
Unha vez máis, os nosos remeiros do Cabo da Cruz voltan a darnos unha de alegrías coas tres victorias colleitadas nas augas de Noia, concretamente na praia de Testal. A liguiña de bateis entre os distintos clubs foi toda unha proba de rendemento para os escadróns que serviu para probar así os resultados dos duros entrenamentos desta xente. Foi toda unha contrareloxo entre os equipos de: Cabo da Cruz, Esteirana, Rianxo, Pobra do Caramiñal, Narón e Meira.
O Club do Mar de Noia foi o encargado de organizar este evento, que consistiu en saídas das embarcacións por parellas e cunha distancia dun minuto entre cada saída, para poder desenvolver unha regata con toda a comodidade. Pero o protagonista foi o vento do sur que arreou con forza poñendo así unha traba máis para as embarcacións. Pese ás condicións, foron ó pé de 150 persoas as que se achegaron para presenciar a regata, cando a choiva lle deu unha tregua á competición.
Aquí vos quedan as distintas clasificacións das distintas categorías:
Promesa feminina
1ª. Esteirana, 5:18.15.; 2ª. Cabo B, 5:32.69; 3ª. Cabo A, 5:45.20; 4ª. Rianxo B, 5:48.70; 6ª. Rianxo A, 5:50.09; 7ª. Rianxo C, 6:10.70; 8ª. Puebla, 6:43.50; 9ª. Club do Mar de Noia, 7:01.50.
Absoluta feminina
1ª. Cabo da Cruz, 10:18.41. Juvenil femenina: 1ª. Esteirana, 10:11.66. Infantil masculino: 1º. Cabo B, 5:09.39. 2º. Cabo A, 5:16.86; 3º. Puebla A, 5:32.43; 4.º Rianxo A, 5:43.04; 5º. Esteirana, 6:23.89; 6º. Rianxo B, 6:50.76. Cadete: 1º. Rianxo A, 7:21.91; 2º. Rianxo B, 7:25.84; 3º. Puebla A, 7:35.03; 4º. Esteirana A, 7:44.11; 5º. Cabo, 8:12.05; 6º. Mera, 8:23.61; 7º. Esteirana B, 9:25.56. Juvenil: 1º. Cabo A, 9:43.36; 2º. Rianxo, 9:46.76; 3º. Cabo B, 9:56.66, 4º. Puebla, 10:09.75. Sénior: 1º. Puebla, 9:36.23; 2º. Muros B, 9:37.10; 3º. Esteirana A, 9.37.98; 4º. Muros A, 9:48.47; 5º. Esteirana B, 9:49.90; 6º. Club de Mar de Noia A, 9:50.20; 7º. Narón, 9:52.27; 8º. Rianxo A, 9:56.66; 9º. Mera, 9:58.17; 10º. Club de Mar de Noia B, 10:43.30; 11º. Rianxo B, 10:49.79.
Clasificación: La Voz de Galicia.