comigo e poder reunirnos todos os afectados e plantarlle cara a esta situación provocada pola Consellería de Sanidade e a falla de previsión do aumento importante de enfermos que precisan deste tipo de transporte. E que como sempre nos pagamos o pato.
Quero recoller o número máximo de firmas para solicitar a comparecencia da Conselleira de Sanidade ante o Parlamento e ao mesmo tempo solicito que me pida desculpas públicamente polos daños tanto na miña saúde se teño que perder as miñas citas médicas, como polos gastos ocasionados e os daños morais que son máis dos que calquera se pode imaginar, dado que me vexo envolta nunha situación que semella rocambolesca pero que por desgraza é real, e como min hai moita máis xente que está a sufrir o mesmo.
Hoxe mesmo xa despediron a dous traballadores da empresa, un deles coñezo persoalmente i é bo traballador e cumplidor e sempre con bo trato cara os enfermos que trasladaba.
Nos tempos de crise este governo decide solucionalo como todos, pagando o pato sempre os mesmos, nós os enfermos que corremos risco de exclusión social, que non cobramos como cobraría un alto cargo da Xunta, que dependemos de terceiras persoas para que nos axuden a levar unha vida o máis normalizada posible, pero por riba quitannos algo tan básico como é a saúde, unha saúde xa precaria e que depende de tratamentos en moitos casos invasivos, empobrecendonos en todos os aspectos e facendo que nos volvamos tolos para buscar algún medio para acudir as nosas citas sanitarias das que depende a nosa saúde, semella que nos están prohibindo ir ó médico, e como se nos quitasen o médico pois senón temos en que ir e igual que quitarnolo. «

Como podedes ver, as ideas son claras e concisas, e non só Mary Hermo é a que se queixa disto, senón que hai xente que se anima a facelo, e outra moita que non o fai porque non o sabe, ou porque non lle importa. Dende aquí quixera pedirlle á redacción do xornal Certo, que sei que nos len de cando en vez que tome nota destas testemuñas para facer disto algo que non pode seguir así. Pídolle a toda aquela persoa que teña a posibilidade de darlle auxe a este tema tan importante que o faga, porque lembrade, que no día de mañá podemos ser nós os que esteamos nunha cadeira de rodas e precisemos destes servizos inexistentes.

Agardo a colaboración total da xente!


• Noticias relacionadas en: Foto Denuncia, Notas de prensa, Novas
Out
08

O Sergas chama por terceira vez a unha persoa morta

SERGAS

Parece unha coña, ou unha broma con cámara oculta, pero é real. Hoxe pola mañá, cando lin o xornal vin a implacable noticia. Resulta que un home de Tomiño que tiña apnea do sono (que te quedas dormido en calquera intre), e que tiña dificultades respiratorias por mor da enfermidade, foi chamado para unha proba diagnóstica por terceira vez.

O conto ocorreu o un de marzo deste ano, cando este home foi a urxencias onde lle dixeron que o chamarían, e lamentablemente en dez días perdeu a súa vida.

Logo, despois de dalo de baixa na seguridade social e nas administracións pertinentes, o 27 de maio é chamado polo Sergas para facer a proba cando se reabre a ferida na familia que amablemente lle comunican da súa morte.

No 2 de xullo o tema volve á mesma cando soa o teléfono preguntando por este home para facer a dichosa proba, e ahí é cando a familia xa se mosquea con esta xente e lle explica as cousas sen calma algunha, como sería normal na situación.

Finalmente o día 2 de setembro a mesma chamada volta producirse na casa deste home que debe estar farto aló onde se atope desta indecencia do Sergas.

A familia está farta de todo isto e pide que se deixe de molestar en algo que é máis ca caótico nunha administración dirixida… ¿por quen?, xa que isto a pesar de lamentable é doloroso para quen tén que aturar este tipo de incoherencias.

Por parte do Sergas din que se adoptaron as medidas oportunas para non voltar chamar a esta casa, e que tratarán de coordinar ó persoal para facer unha xestión como é debido.

Lembrar como datos que: en Galicia ó pé de 140.000 galegos están á espera dunha proba diagnóstica e Galicia xunto con Canarias son as dúas comunidades autónomas con peor listaxe de espera.

Isto é unha mostra máis da incompetencia que temos en materia de sanidade, e que todo segue igual estea quen estea ó cargo na Xunta, ou na directiva desta entidade. Vimos non fai moito a testemuña dunha veciña do Cabo da Cruz que se laiaba da dependencia dun servizo que ata agora había, e que por motivos non se sabe moito cales, isto carece dunha base que nos arroupe a tódolos cidadáns nunha materia tan importante como á a sanidade.


• Noticias relacionadas en: Curiosidades, Foto Denuncia, Notas de prensa, Novas
Set
08

A autovía do Barbanza

Autovia do Barbanza

Que gran polémica trouxo esta obra… A verdade é que, aínda que non nos afecte coma o muelle, as obras non son o noso. Quixera aquí abrir un tema de debate desta obra tamén importante para a nosa comarca. Agora queren trocar a velocidade por a unanimidade dos 120 km/h, xa que na meirande parte do trazado, esta velocidade é axeitada para que os vehículos non corran perigo.

Pero isto xa vén de atrás. E para isto hai que falar un pouco de política. Comezou o PP coa Vía Rápida… Hai rumores de que esa obra inicial, ía ser xa unha autovía (coma a que temos agora, pero ben feita), pero quedou nunha simple vía para automóbiles. Esta etapa foi moi dura, sobretodo para a xente que morreu, e para os que perderon a algún amigo ou familiar, no que se lle chegou a chamar: «A Ratonera», «A Vía da Morte», etc.

_O0D7198

Pero chegou un home chamado Emilio, da man dun amigo chamado Anxo. Ambolos dous, puxéronse ó timón deste navío chamado Xunta de Galicia, e pensaron… Isto non pode ser, temos que cambiar o que fixo o PP, xa que a pesares de estar mal feito, é un perigo constante para os conductores. Ata ahí todo moi ben. Un grande proxecto poñíanos a todos en xaque nos seus comicios. As obras avanzaban a unha velocidade de vértigo, ata que apareceu o primeiro sinal de 100 km/h. E ahí a polémica.

Pero non só foi o tema da velocidade, senón que mesmo se montaron asociacións e plataformas en contra desta obra que metía máis auga ca un cesto de corres. O pavimento deixa moito que desear, a meirande parte das curvas quedaron sen eliminar, o drenaxe é un poema, e todo isto non pode ser que estea acontecendo no S.XXI cando a tecnoloxía traballa por nós.

DSC_3765

Eu tan só lles pediría unha cousa a estes mandatarios que encargaron a obra. Pediríalles que na prensa, en primeira páxina, puxesen ó responsable desta obra, para ter constancia de que este personaxe (porque non pode ter outro nome) quede suprimido de calquera traballo referente á Enxeñería de Camiños, obras, ou todo o relacionado. Quixera tamén que este responsable, fose co seu proxecto desta nova autovía e llo dera a calquera alumno dunha enxeñería para que o presentase como proxecto de fin de carreira, e avaliar así a nota desta chapuza.

Con todas estas verbas non quero mostrar ningún carácter político de ningún tipo. Tan só vos quero facer ver que isto que está acontecendo é porque hoxe (ou onte) en día, a Xunta de Galicia está gobernada por unha pandilla de incompetentes. Agardo o día no que esteamos gobernados por xente honrada, que traballe por e para o pobo.

E vós aínda pensades que todo está ben? Aínda pensades que esta xente pode estar onde está, cobrar o que cobra, e durmir tranquilos? Se tés algunha opinión exprésaa aquí para que se faga constancia de que o Cabo da Cruz ten voz e voto, xa que non imos permitir que nos mangoneen nin no muelle, nin na autovía, nin en ningunha outra cousa.


• Noticias relacionadas en: Foto Denuncia, Novas, Obras e Proxectos
Ago
08

Sexamos limpos, ¡Cabo é de todos!

Este artigo é de colleita propia, xa que me parece de especial atención por parte dos crucenses. Levo xa algún que outro día atopando preto dos contenedores do lixo cousas como lavadoras, mesiñas de noite, sofás, etc.

sofa_contedor

Bueno, teño que dicir que xa é un progreso que non se boten no monte, alí preto do campo de fútbol, na charca de Carragueiros, e en outros lugares que enturbian a nosa imaxe e perxudican seriamente ó medio ambiente.

Dóuseme hoxe por redactar este artigo, porque mentras que ía no coche, pasei polo lado dun contedor do lixo, indo cara Boiro, e vin pousada no chan unha televisión. E vostedes dirán, se teño un electrodoméstico, un moble vello, ou calquera cousa que me quero desfacer dela, ¿Qué fago?

Pois teñen vostedes que chamar a Protección Civil, se é unha cousa que non poden vostedes transportala, ou ben ir ó polígono industrial de Boiro onde se nos facilita dende xa fai tempo un Punto Limpo onde deixar todos eses trebellos que perxudican a imaxe da nosa vila.

Para os que non saibades como contactar con Protección Civil, ahí vos vai unha referencia:

Protección Civil de Boiro

Praia Xardín, s/n. 15930 Edificio «As Colonias»
610558383
Fax: 981847646
proteccioncivil@boiro.org

Con todo isto xa non tendes excusa como para botar ese lixo dentro ou ó lado dos contedores, senón que tendes un servizo que estades pagando, e que sería unha magnífica idea que fixesedes uso del.

Sen máis, agardo que esta información sexa de utilidade para todos, e nos esforcemos por ter a vila limpa, e de bo ver.

Un saúdo!


• Noticias relacionadas en: Foto Denuncia, Novas