Tranquilos todos que non é no Cabo da Cruz, pois aquí temos un pouco máis de civismo á hora de facer cousas coma a seguinte. Todo ocorreu no estado de New York, condado de Queens dos Estados Unidos, cando unha nena de 12 anos estaba na aula agardando pola mestra e ocorréuselle escribir na súa mesa o seguinte: «Quiero a mis amigas Abby y Faith», «Lex estuvo aquí. 2/1/10», e logo debuxou unha cariña feliz
. Entón, tan só por iso a nena saíu da escola esposada polos axentes da autoridade e foi transladada de inmediato á comisaría máis próxima.

Non arraiedes a mesa!
Isto deixa moito que desexar da maior potencia mundial, xa que cousas coma esta fannos ver o ridículos que poden chegar a ser nos EE.UU. A nena, cando lle chamaron á atención polos feitos, pensou que tan só o tería que limpar, cousa normal que che manden facer, e como moitos fixemos algún día pintando nas mesas do colexio de Valiño, no instituto de Boiro ou mesmo na universidade. Aclarar que cando xa estás no instituto ou estudos superiores, a escrita das mesas pode ser polo mestre que fai durmir ata ás moscas.
E voltando á nosa pequena ianqui, dicir que a parte de todo isto impuxéronselle oito horas de traballo comunitario, a parte dun ensaio do que aprendeu para a próxima vez. Todo un poema de falta de sentido común. E agora é cando se vos pode pasar pola cachola: «Se isto llo fan a unha cativa de doce anos ianqui, ¿Qué lle facerán ós presos de Guantánamo?»…
Dicir tamén que unha vez pasados os feitos, dende o Departamento de Educación indicaron que todo foi un erro, e dende a policía dixeron que están autorizados a facer detencións, pero aplicando así o sentido común.
A Unión de Liberdades Civiles de New York presentou o mes pasado unha demanda en contra da Policía por máis de vinte detencións pola forza a menores de idade.
• Noticias relacionadas en: Curiosidades, Notas de prensa, Novas












Foto: La Voz de Galicia