
Xa facía algún tempo que non tiñamos novas desta iniciativa crucense: O Socaire. Trátase dunha revista elaborada pola asociación de veciños A Unión para tódolos socios e veciños de Cabo de Cruz. Este rexurdimento débese a que a directiva quer reflexar aquí o seu paso pola entidade indicando diversos temas e actuacións dos dirixentes actuais.
A revista vai a ser entregada ós socios que acudan no día de mañá á asamblea xeral que hai convocada. Nela ides poder atopar tódalas actividades propulsadas pola asociación nestes últimos catro anos de mandato. Poderedes ver os titulares que máis moveron á xente de Cabo de Cruz neste tempo entre outras cousas. Vanse a tratar temas dende a depuradora, o muelle novo, o plan parcial, o médico ata os pasos elevados tan de moda a día de hoxe.
Veredes tamén tódalas xestións que a Unión fixo ante o concello de Boiro, así coma tódalas reclamacións e peticións feitas dende as oficinas da entidade. Haberá retratos dunha morea de veciños nas actividades feitas por mor das Letras Galegas e do Nadal. Tamén veremos as homenaxes ó noso benquerido Club de Remo polo seu percorrido nas distintas regatas ó longo da xeografía española.
Comentar tamén que un dos medios que a Unión está a explotar na rede de redes é a súa páxina web. Unha web que recibe unha morea de visitas por parte dos veciños e veciñas de Cabo de Cruz e onde se tratan e trataron moitos temas de interese para todos. De feito, nesta web xa todos podedes ver un pequeno avance desta revista de O Socaire.
Na xuntanza de mañá, o presidente, Benigno Sánchez presentará o banlance de contas e a súa retirada. Dende mañá vaise a dar un prazo dun par de semanas para que algún veciño ou veciña tome o mandato da entidade, xa que o presidente non vai facer candidatura. Como ben sinalou, «a esencia da Unión está máis viva que nunca», pero se ninguén dá o paso, seguirá el ó frente da Unión.
• Noticias relacionadas en: Cultura, Notas de prensa, Novas







