Novas de Cabo de Cruz


Noticias e novidades de Cabo de Cruz. Obras e proxectos, notas de prensa, foto denuncia e curiosidades de Cabo de Cruz.


A Xunta de Galicia pretende suprimir os GRUMIR de Boiro e Ribeira

Venres, 3 de Setembro de 2010 Non hai comentarios

GrumirNoLume

Se aínda facían falla efectivos estando este tipo de traballadores en activo, qué sería de nós con tan só unhas cuadrillas da Xunta sen experiencia e con medios precarios?” Estas foron as palabras cando lle preguntamos a J.S.F. un veciño de Cabo de Cruz, pola desaparición deste efectivo. E que as cifras cantan por si solas se analizamos o problema enriba da mesa: máis dun cento de intervencións en incendios forestais entre Boiro e Ribeira, 22 intervencións en accidentes de tráfico tan só en Boiro, etc.

Estas son unhas cifras claras e clave para que o goberno da actual Xunta de Galicia pense só unha vez máis o que suporía suprimir este servizo que vai quedar orfo no que os cidadáns quedaremos bastante máis desprotexidos. Pero non só de lumes e accidentes se trata a cousa. En diversas festas e romerías, en rescates, en limpar as desfeitas dos temporais (non hai máis ca botar un ollo á prensa deste inverno), etc. Nunha morea de cousas fixeron e fan falla estes medios, xa que de non ser así, quén fará este tipo de traballos?

Dende esta entidade queremos apoiar ó goberno local para que se conserven este tipo de efectivos, xa que nun concello coma o de Boiro, co parque de bombeiros non é suficiente. Habería que aclarar que a finalidade dos bombeiros e do GRUMIR, non é a mesma, malia que poidan coincidir nalgúns casos. Non imos a mandar ós bombeiros a apagar un lume no medio do monte, non imos a mandar ós bombeiros a tratar de organizar un pouco a romería de San Ramón (aínda recente), non imos a mandar ós bombeiros a un accidente (a non ser que sexa grave e haxa risco de incendio ou que excarcelar).

En fin, unha morea de servizos e postos de traballo que a Xunta actual quer liquidar dun plumazo e deixarnos a todos “a pan pedir“, xa que hai algo que funciona e que fai falla e unha vez máis, son os nosos dirixentes os que nos sacan o pouco que temos ou que podemos ter.

Categorias: Notas de prensa, Novas Temas:

Emision do curto gañador de Toño Chouza en TCM

Xoves, 26 de Agosto de 2010 Non hai comentarios

cortocalido0

Como podedes ver, o curto gañador do certame “El corto y cálido verano” de Facebook, foi o de Toño Chouza, o cal xa vos mostramos aquí para todos aqueles que o puidesedes ver. Agora, vano a emitir na canle TCM (en dixital ou en R), xa que como podedes ver aquí a emisión será o domingo 29 de agosto a partir das 6.30 da tarde durante todo o dia, facendo un especial con entrevistas ós directores e a emisión de curtametraxes, entre elas a de Toño.

Agardamos que os máis rezagados poidades disfrutar agora, dun curto gañador, dun cine de calidade creado pola xente de Cabo de Cruz. E como non, que apoiedes sempre ós veciños, xa que con cousas coma esta fan grande unha vila coma a nosa.

Asi que xa sabedes, o domingo 29 de agosto ás seis da tarde, poderedes ver a estrea de “Por la mañana“. E si queredes ver un adianto, visitade esta web para ver ós gañadores de dito concurso. Non faltes!

Categorias: Cultura, Novas Temas:

Toño Chouza, gañador do Festival “El corto y cálido verano”

Xoves, 12 de Agosto de 2010 1 comentario

Curtos

Fai uns días, o veciño Toño Chouza entraba aquí para pedir un apoio para o seu curto que presentou no festival “El corto y cálido verano”. Pois si, arrasou coa súa producción. Pero dende aquí pensamos que non gañou tan só polas votacións dos amigos que pode ter en Facebook, senón pola calidade do traballo que presentou a este concurso.

Os que aínda non vistes o curto, podemos asegurarvos que é algo digno de ver, onde se marca xa un estilo propio relacionado con outras obras que ten este home no seu arquivo. Sen dúbida, unha historia contada en pouco máis de 10 minutos que engancha dende a primeira escea.

Pois que dicirche Toño, parabéns polos teus éxitos recollidos e por recoller e segue sempre así. Como anécdota e breve consello vouche contar algo que vin na televisión cando era un cativo e que me serviu de moito: estaban entrevistando a un compositor de música galego cando lle preguntan – ¿Cal é o segredo para acadar a mellor partitura? - o home respostou sen dubidar – Compoñer tódolos días, queira ou non queira, porque o día menos pensado a mellor partitura chega ós meus miolos -.

Con isto quero dicir que nunca abandones o teu traballo, o que che gusta, se sempre constante, xa que o teu mellor filme, de seguro vai saír dun traballo diario e no día menos pensado. Fáloche dende a curta experiencia na que apliquei este consello e sempre me foi ben. Pedirche tamén que nos cedas ese curto campión para que a xente que entra aquí e que non ten Facebook que poida ver a calidade dun traballo ben feito.

No nome de CaboDeCruz.Net, parabéns, segue así e conta con nós para o que faga falla, xa que os teus éxitos son os éxitos da túa vila, e os éxitos da túa vila son os éxitos de todos. Grazas Toño.

Categorias: Cultura, Novas Temas:

Porto de Cabo de Cruz, un referente na vela galega

Venres, 6 de Agosto de 2010 Non hai comentarios

Foto de Dani Gestoso

Parecía un soño, un raio de sol perdido, un conto das rúas, das xentes, pero nunca unha realidade. O certo é que estamos a ver unha das obras de impulso de Cabo de Cruz máis grandes de toda a historia local. Imos a ser un referente, un punto de encontro en Galicia e unha visita obrigada para embarcacións de todo o globo. O que parece ser que somos é a referencia náutica no Concello de Boiro. En números estamos a falar dunhas 750 prazas de amarre sumadas a unhas instalacións que darán cabida á mellor escola de vela de Galicia.

Estas son as espectativas do Club Náutico de Boiro que contará coa colaboración do Centro Internacional de Navegación da Arousa (CINA), unhas das escolas clave no Estado español que leva case un lustro dando formación a regatistas en tódolas categorías e clases.

Cando rematen as obras no dique de abrigo da dársena dará comezo o proxecto da escola. Así se fixo saber na xuntanza deste pasado fin de semana na que as caras de entusiasmo fixéronse notar no seo do local. E que Cabo de Cruz é un lugar que conta cunhas características clave para a execución deste proxecto, así coma as augas que nos bañan, perfectas para a práctica dos deportes e actividades do mar. Por iso as entidades locais pensan que co respaldo doutras institucións de fóra farán que esta iniciativa saia adiante con máis forza.

De feito, a CINA, socia do Club Náutico de Boiro xa anunciou a inclusión na súa oferta formativa, diversas actividades na dársena crucense e mesmo propóñense traer alumnos de Madrid e Valencia ata Cabo de Cruz para tal fin. Asi mesmo, esta entidade afirmou levar o nome da nosa vila non só pola xeografía española, senón atravesar fronteiras e amosarlle as nosas instalacións a países coma Francia e outros moitos.

A entidade boirense pretende captar socios con esta situación e anuncia que a cota manterase ata setembro para que por só 60 euros, os socios poderán optar a un amarre dos 150 que hai previstos para a primeira fase do proxecto.

Categorias: Notas de prensa, Novas, Obras e Proxectos Temas:

Apoio ó curto de Toño Chouza

Xoves, 29 de Xullo de 2010 2 comentarios

apoio

No día de onte o noso veciño Toño Chouza entrou nesta web para pedirvos axuda. Tan só para que un curto das súas produccións poida saír na televisión e darlle máis empuxe á carreira deste crucense. Por iso tan só vos pide unha cousa, que lle votedes en Facebook para que lle valoren o seu traballo e consiga o seu propósito. Tan só vos levará un minuto facerlle un favor a este veciño. Un minuto que agora pode ser algo insignificante para nós, pero que se cadra nun futuro é algo enorme para el. Dende CaboDeCruz.Net queremos pedirvos toda a colaboración posible.

Aquí vos deixo o seu escrito:

Me podríais votar un corto en facebook? Si se gana nos lo ponen en laTV. Sólo teneis que haceros fans de TCM (http://www.facebook.com/elcinequeyateniasquehabervisto) y poner un ME GUSTA en el corto. Se titula POR LA MAÑANA, sale una chica en la portada.http://apps.facebook.com/cortoverano/118.php

GRACIÑAS. Quedan 5 días de votaciones!!!

Agardamos que Toño gane o concurso gracias a todos e todas vós!

Dende o seu nome: Grazas!

Categorias: Cultura, Novas Temas:

Turismo polo mar en Cabo de Cruz

Mércores, 28 de Xullo de 2010 Non hai comentarios

CaboDeCruz

O concello de Boiro avoga por unha nova maneira de facer turismo: o turismo marítimo. A iniciativa trata de que un grupo de xubilados colaboren desinteresadamente nesta tarefa de mostra da cultura etnográfica de Boiro e tamén de Cabo de Cruz. Existen moitos puntos de encontro nestas visitas ós recunchos da nosa vila e concello. Por exemplo, un repaso polos muíños de río en Bealo e Ponte Goiáns.

Pero tamén se marcan un percorrido pola ría e polo porto de Cabo de Cruz onde se lle vai explicando á xente que queira aprender cómo se cría o mexillón nas bateas, dende que se vai á cría ata que sae en sacos no camión que os leva. E quen mellor para explicar todas estas cousas cá xente con experiencia coma os nosos maiores.

Tamén se trata de que a xente coñeza os traballos e oficios autóctonos coma un taller de elaboración de nasas situado en Rebordelo. Un oficio de cara ó mar e polo mar, motivo principal desta mostra de cultura municipal. E aínda non queda ahí a cousa, senón que se tratan de explicar moitas outras cousas nestes percorridos.

Os turistas sorpréndense desta riqueza que temos na nosa vila e concello e láianse de que a xente daquí non coñeza na súa totalidade parte da nosa historia que nos identifica coma vila e como pobo. Porén, xa se está plantexando o de traer ós escolares a estes percorridos para que dende os máis cativos saiban das tradicións, costumes e medios de vida dos seus antergos.

Toda unha iniciativa con moito impulso feita dende o concello de Boiro que vemos con ollos moi positivos dende Cabo de Cruz. Porén, animamos a todo o mundo a que fagan disto algo persoal, algo seu e que se dispoñan a visitar os recunchos con máis historia do noso concello.

Categorias: Cultura, Notas de prensa, Novas Temas:

Entrevista a Juancho Armental

Mércores, 21 de Xullo de 2010 2 comentarios
Foto de C. Queijeiro

Foto de C. Queijeiro

Hoxe esfollando a Voz, vin unha entrevista a un deportista recoñecido na comarca polo seu afán de superación, de retos e obxetivos a bater e outras moitas cousas. Trátase de Juancho Armental. Pero sen dúbida, o que marca a este tipo de xente é a superación, a eliminación de barreiras, o “erguerse tras caer unha e outra vez“. Por iso mesmo queremos que polo menos leades nestas verbas, como é a mentalidade dun deportista de élite da que podemos sacar conclusións para a vida mesma.

Sen máis, a entrevista:

Sigue lendo…

Categorias: Cultura, Notas de prensa, Novas Temas:

O Club de Remo de Cabo de Cruz acada un terceiro posto en Cangas

Domingo, 11 de Xullo de 2010 Non hai comentarios

Cabo da cruz

O escadrón de Cabo de Cruz saldouse cunha medalla de bronce en augas de Cangas do Morrazo pola bandeira deste fermoso concello. Ata alí chegaron un total de dazasete embarcacións que están inscritas na liga autonómica para disputar a dita regata. O S.D. Samertolameu foi o que se levou a competición para o seu feudo nunha regata un tanto máis ca disputada.

Entre as traíñas do Barbanza a que mellor resultado obtivo foi a de Cabo de Cruz que segue dándonos bos resultados e alegrías á nosa vila. Para o resto de embarcacións a clasificación foi: Samertolameu, Amegrove, Cabo de Cruz, Chapela, Náutico de Vigo e Mecos. Así foi como quedaron nesta Bandeira da Liga Galega de Traíñas.

Agardamos que para os seguintes encontros os nosos campions sigan igual ahí sempre no podium e colleitando victorias importantes como levan feito ate o de agora. E como é merecido: Ánimo Campións!

Categorias: Clube de Remo, Notas de prensa, Novas Temas: