Sigue nuestro Feed RSS   CabodeCruz en Facebook   CabodeCruz en Twitter  
Nov
10

Augas residuais no río Breiro en Barraña

Foto de Simón Balvís

Foto de Simón Balvís

Como se pode observar na imaxe, estas augas presentan unha cor branca moi distinta á do caudal que debería de ofrecer este río ó seu paso por Barraña. Unha vez máis, os veciños deron a voz de alarma voltando así a poñer en mans do concello esta desagradable situación. Dende a entidade local sinalan que se trata de casos illados, pero segundo as queixas veciñais indican que estes vertidos xa se levan producindo con frecuencia.

As alarmas saltaron onte ó mediodía cando nunha pasarela ó pé do polideportivo municipal, se podía contemplar esta imaxe, e porque no retrato non se presenta, pero tamén se desprendía un desagradable cheiro. Os veciños tamén indican que case con toda probabilidade esta porquería procede da rede de saneamento.

Pero a voz do concello chegou da man de Ares que indicou que se podería relacionar co saturamento do bombeo da rede de alcantarillado debido ás fortes choivas que caeron na comarca estes días. Relacionou tamén as obras no alcantarillado de Barraña e mesmo afirmou que cando a obra estea lista «este tipo de situacións non se volverán producir».

Asimesmo tamén explicou que o proxecto que se está a executar en Barraña e que obrigou a levantar parte do paseo marítimo para retranquealas canalizacións do alcantarillado e retirara varias tubaxes da praia, será ampliado de modo que tamén se actúe na zona afectada polo río Breiro. Non estaba previsto actuar nesta zona, pero debido á cantidade de tuberías que hai neste punto, vaise a modificar o trazado das canalizacións para evitar novos vertidos.

Como o saneamento do concello de Boiro non é separativo ó 100% na súa extensión, é o que provoca que cando chove con intensidade, os pozos de bombeo acaben por botar por fóra e isto explica a razón pola que os veciños afirmaban que o de onte non foi un caso illado. Tamén preto do antigo muelle de Chouza se teñen producido algún tipo de verteduras ó mar coa consecuente queixa dos mariscadores ó respecto.

Dende o colectivo veciñal, agardan que canto antes se lle dea unha rápida solución a este tipo de problemas, pois é algo negativo para Boiro ver un vertido nun río, e que por enriba desprende cheiro. A parte disto, as autoridades locais, sabedoras do asunto, non dubidan en zanxalo problema canto antes e da maneira máis efectiva para que casos coma este non se volvan a repetir.


• Noticias relacionadas en: Foto Denuncia, Notas de prensa, Novas, Obras e Proxectos
Set
18

A imaxe do porto de Cabo de Cruz

Dende fai xa tempo, leva trantándose nesta web e no entorno da vila de Cabo de Cruz o tema do novo muelle que se está a construir, así como tamén o muelle náutico e outras obras que se van a acometer no peirao da nosa vila. Pero basta con botar unha ollada atrás para ver o que temos agora. Vouvos mostrar unha imaxe que a día de oxe se cadra pódese ver tamén. Aquí a tendes:

MoreasDeLixo

Isto é o que se pode ver actualmente no muelle: un punto de recollida de aceites usados que ten absolutamente todo tipo de lixo. E a culpa de quén é? Pois non imos a tratar de buscar a ningún culpable, pero sabemos que os señores de Portos de Galicia teñen algo que ver con esta recollida de ¿aceites? Tamén cabe destacar a responsabilidade da xente do mar que bota todo este lixo nun sitio onde non se debe. E logo queremos un novo porto. E eu pregúntome, para qué? Para xerar máis lixo e dar unha imaxe noxenta da nosa vila?

E que ninguén ve o que está pasando coas nosas infraestructuras? Penso que é momento de sentarse e reflexionar a ver o que se quere e o que realmente fai falla. Logo tamén hai que mirar polo mantemento das  instalacións, xa que como vedes aquí é obsoleto.

Xa metidos máis ó muelle vello, temos tamén algunha que outra imaxe que non me gustaría sacar nunca, pero é a crúa realidade de Cabo de Cruz:

EmbarcacionsAbandonadas

Aquí temos unha embarcación totalmente abandonada, pero a pregunta é directa: De quén é esta gamela? O seu dono non sabe que está emporcando o muelle? Non habería que tomar algún tipo de medida con este propietario? Non habería que sacala dahí canto antes?

E iso sen contar o líquido ese de cor branca que se parece que sae de debaixo da chalupa. Isto que é, un iogur derretido? Non parece, xa que como estades a ver é unha situación de auténtico noxo que temos neste muelle de Cabo de Cruz. E agora agardamos que tomen medidas, que busquen responsabilidades e que se apliquen as normas e leis que corresponden a cada caso.

É hora de facer acto de conciencia e preguntarnos qué estamos facendo coas instalacións portuarias, qué imaxe estamos dando e qué imaxe queremos dar, xa que o que acontece a día de hoxe fai que dende fóra nos vexan coma uns descoidados en canto ó noso peirao. Reflexionen.


• Noticias relacionadas en: Foto Denuncia, Novas
Xuñ
21

Outra vez a xente de Cabo de Cruz vai quedar sen médico no verán

medico

Despois dunha morea de queixas postas na entidade do Sergas, os veciños de Cabo de Cruz seguimos na mesma este novo verán. Trátase de que nos quedamos sen doutor no seu merecido mes de vacacións e o Servizo Galego de Saúde fai oídos xordos ante as queixas dos cidadáns. Pero Manuel Dominguez, o presidente do Club de Xubilados de Cabo de Cruz fai un retrato case perfecto da situación ante tal indignación: «Están discriminando a Cabo de Cruz, queren acabar cos poucos servizos que temos aquí», indica o presidente.

Namentres que da cadras das súas palabras, indícanos na placa da Casa do Mar que o edificio pertence ó Estado español, concretamente ó Ministerio de Traballo. Isto é porque xa son moitas as cousas que molestan no seo da terceira idade crucense como afirma este home: «Mira, deste sitio acaban de botar á asociación A Unión, que non lle facía mal a ninguén, e como a xente non se mova Cabo de Cruz acabará quedando sen servizos para sempre, iso hase de ver. ¿Non se dá conta a xente de que aquí non queren deixar nada, que queren que morra este edificio?».

De súpeto, comeza coa busca de culpables sobor de todo no asunto do médico, aínda que tamén critica que o novo Centro Social non estea situado na Casa do Mar, xa que como Dominguez di, se as instalacións estivesen coidadas outro galo cantaría. «Eu véxoo moi claro, o Concello non se preocupou por nada, quixo facer o centro social noutro lado e pouco a pouco aquí, onda o peirao, onde está a vida de Cabo, quedamos sen nada. ¿Por que noutros sitios poñen substitutos para os médicos e aquí non? Eu creo que é porque o Concello non insiste o suficiente».

Logo, as queixas son para a desfeita do Sergas na nosa vila: «Hai persoas maiores que non teñen quen as leve a Boiro; aos que mandan iso non lle importa, pero é así» e remata dicindo que: «Hai que protestar, a xente da Unión xa o fixo e aos xubilados tampouco nos gusta que nos quiten o médico así como así».


• Noticias relacionadas en: Foto Denuncia, Notas de prensa, Novas
Xuñ
05

Accións que emporcan as beirarrúas de Cabo de Cruz

En artigos anteriores vimos como accións de varios veciños de Cabo de Cruz perxudicaban a outros e son accións que cun pouco de coidado se poden evitar. Para isto, tamén temos un pequeno video dun incumprimento da normativa, xa que isto recólleo a lei e mesmo o ensinan cando se quita  a teoría do carnet de coche. Imos ver o video:

Como podedes ver neste pequeno video, o veciño limpa o seu motor despois de vir do mar. Isto provoca que se deixe na rúa todo o lixo, graxa e salitre que poida traer este motor do mar. Aparte de todo isto podemos escoitar o ruído que causa nunha vía pública (que isto sería o menor dos males, pero todo hai que telo en conta). Como todos deberíades saber, non está permitido lavar nada na rúa pública, e cando digo nada refírome a coches, motores e outras cousas que poidan enlixar algo público, non da nosa casa. Se alguén quer lavar o coche debe facelo na súa propiedade e sen botar a auga ó camiño. E isto non o digo eu porque sí, senón que se recolle nunhas normas e leis.

Con estas mostras agardamos que todo veciño e veciña tome nota disto e se conciencie de que o que non quer para si mesmo, que non llo faga ós demais. Para máis agora que temos unhas rúas empedradas que moito costou conseguir e que lle dan un toque decente e bonito á nosa vila, e non o imos estragar con estas pequenas cousas que se poden amañar civilizadamente.


• Noticias relacionadas en: Foto Denuncia, Novas, Videos
Xuñ
04

Varios veciños de Cabo de Cruz denuncian estorbos en accesos a vías públicas

Son xa algunhas queixas que nos chegan ás nosas dependencias denunciando casos de coches, remolques e outros elementos que impiden que calquera poida acceder a unha vía pública. Porén, a día de hoxe decidimos poñer aquí este artigo para que a xente de Cabo de Cruz se conciencie de que non todo é noso. Da porta para fóra da nosa casa nin pinchamos nin cortamos. Dahí que lle pedimos amablemente a todo aquel que teña algo que lle estorbe a alguén que faga o posible para evitar isto. Non lle fagades a alguén o que non queredes para vós mesmos.

Para documentar un pouco máis este artigo imos a mostrar algunha que outra foto de claros estorbos en accesos a rúas públicas, neste caso en beirarrúas:

CocheEstorbo

Como vedes, isto é á saída do paseo que se fixo na Ribeira Grande, que vai dar ó muelle. Si vos fixades ben, este coche está mal aparcado porque interrumpe claramente o acceso da xente ó paseo e tamén porque se hai alguén en cadeira de rodas ten que meterse pola parte esquerda da imaxe por unha zona de area onde unha cadeira é fácil que quede enterrada. Por iso, pedímoslle encarecidamente ó dono/a deste vehículo que o retire canto antes, ou vai haber veciños que mesmo cheguen a denuncialo/a ou chamar á Policía para unha consecuente multa. Dende CaboDeCruz.Net agardamos comprensión nestes casos e temas.

EmbarcacionEstorbo

Tamén queremos informarlle ó dono desta embarcación que este non é o mellor sitio para deixar un remolque cunha planeadora, xa que como vedes está impedindo o acceso á porta da casa (non sabemos si a casa é do propio dono ou non) e tamén fai que si vén un coche pola rúa, os viandantes se teñan que deter por culpa de que non teñen o seu acceso libre. Por isto tamén lle pedimos ó dono deste remolque que o non siga colocando aquí, xa que está estorbando coa súa acción.

Todas estas peticións facémolas dende a meirande educación e respecto posible de cara a tódolos veciños e veciñas. E agardamos que si alguén lles di que algo que non está no seu, estorba, que o quiten antes de ter que chamar á Policía ou mesmo poñer unha denuncia. Agardamos comprensión por parte de todos.


• Noticias relacionadas en: Foto Denuncia, Novas
Mai
25

Os mariñeiros e veciños de Cabo de Cruz reclaman contedores para o lixo

Contedores

Como podedes observar na foto, os mariñeiros de Cabo de Cruz teñen as suxeccións dos contedores do lixo, pero o que realmente fai falla son os contedores. Supoñemos que se lles debeu pasar ós señores de Portos de Galicia, que no peirao tamén se acumula lixo, e para que éste non vaia parar ó mar, pois haberá que acondicionar as infraestructuras axeitadamente.

Porén, baixo a petición de varios veciños e mariñeiros da vila, queremos empregar este medio de comunicación para pedir uns recipientes para o lixo. Son outras tantas cousas que fan falla para o desenvolvemento da actividade portuaria, e de seguro que iremos recollendo as suxerencias da xente ata que teñamos todo o necesario para ter un muelle limpo e coidado.

Tamén queremos indicarlle ós mariñeiros que coiden ó máximo o mar, que non tiren o lixo por pouco que sexa, xa que se eles non coidan o seu medio de vida, non van vir os de fóra a facelo. Temos que concienciar a toda a xente que a nosa principal fonte de ingresos é o mar: as bateas, o marisco, etc., e sen el non chegariamos ata onde hoxe estamos.

Co cal, señores da asociación de veciños A Unión, señores do Concello de Boiro, señores de Portos de Galicia, ou quen queira que sexa o responsable, aquí fai falla un contedor do lixo e agardamos que en breve sexa instalado.


• Noticias relacionadas en: Foto Denuncia, Novas
Mai
23

Gas Natural Fenosa insulta gravemente a un cliente

Dadas as situacións ás que nos leva esta empresa, quero poñervos un video que ó principio pódevos dar un pouco de risa. Dígoo porque a xente que o viu, primeiramente tivo esa impresión, pero pensade que sodes vós ós que lle pasa o que ides ver a continuación:

Como vedes, veciños e veciñas de Cabo de Cruz, estamos ante unha burla, un escándalo, unha mofa da empresa Gas Natural Fenosa a un cliente seu. Con este trato, a onde pretende chegar esta empresa? Realmente, a xente merécemonos isto? Señores gobernantes, actúen xa!


• Noticias relacionadas en: Foto Denuncia, Novas, Videos
Mai
14

Denuncia que recibiu unha factura de ata 700 euros da súa compañía eléctrica

Pois como a cousa non podía quedar así, no día de hoxe estiven nunha conexión en directo coa TVG onde tratei tamén de explicar o meu problema con Gas Natural Fenosa.

entrevista

Como o tema xa o sabedes desde este medio de comunicación, do xornal Certo e da Voz de Galicia, o que me quedaba por mostrarvos era o video da conexión coa TVG:


E para que vexades que con valentía e paciencia, calquera de Cabo de Cruz e de onde sexas, debes sempre enfrentarte a este tipo de empresas que abusan de todos nós. Como é o dito, a unión fai a forza e… Ate a victoria sempre!


• Noticias relacionadas en: Foto Denuncia, Novas, Videos
Mai
12

Un joven de Cabo de Cruz dice que Fenosa lleva meses enviándole facturas infladas

Juan

Hoxe sae unha nova da prensa dunha persoa de Cabo de Cruz, neste caso, eu, administrador de CaboDeCruz.Net. Para non andar duplicando a información pola magnitude da noticia, que sería rizar o rizo, cóntovos de qué vai e logo poderedes ver a nova nun enlace.

Pois o tema é que sen xeito nin dereito, comezan a chegarme facturas da empresa Fenosa Gas Natural totalmente abultadas, debidas a unha mala lectura do contador. Pero a pinga que colmou o vaso foi un dos últimos recibos que cifraba a barbaridade de 712 euros. Penso que para pagar iso de luz hai que estar moito tempo nunha vivenda, e cos aparellos eléctricos ó máximo.

Entón eu decidinme a contactar coa empresa, poñer queixas no Ministerio de Industria e facer todo o que estaba nas miñas mans para resolver o seu erro. Pero o detalle era: mandámosche unha factura inflada, se non a pagas, cortámosche a luz. E así seguido, unha tras doutra. Cando chamaba a un número 900 (atención ó cliente de Fenosa Gas Natural), cada empregado dicíame unha cousa distinta, sen darme unha resposta ó problema.

A día de hoxe, vai facer casi un ano disto, e sigo sen solución. Teño nas miñas mans tódolos ases, ou facturas, como ben queirades, pero non teño os meus cartos, os que no seu día esta empresa me roubou e nos está roubando a todos.

Para máis información póñovos un enlace á nova de hoxe que sae no xornal La Voz de Galicia. Pinchade aquí.

E tamén se queredes unha boa opinión do mesmo tema, hai un xornal da bisbarra do Barbanza, que é o Xornal Certo no que podedes ver un artigo escrito por min sobre estes abusos das grandes empresas ós seus clientes. Aquí o tendes.

Pois si, amigos e amigas, en Cabo de Cruz non temos máis ca mirar cara a Iroite, cara a Curota e ver os seus macromuíños de vento que os abastecen de millóns e millóns, namentres nós, aquí abaixo, indefensos ante estas estafas de ladróns e incompetentes. Non quededes parados, actuade, manifestádevos ante estas cousas e poñede a caldo a un grupo de xente que se aproveita de xente coma nós.

E ti, qué opinas ó respecto?


• Noticias relacionadas en: Foto Denuncia, Notas de prensa, Novas
Abr
11

Derribos no litoral: para todos igual?

Xa é frecuente escoitar no telexornal de calquera canle da nova TDT as novas relacionadas con derribos de casas supostamente ilegais e que os concellos así por así tiran sen ofrecer nada a cambio. Este é o caso de El Cabanyal, un barrio de Valencia que vai ser derribado para facer un paseo que comunique mellor a cidade coa praia.

Este tipo de actuacións son moi frecuentes sobretodo no Levante español e tamén en certos lugares das Illas Canarias. Pero o enigma de todo isto é que sempre se  tiran con casas de xente pobre e que non ten a onde ir, xa que non se adoitan ver grandes megaconstruccións hoteleiras nin mansións con catro ou cinco piscinas, pistas de tennis, etc. Aquí, coma no resto do estado español sempre pagamos os mesmos: os de abaixo. Dahí que a primeira grande mentira que di a nosa Constitución é: «Todos somos iguales ante la ley».

carga policial

Violencia en directo

Voltando ó caso do Cabanyal vimos como a policía aporreaba ós propietarios causándolle graves lesións en diversas partes do corpo. Posteriormente o informe pertinente dicía que se empregou «la fuerza mínima imprescindible» e que «no hubo personas heridas» a causa da carga policial. No obstante xa son oito as persoas feridas as que denunciaron estes feitos.

Pero todo estaría máis ou menos amañado si cando tirasen coas casas dos pobres lles deran outras noutro lugar. Vale que se terían que amolar por cambiar de lugar, por perder certas vantaxes de vivir nun lugar ou noutro, pero terían un tellado onde durmir sen pasar frío.

E todo isto ven a conto da nosa vila, si, do Cabo da Cruz. Qué pasaría se agora a un politicucho se lle dá por comezar a tirar as casas que estean máis preto do mar? A nosa vila non tería casas. Vemos como en Carragueiros, no Petón, en Bandaorrío, no Corivño, no Campo, etc., hai casas e pisos tocando case co mar. Isto podería pasar perfectamente, polo que hai veces que hai que facerse unha pequena idea na cabeza do que podería pasar.

Pero como antes se dixo algo da Constitución, ímolo reflexar nun claro exemplo no concello de Boiro. Situémonos na Avenida Municipalidad de Avellaneda, ou sexa, na carretera que vai dende a piscina ata a praia e logo chega ata o Camping de Barraña. Temos todos idea do lugar non? Pois agora mirade por ahí o pedazo casas que hai feitas case enrriba do paseo marítimo boirense. E curiosamente ó lado non hai ningunha casa que denote un estatus medio-baixo.

Isto é unha mostra máis do poder que pode exercer algunha xente sobre as Administracións e Institucións públicas. Vemos como a lei de Costas tan só se lle aplica ós pobres deixando ós máis apoderados saltar por enrriba dela ás súas anchas. O outro día decidimos saír no noso helicóptero de CaboDeCruz.Net para poder mostrarvos máis exemplos de casas literalmente enrriba da praia:

fraude litoral

Google Maps

Aquí podedes ver na carretera AC-305 na dirección Escarabote – Pobra, xusto na curva da Mercede un par de casas de moi recente construcción literalmente enrriba da praia. Os propietarios destas aberracións urbanísticas mesmo presentaron queixas de que lles saltaban os polbos ós cuartos pola proximidade das casas á praia.

É moi lamentable a situación que estamos a vivir, pero realmente o mundo é así. Cando un é xoven pensa que as cousas poden cambiar, sae mesmo unha vea revolucionaria, pero co paso do tempo e dos anos, dámonos conta de que isto está montado así, que o mundo está feito para uns moitos nos amolemos e darlle así mellor vida a uns poucos.

Para rematar, quixera poñervos aquí algún enlace dun grupo madrileño que naceu en Vallecas, eles chámanse Ska-p. Non pretendemos que vos guste a súa música nin que sexades fans, pero sí que vos imos a pedir que escoitedes as súas letras que expresan claramente o que é o mundo real. A tema de hoxe, desta carga policial inxustificada temos o tema de romero el madero. Logo, para que os nosos dirixentes fagan leis que cumpra todo o mundo, para que non se olviden de que se nós non existimos, eles non terían sentido, tamén imos mostrar outra canción deste grupo chamada Bla Bla Bla.

Finalmente agardamos que vos gustase este artigo e que opinedes ó respecto sobre estas cuestións, sobre as leis do solo, de protección do litoral, sobre os que se saltan as leis, sobre o que queirades. Para iso estamos!

Agardamos que este pequeno artigo sirva para algo, para  reflexión, para que pensedes que as cousas son moi complicadas, pero que hai veces que hai xente en peor situación ca nós. Dende CaboDeCruz.Net agardamos que a xente do Cabanyal teña un sitio onde poder vivir, xa que as súas casas xa pasaron á historia. Lamentable pero certo.


• Noticias relacionadas en: Foto Denuncia, Novas