Sigue nuestro Feed RSS   CabodeCruz en Facebook   CabodeCruz en Twitter  
Mar
29

¿Quén é o Papa?

Benedicto_XVI__Papa

Alarmante a noticia que saíu na prensa esta semana onde se afirmaba que o Papa actual estivo vencellado a diversos casos de pedrastia. As novas sobre este tema son moi variadas e cuantiosas. Como navegante da rede puiden comprobar unha cousa que está ó alcance de todos. Sabemos que cando escribimos algo en Google, o seu sistema trata de autocompletar a nosa búsqueda, por exemplo podemos escribir «descargar», e vemos como se abre un desplegable con diversas opcións. Pois ben, agora probade coa palabra «pedrastia» e poderedes comprobar que o xigante da informática tenta completar esta palabra con «pedrastia en la iglesia«. Triste e lamentable, pero certo.

Sigue leyendo… »


• Noticias relacionadas en: Foto Denuncia, Novas
Mar
02

Rosa Díez insulta ó pobo galego

Aínda que algo tarde, non quixemos deixar esta ocasión de pedirvos a vosa opinión:

Moitos de vós xa vistes esta nova e tamén seguro que opinástes sobre o tema de Rosa Díez que nun medio de comunicación dáselle por insultar a tódolos galegos e galegas. Como reacción xurdiron xa varios grupos de usuarios de Facebook en contestación a esta muller. Este artigo é para mostrarvos ós do Cabo da Cruz cómo se nos trata en diversas ocasións. Indo un pouco cara atrás na historia, un home que estivo en plena Guerra Civil española, contoume que estando el na illa de Mallorca un home quedou sorprendido porque un galego sabía ler e escribir. Fai case cen anos vale, pero agora, é triste que haxa este tipo de declaracións e máis nun medio de comunicación. Aquí agardo as vosas opinións ó respeto.


• Noticias relacionadas en: Foto Denuncia, Novas
Feb
28

Mamá! Eu quero ser diputado.

Parlamento

Señoras e señores, quén non quer ser diputado co que está pasando hoxe en día neste sector? Fai uns días saltaban tódalas alarmas pola chea de dietas e cartos de máis que cobran os diputados do noso Parlamento galego (entre outros). Pero isto ten algo de especial e hai unha diferencia avismal entre ser diputado ou non selo. E para iso aquí hoxe tan só imos reflexar unha delas: os cobros por desprazamento ó traballo.

Sabe alguén canto cobra un diputado por ir ó seu traballo? a cifra de 0.26 € (segundo La Opinión da Coruña) ou 0.27 € (segundo La Voz de Galicia) por cada quilómetro percorrido. E saben as trampas que hai en todo isto? Aquí as imos a expoñer.

Para comezar, qué traballador cobra o desprazamento por ir traballar? Pois non creo que sexan moitos, xa que un diputado, ben vaia en coche propio, en taxi ou en transporte público cobra sempre por ir traballar.

Agora veñen as trampas dalgúns dos nosos dirixentes:

1. Se eu vivo preto de ti, lévoche no coche e pedimos a indemnización por separado a pesares de que tan só levamos un coche.

2. Aínda que eu non teña carnet de coche pido os cartos alegando que vou no meu propio coche.

3. Se eu para chegar mellor ó traballo vivo en Santiago de Compostela e son do Cabo da Cruz, pois digo que vou tódolos días dende o Cabo da Cruz a traballar ó parlamento. (0.27 x 50 km (aproximadamente) = 13.50 € cada día aparte peaxe da AP-9).

E así unha morea de trampas que os listos de turno que nos representan fan para roubarlle ó pobo o máixmo de si. Aclarar tamén que non tódolos diputados son iguais e dicir que hai xente digna que realmente vai no seu coche a traballar ou ben no autobús. Non por isto imos  a meter a todos no mesmo saco.

Agora parece que a señora Pilar Rojo, presidenta do noso Parlamento galego quer tomar cartas no asunto para facer o máis transparente posible este asunto das dietas. Porén, segundo o diario La Opinión da Coruña, cada parlamentario galego cústalle ás arcas públicas a cifra de 286.920 €. Nada mal para ter todo gratis, pero señores, non se alarmen, pois din que somos dos máis baratos, porque un parlamentario catalán custa unha media duns 571.900 €.

Xa vedes, con estas cifras calquera non se mete á política. Pero agora queremos facer un contraste. Ante a actual crise do Estado español, o goberno propón unha serie de medidas como poden ser a de traballar ata os 67 anos. Cousa que isto é agora, pero os que teñades por exemplo uns vinte anos preparádevos para traballar ata morrer. Entón, a ningún intelectual do Parlamento se lle ocorreu rebaixar ou anular estas dietas? A ningún se lle ocorreu baixar o seu soldo?

Pois non señoras e señores, aquí pagamos os de sempre, os de abaixo. Mentras os de arriba teñan cartos e os de abaixo pensemos que estamos un mundo de ben, aquí todos contentos e bailando. Pero ollade unha cousa: en España hai uns 4.000.000 de persoas en paro, logo cando ese paro se acabe (segundo a cotización de cada traballador), e se acabe o pouco que queda, de qué van a vivir esas persoas? Qué lle darán de comer ós seus fillos? Si, queda o que todos estades pensando: roubar.

Isto lamentablemente é así. Cada cal que reflexione sobre este artigo porque nel hai moitas cousas que nos farían pensar á hora de escoller a quen nos goberne. Sen máis, tan só vou dicir unha cousa: Mamá, eu quero ser diputado!


• Noticias relacionadas en: Curiosidades, Foto Denuncia, Notas de prensa, Novas
Feb
24

O pavillón de Valiño segue sen tellado

Fai xa máis dun mes do acontecido naquela noite de temporal onde os nosos mariñeiros se botaron ó muelle para resgardar as súas embarcacións do temporal. Un temporal que bateu en todo o Cabo da Cruz, especialmente no pavillón de deportes de Valiño arrancándolle o tellado na súa totalidade. Con todo isto, tódolos usuarios deste pavillón entre os que se encontran os nosos cativos do colexio de Santa María do Castro, quedaron sen ese servizo.

PavillónDesfeito

Imaxe da Voz de Galicia (Dani Gestoso)

A desfeita en dito local supera os 20 millóns das antigas pesetas (120.000 €), xa que á parte do tellado tamén viñeron abaixo unhas vigas do teito que daban soporte e agarre á estructura en sí. Dito isto, o concello de Boiro ve inadmisible que eses cartos saian do peto do concello e piden axuda á Administración. Namentres, a Administración di que o amaño do pavillón é unha competencia do concello de Boiro. E mentras dura este rifi-rafe, a xente do Cabo da Cruz segue tal e como estaba antes, sen un lugar cuberto onde facer deporte.

Pero a pregunta é: Se isto mesmo lle pasase ó pavillón de Barraña ou ó pavillón da Cachada, aínda estaría sen amañar?

Con todo isto, os nosos cativos seguen sen ter unha clase de Educación Física digna do S.XXI e sen poder disfrutar dos famosos campionatos, por mor do mal tempo que se deixa caer polo Cabo da Cruz esta tempada. Dende o centro afirman que hai días que os cativos non poden facer deporte e que fican nas aulas recibindo docencia relacionada coa materia, pero seguen sen poder facer o que sempre se fixo: deporte.

Porén, dende a dirección do centro educativo, piden que se amañe este asunto entre Administración e Concello, e que canto antes os nenos crucenses poidan disfrutar das súas propias instalacións que levan case mes e medio sen amañar.


• Noticias relacionadas en: Foto Denuncia, Notas de prensa, Novas
Feb
18

Ollo coas garantías de compra

¿Tes un producto en garantía e non cho cambian se está mal? ¿Hai un vendedor que se escaquea das súas responsabilidades? Entón este é o teu artigo!

Vou redactar este artigo coma algo útil para todos vós que de seguro que fai pouco mercáchedes unha televisión, un mp3, unha videoconsola, etc. Calquera producto vale para que o vendedor se lave as mans co consumidor ante o desamparo deste último en moitas ocasións. Para elo, unha experiencia persoal:

Certo día merquei un televisor que aínda hoxe está en garantía, e tiven un erro que moitos seguro que cometedes. O erro é que o aparato falle nos primeiros seis meses dende a súa compra, e que o vendedor me diga: «Pois hai que amañalo, léveo ó servizo técnico». Pois non señor, non é así, xa que se un producto nos seis primeiros meses dende a súa compra, dá algún tipo de fallo, debe ser sustituído polo vendedor obrigatoriamente sen ningún tipo de problema atribuíndo á devolución un defecto de fábricación.

Eu, tiven a desgraza de non saber isto daquela e leveino a amañar ó servizo técnico. Pasou todo, veu ben amañado da súa reparación ata case un ano despois que volta a fallar o televisor. Daquela, volvo ó serivzo técnico e dígolles o que me pasa. Alí queda ata que me chaman dicindo que xa está reparado e que podo pasar a recollelo en canto queira. Para a miña sorpresa, o aparello non foi amañado correctamente, pois volvía fallar. Volta ó serizo técnico e volta a comezar. Logo de levarllo dinme que o aparello está ben e funciona correctamente.

Entón agora é cando decido ir ó vendedor, explicarlle o problema de que xa o levei tres veces a arreglar e que quixera que me cambiasen o producto, pois pasada a garantía o vendedor lávase as mans con todo. Pero para a miña sorpresa, un home da superficie comercial onde o merquei, moi traxeado el e nun castelán implacable dime que por lei non está permitida a sustitución, que o que me queda é a reparación (outra vez do mesmo). Ante tal situación, un di: «Carallo, este debe de ter ata estudios! Déixame calar», pois non señores, este home é un burro e un incompetente no seu traballo, pois como podedes ler aquí, non ten razón ningunha, porque segundo a Ley General para la Defensa de los Consumidores y Usuarios quítalle todo tipo de razón ó vendedor.

Pero como a lei está ó alcance de todos, e as distintas oficinas de atención ó consumidor tamén, pois decidin corroborar a información do vendedor. Para elo engado a webgrafía:

Páxina da oficina do consumidor da cidade da Coruña. (No concello de Boiro tendes unha oficina).

Organización de Consumidores y Usuarios.

Unión de Consumidores de Galicia.

Entón, estas tres entidades danme a razón, e para que vexades, vou engadir o mail de contestación da UCGAL en base ó meu problema:

Demostrada a existencia dunha falta de conformidade do televisor, como foi neste caso e intentada a reparación sen que ésta teña éxito xa se pode optar pola substitución do equipo ou no seu caso incluso a resolución dos cartos (se non houbese outro igual ou non se chegase a un acordo de cambio por outro similar ou superior). É máis, non é preciso que a segunda falta de conformidade (fallo) sexa o mesmo que a vez primeira.
É convinte ter en conta cando se produciu a primeira avaría, xa que si aconteceu nos primeiros seis meses desde a compra (ver o xustificante de entrega para reparación en relación coa factura ou tique de compra) a Lei presume que o problema é de orixe e non tería vostede que demostrar nada máis sobre a natureza do problema.
Ante a negativa de  EmpresaX deberá vostede pedir unha folla de reclamación que deberá tramitar ante a Administración de Consumo da Xunta de Galicia (Monelos, 2º Andar) xunto co xustificante de compra e os xustificantes de entrega para reparación.

Posteriormente fun á oficina do consumidor da Coruña a poñer unha queixa na que debin adxuntar a garantía de compra, aínda en vigor e as facturas das reparacións. E outra cousa, aínda que o televisor estea en garantía, o servizo técnico debe por lei de entregar factura de reparación ó consumidor, e cada reparación irá nunha factura individual, cousa que este servizo técnico non fixo, e logo de pedirllelas facturas doume conta de que nunha soa factura meten dúas reparacións.

NOTA: Enténdese por reparación a acción de acudir ó servizo técnico aínda que non lle fagan nada ó producto en cuestión.

Entón, logo de por a queixa, eu voume a quedar sen poder disfrutar da miña televisión, sen os cartos que me custou, e sen que ninguén me pague os desprazamentos feitos por mor das reparacións. Porén, outra información máis que cabe destacar:

Si o producto non vale máis de 900 €, o que se pode facer de maneira totalmente gratuíta é establecer unha demanda nun xuzgado cun avogado asignado para o consumidor e levar así o caso ante os tribunais. Isto serve para unha cousa, para que nos indemnicen por danos e perxuízos que sería o estar sen televisor todo este tempo (mentras se tramita a queixa) e tamén o desprazamento que tiven que facer eu do meu peto para andar acarrexando co producto.

Pois como podedes ver, unha vez máis, a vida está chea de trampas, de xente que non ten nin idea do que está a falar, de incompetencia nos traballos e de moito máis. E segundo uns datos, poño no voso coñecemento de que existe unha tenda de electrodomésticos en Boiro que baixa os prezos por peche. Xa houbo quen mercou unha televisión defectuosa e tivo problemas, e pensade tamén: Se unha empresa pecha, ¿quén responde polo producto no prazo da súa garantía? Ollo ó piollo!

E ti, sexas de Boiro, da Coruña, do Cabo da Cruz, ou de Coristanco, se tes algunha anécdota similar podes contárnola sen problema, e podes contactar con nós para poñela aquí. Si che dá vergoña, estamos dispostos a preservala túa identidade.

Sen máis, agardo que este artigo vos abrise os ollos a todos e quixera ser eu o que o lese e non o que o escribise.



• Noticias relacionadas en: Curiosidades, Foto Denuncia, Novas
Feb
07

Sacyr abandona ó concello de Boiro na «desfeita» da nova autovía

Ó comezo desta obra todos viamos nela algo cheo de melloras e de prosperidade para o Barbanza e tamén para o Cabo da Cruz, pero cando as cousas van rematando, dámonos conta de que nos venderon unha cortina de fume tras da cal se agocha un proxecto con moitas deficiencias, pero sen quitarlle tampouco as súas cousas boas.

Fai xa máis dun ano que a nova autovía está en funcionamento, e tamén xa fai máis dun ano que os concellos do Barbanza, especialmente o concello de Boiro, levan queixándose desta obra que nos deixou algúns estragos ó seu paso polo noso concello. Pese a que xa fai máis dun ano do asunto, o concello ten aínda moi presente todo o traballo pendente, responsabilidade directa da empresa Sacyr (a que fixo a autovía).

Na zona de Lampón, moita xente que baixa a Boiro ten que facer longos desprazamentos ata chegar ás súas casas, xa que moitos accesos están totalmente impracticables polas obras. Outra cuestión pendente tamén de Sacyr é adecentar a carretera que une Vilariño con Boiro, xa que isto quedou sen aceras completamente e é frecuente ver á xente que se quer acercar a Boiro, pola beira da estrada sen nada que os ampare.

Outro tema tamén delicado é o dos accesos ó polígono industrial de Espiñeira. Obxeto moi criticado polos numerosos empresarios que teñen alí o seu recinto, xa que o estado do pavimento en ditos accesos é de pena polo paso dos camións, e dende aquela nada se fixo para mellorar as obras.

É lamentable que unha empresa coma Sacyr non se responsabilice destas cousas, xa que o que non se pode permitir nun estado democrático é que estas empresas campen ás súas anchas por enrriba e por debaixo das leis que amparan ós máis pequenos.

Pero nin que dicir ten a presentación dunha obra que ía ser unha revolución industrial e que ficou nun proxecto escaso e carente de melloras para a nosa bisbarra. Lembramos tamén ós veciños da Pobra do Caramiñal como se queixaban da nula canalización das augas que lles desbordaban as leiras. Lembramos tamén todos a rotonda do barco de Ribeira á saída da autovía como había protestas de cara a Sacyr pola súa falta de responsabilidade, e coma esto lembramos outras moitas cousas máis.

Autovía anegada

Tamén cabe dicir que nos deixaron unha autovía cun asfalto totalmente anegado en tempos de choivas, tamén nos deixaron unha autovía da que non se modificou axeitadamente o trazado con respecto á anterior vía rápida, xa que hai tramos con curvas igualmente de perigosas ca antes, por non dicir que tan só sacaron seis curvas en 25 km. Tamén nos deixaron unha autovía a 100 km/h, cando nun proxecto novo que se supón que ían optimizar gastando unha porrada de cartos se deberían de facer as cousas o mellor posible… En fin, que esta empresa con este proxecto era mellor que llo deixara a outros máis competentes na materia, e a outros dos que os nosos concellos non tivesen que andar agora detrás para amañar o que eles mesmos desfixeron.


• Noticias relacionadas en: Foto Denuncia, Novas, Obras e Proxectos
Feb
01

¿Os países atenderon eficientemente a Haiti?

Miseria en Haiti

Fai unhas semanas todos quedamos atónitos frente ás nosas pantallas vendo o que lle aconteceu ós pobres hatianos e haitianas que non se sabe o motivo foron desvastados cunha violencia impresionante polas forzas da natureza. Pois nestes casos o que se fai é inminente por parte dos países desenvolvidos, por parte de ONG’s, e por parte de todo o mundo, pero como todos ben sabedes ahí quen pica o bacallau son os EE.UU. de América.

En vez de facer que toda a axuda chegase á poboación, viamos nas novas cousas como: a axuda non chega, a axuda chega con contagotas, hai dificultades para axudar á poboación, etc. Ahí, nese momento é cando un se pregunta, onde estará a axuda que eu mandei para esa xente? Cómo se estará a xestionar todo iso?

Estas preguntas foron moi frecuentes entre a poboación dos distintos países e tamén no Cabo da Cruz, xente que mandou o seu donativo, cada un o que pode, e que nos cubría un manto de incertidume co que non podiamos ver con claridade o acontecido. Parece mentira que cando todo o mundo decide axudar nun tema fundamental, que non haxa coordinación e que pasen cousas coma: nenos vagando polas rúas, nenos en mans de mafias para: extirparlle órganos, prostitución, traballos forzados, etc; tamén podiamos ver como os saqueadores con catro pedras facían o agosto nas rúas, como a xente morría de fame, etc…

Isto é unha auténtica vergoña de mundo no que vivimos, que cheguen barcos armados ata os dentes, que cheguen marines, militares, e todo tipo de armas de guerra, ¿para que? Para espantar a catro que queren roubar que non teñen nin un coitelo, e para atender á xente que lle fai falla? Vergonzoso. A comunidade internacional debería claramente de reflexionar sobre este tema, onde todo o mundo se volcou con Haiti e onde eles non souberon actuar frente ó lugar que ocupan.

Nesta web escríbense este tipo de novas para que todo o mundo saiba como se cocen as cousas nestas situacións, e pensade como sería a situación se isto pasase no Cabo da Cruz, por exemplo. Agardo que todos colaborede no que poidades, na meirande parte das vosas posibilidades, pois hai xente que mentras eu me tomo un café redactando esta nova, pois non teñen que levarse á boca, e están morrendo á fame.

E vós qué opinades sobre este tema? Ti, qué pensas? que a túa axuda se xestionou claramente? Cóntanos o que pensas.


• Noticias relacionadas en: Foto Denuncia, Novas
Xan
17

O Cabo da Cruz queda sen luz

tronada

Como xa é frecuente, cando hai un temporal, un vento ou algo semellante na nosa climatoloxía, os cortes de luz están á orde do día. Son varias horas as que tarda Unión Fenosa (agora unida con Gas Natural) en reparar estes desperfectos que nos causan graves perdas de tempo e cartos. Mesmo nos bares e lugares onde teña que funcionar unha nevera ou conxelador, fan que se perdan moitas cousas.

É moi triste que durante toda a miña vida que non é curta, que pasen estas cousas ano tras ano e empresas potentes como son as enerxéticas (concretamente Fenosa que é a que nos proporciona a luz á meirande parte dos crucenses) deixen no aire cousas coma estas sen tomar ningún tipo de medidas ó respeto.

Seguen coa mesma teima de agardar a que haxa avarías e deixar así sen luz ós seus clientes, ós que lles dan de comer. Este é o trato que nos está dando este tipo de empresas. Que nos matemos se non temos luz, que xa virán a amañalo en canto poidan, como co temporal sempre están ocupados, pois aguantámonos.

factura estimada

Seguimos coas mesmas liñas de electricidade dende fai máis de vinte ou trinta anos. Non cambian absolutamente nada, non se preocupan de mellorar as súas conexións e os tendidos eléctricos que cada ano por estas datas sufren os mesmos desperfectos e amaños. E lamentablemente sábennos dicir moi ben canto é a subida do importe da luz cada ano que pasa.

Estamos quedos, sen facer nada mentras estas multinacionais que campan ás súas anchas facendo literalmente o que lles dá a gana, sen preocuparse de mellorar o seu servizo de cara a nós e saltando por encima do que se propoñan.

Dende o Cabo da Cruz e especialmente dende CaboDeCruz.Net queremos facer un chamamento a quen sexa o responsable ou teña algo que ver nisto, que se nos escoite, que nos amañen e nos renoven os tendidos eléctricos e que se adianten ós temporales. Que non teñamos que ser os de sempre os que pedimos que se nos dea o servizo de luz que pagamos. Que teñan un pouco máis de vergoña á hora de inflar os prezos da enerxía, porque señoras e señores, os galegos, somos productores de enerxía eléctrica que se exporta e moitos lugares do Estado.

aeroxeradores

Como podedes ver, os nosos montes están ateigados de muíños de vento que nos dán toda esa enerxía, e lamentablemente a enerxía cóbrasenos a prezo de ouro. En Arabia Saudí, un litro de leite é bastante máis caro ca un litro de gasolina, pois isto é normal pensando que eles son uns dos donos do petróleo do mundo, e nós por qué imos ser menos?

Agardo que este artigo vos sirva para reflexionar sobre este tipo de cousas que como nunca se falan, pasan desapercividas pero están ahí, e os que pagamos somos os de sempre. Agardo que este tipo de empresas trate como se merece á xente do Cabo da Cruz e ós seus clientes dos que moitos están descontentos coas súas actuacións.


• Noticias relacionadas en: Foto Denuncia, Notas de prensa, Novas
Dec
31

Grave acusación da TVG

Fedellando polas entrañas da rede por algo que sabía que existía, finalmente dei co presunto tesouro enterrado pola nosa canle da TVG. Unha foto que delata bastante a hipocresía coa que un dos presentadores dun programa da mañá atentou contra a manifestación do 18 de outubro en favor da lingua galega. Como asistente a dita manifestación vou expoñer un pouco o que se vivía dende alí.

Praza da Quintana a reventar polas multitudes que acudiron ó encontro. Eu estaba situado nun lateral cando de súpeto escóitanse uns berros por parte dos manifestantes que estaban máis preto do palco coa insignia: «televisión! manipulación!«. Perplexos quedamos todos ante tal feito, pero todo isto tiña a súa corrente de razón.

Tempo despois, e sen saber nada do que pasara, nin polo que foran esas aclamacións á TVG, vin na televisión nun programa da mañá algo que me podería cadrar segundo o visto alí. Dicía o presentador que non entendía a reacción da xente cando quixeron conectar en directo coa praza da Quintana ante os gritos das multitudes. Eu ó principio tampouco o entendía, pero finalmente caín da burra cando vin a seguinte foto que vos vai a explicar un pouco as cousas:

Cámara TVG_foto

Corte de manga ó galego

Como podedes observar, este cámara fai un excelente corte de manga ós persoeiros que estaban no palco da manifestación, dahí as reaccións da xente con esas palabras das que o noso presentador falaba. Posteriormente non se escoitou nada sobre este tema nin sobre este amigo noso que nos saúda tan cordialmente.

Visto isto podemos ver como os medios de comunicación móstrannos o que eles queren que nós vexamos e saibamos, pero non se dan conta de que no medio de tanta xente, sempre pode haber alguén que che saque esta foto e che meta no caldeiro dos maleducados. É lamentable ver como ante toda a xente que estaba alí hai xente con tan pouco uso de razón que fai estas cousas. Un non sabe chegar a un sitio, sen imparcial, facer o seu traballo, e logo si quer cos amigos comentar o que queira. Non, sempre temos que poñer a guinda ó pastel para que despois pasen cousas deste tipo.

Agardo que a dirección da TVG teña en conta estas cousas e tome as medidas oportunas en canto a estas cousas que rematan por saberse para que o que todos temos coma unha canle seria non se convirta nun esperpento deste calibre.

Agradecer tamén a Carlos Callón a cesión desta foto que agora fai que estas cousas encaixen, pois moita xente tratábanos de maleducados cando vía a noticia e non vía o que realmente estaba pasando. Lembramoslles ós medios que recapaciten, que comproben as noticias e que se midan no que din, e si se trabucan, que o digan tamén. Pois rectificar é de sabios.


• Noticias relacionadas en: Foto Denuncia, Novas
Dec
09

¿Por qué non é eficaz o preservativo en África?

A Igrexa Católica non deixa de sorprendernos, e a manipulación de ditos medios de comunicación tampouco. Vemos o claro exemplo da canle televisiva Intereconomía. Recordamos que a información que dan neste lugar tampouco é moi fiable, pois non fai moito o programa da Sexta, El Intermedio, deixou en evidencia ós de Intereconomía por dar unha nova con información falsa que lle mandaron nun correo electrónico. Podédela ver clickando aquí.

E esta é outra das flamantes noticias, neste caso sobre o uso do preservativo en África, xa que o seu uso reduciría o virus da Sida considerablemente entre a poboación africana. Pero como non podía ser doutro xeito vánnolo explicar os mesmos reporteiros da canle para que vexades o que é facer periodismo. Dentro vídeo:

Como xa puidéchedes ver, en África o uso do preservativo é inaxeitado porque non se conserva en perfecto estado, os africanos teñen as unllas grandes, os africanos non saben ler, clima inaxeitado para a súa conservación, etc… Unha lista de burradas que deixan ó continente africano á altura do betún. Como claro, é moi costoso que se lle enseñe a ler, que se lle corten as unllas e que non teñan un lugar para conservar os condóns, pois todo iso amáñase coa Igrexa Católica.

E vós que opinades? Este video davos gaña de rir ou de chorar? Pensades que tendes que ter unha carreira para poder comprender o prospecto do preservativo? Tendes que facer a manicura antes de facer o amor? En África o uso do preservativo favorece ás infeccións por Sida?


• Noticias relacionadas en: Curiosidades, Foto Denuncia, Novas, Videos