Sigue nuestro Feed RSS   CabodeCruz en Facebook   CabodeCruz en Twitter  
Xan
19

Véndese cobaia ben bonita!

Véndese cobaia:

Pequeno mamífero da orde dos roedores, orixinario de América, que se utiliza moito en experimentos de medicina. A cobaia é semellante ó coello pero máis pequena.

cobaia

Cobaia

O que se vende é a cobaia con tódolos accesorios para comezar a vivir nun novo fogar. Isto consta de:

  • Gaiola amplia: con comedeiro de penso, palla, bebedeiro e refuxio.
  • Penso e palla.
  • Sustrato.

Trátase dunha cobaia de cor marrón e branco, unha femia moi fermosa (sen capar) que lle gusta que a collan e tamén xogar. É ideal para nenos pequenos xa que coidando a súa hixiene correctamente non ten problema de contaxio de ningún tipo.

Merqueina fai un mes co cal ten pouco tempo conmigo. Por isto dicir tamén que se adapta con facilidade ós novos espazos. Ante calquera dúbida na venda, podería levarse a un veterinario para comprobar que o seu estado de saúdo é óptimo.

Interesados chamar ós teléfonos 617189950 ou 666144949, ou ben contactar por mail: anklaxter@hotmail.com

Urxe a súa venda.


• Noticias relacionadas en: Compra Venta, Novas
Xul
02

Impresionante diseño das camisetas das Festas do Carme 2009

Tiven a sorte de ver o diseño das novas camisetas das Festas do Carme 2009, e a verdade é que en Cabo estamos sempre rompendo moldes. Dígoo porque na meirande parte destas cousas de diseñar camisetas sempre se escolle un debuxo que faga máis ou menos chiste para que á xente lle faga gracia e o merque, pero neste caso imos máis aló…

Neste ano tócanos xogar un pouco cos efectos visuais, xa que se vedes a camiseta pola súa parte de detrás é unha cousa normal, sinxela, pero a medida que a ides vendo de lonxe ides notando como un efecto óptico vos fai ver outra imaxe distinta á vista de preto… Abraiante! Tan só quixera felicitar dende aquí ós diseñadores de dita, porque non, obra de arte, e que sigades así, xa que nesta dinámica estou seguro que a xente se vai animar bastante a mercalas. Pensei tamén en retratar unha camiseta para poñela aquí na web, pero vou ser un pouco malo e vou a deixarvos coa intriga para que vos levedes unha sorpresa das boas.

E que xa se dicía que en Cabo temos de todo: artistas, diseñadores gráficos, médicos, dentistas, enxeñeiros, arquitectos, bateeiros, labradores, comerciantes, … Vaia terra de probeito, si señor, se os nosos devanceiros levantasen a cachola e visen tal cousa quedarían abraiados.

Bueno, eu en breve terei xa a miña camiseta, que xa penso en mercala en varias cores, xa que penso que paga a pena, e ti que? Xa tes a túa? Pois pasa xa a mercala, que has quedar sen ela!!!

Os que xa a tendes, qué opinades? Gústavos o diseño? É como para mercar máis dunha ou non?


• Noticias relacionadas en: Compra Venta, Novas
Xuñ
20

Nova sección de Compra Venta

mail

Nesta sección poderás anunciarte gratuitamente. Se precisas vender, mercar ou alugar un piso, unha casa, un barco, etc, esta é a tua sección.

Só tes que enviar un mail a contacto@cabodecruz.net e enviar os teus datos xunto cunha descripción do que anuncias. Se queres adxuntarnos algunha imaxe para que o anuncio sexa máis atractivo.

Tamén podes remitirnos unha nota no noso formulario de contacto e nos poñeremos en contacto contigo.


• Noticias relacionadas en: Compra Venta, Novas