Sigue nuestro Feed RSS   CabodeCruz en Facebook   CabodeCruz en Twitter  
Out
05

Como non se debe lavar un coche…

Aquí un video sobre unha moza, según din de Segovia, que está lavando o seu coche nun lavado a presión que podemos atopar en calquera vila. O seu método é infalible, non queda mancha algunha, xa que o coche ó final de todo queda limpo coma o ouro. Outra cousa, vai ser cando chegue á casa, ou mesmo entre no vehículo. Para os máis pequenos, se o facedes, procurade que o dono do coche non estea preto de vós…
Ahí vos vai o video, mirade, mirade!


• Noticias relacionadas en: Curiosidades, Novas
Set
22

Un veciño do Cabo da Cruz finxe un desmaio para evitar ser arrestado

bender_borracho

Un crucense duns 39 anos de idade foi detido o pasado domingo por un delito de desobediencia ás autoridades locais tras protagonizar unha aventura coa policía local. Segundo as afirmacións dos axentes, o arrestado mostraba claros signos de embriaguez cando se presentou nas oficinas policiais contando longas historias da súa vida. Cando rematou e procedeu a coller o coche, os axentes vendo o estado deste home, decidiron paralo cando éste optou por poñerse violento.

Tras esta situación, os axentes procederon á súa detención. Tal foi a súa sorpresa que cando se dispoñían a levalo, o home caeu ó chan finxindo perder o coñecemento para evitar así ser arrestado. Isto servíulle de pouco, xa que tras ir na ambulancia ata o centro de saúde, pasou a noite no calabozo.


• Noticias relacionadas en: Curiosidades, Notas de prensa, Novas
Set
03

Sandía xigante en Triñáns

sandia

Os nosos veciños de Triñáns, parroquia de Abanqueiro, foron quen de dar a luz a unha sandía dun peso elevado. O propietario da froita é José Luis Yáñez. Defínese coma un home que non é quen de ficar quedo na súa casa, senón que anda seguido traballando na súa horta para que no día de hoxe vexamos estas espectaculares sandías que son máis grandes cás pelotas de Pau Gasol, refírome ás pelotas de baloncesto.

O home, mostrou á prensa unhas cinco ou seis sandías que tiña é alí nunha estantería, as cales son imposibles de atopar en calquera froitería do arredor e máis aló. A alfaia verde desta casa é unha sandía que acada con facilidade os 21 kg de peso na báscula. José Luis, afirma que o segredo de tal froito está nos estercos cos que se fertiliza a terra, e tamén na calidade do terreo.

Non só son as sandías o que medra de xeito descomunal nesta horta de Triñáns, senón que o ano pasado, desta mesma sairon coliflores de ata catro quilos. Tamén as mazás teñen o seu punto extratosférico con tamaños que fan falta as dúas mans para poder botarlle a boca.

Todo isto vén de parte dun home que anda embarcado nas plataformas, e que pola súa adicación di que «teño isto bastante abandonado». Pois se non o cadra a ter abandonado, hai que coller o tallo de matalo porco para darlle feito a froita deste tamaño.

Esta é unha curiosidade máis da nosa terra, e da xente, que coma José Luis a sabe traballar de grande gusto e con moita adicación e firmeza. Dende aquí agardamos que os nosos arredores estean sempre sementados de novas coma esta.


• Noticias relacionadas en: Curiosidades, Notas de prensa, Novas
Xul
01

Unha nutria no muelle

Si amigos, por moi extraño que pareza, no muelle vello de Cabo de Cruz temos unha nutria. Dito animal adoita facer a súa aparición no muelle vello polas noites. Entre as 22:00 e a 1:00, se vos achegades polo muelle vello poderedes ver un exemplar de nutria que se exhibe ante a xente gozando da tranquilidade das nosas augas subindo polas gamelas, bañándose e mesmo pescando algún que outro peixe.

¿Onde está a nutria?

Andamos na captura dunha imaxe ou algún video que o demostre con máis claridade, pero o animal debe ser moi tímido que en canto sacas unha cámara escapa e sumérxese nas profundidades. Asi que xa sabedes, si vos acercades ó muelle, vedes á nosa protagonista (ou noso, xa que non se sabe se é macho ou femia), e lle sacades un retrato, non dubidedes en mandalo á nosa dirección para que poidamos confirmar ainda algo máis que en Cabo temos cabida para todos e todas, sexades da especie que sexades, sempre seredes benvidos.

Eu xa vou pola cámara, ¿e ti?


• Noticias relacionadas en: Curiosidades, Novas
Xuñ
04

Nova sección de curiosidades

curiosidades

Nesta nova categoría, trataránse novas curiosas e interesantes para os visitantes da web.


• Noticias relacionadas en: Curiosidades