Sigue nuestro Feed RSS   CabodeCruz en Facebook   CabodeCruz en Twitter  
Abr
24

Orquestas das festas do Carmen 2010

Festa_do_Carmen

A comisión de festas do Cabo da Cruz xa comeza a súa nova andaina para as Festas do Carmen 2010. O que sabemos polo obstante é que se achegarán ata o peirao as orquestas Costa Oeste e Philadelphia para o día 15 de xullo e pecharán as festas a Cinema xunto coa Nueva Generación.

Os pasarrúas estarán amenizados polo Grupo de Gaitas Gandaina de Palmeira que xa son frecuentes nas nosas festas polas súas actuacións.

Por outra banda, os membros da comisión de festas agardan que os veciños se volquen totalmente coas mellores festas que temos para que sigan medrando e sexan un éxito, ano tras ano.

Porén tamén informaron de que a partires do día 3 de maio vanse a botar ás rúas para comezar a pedir para estas festas, así que dende CaboDeCruz.Net agardamos a máxima colaboración por parte de todos, para que esta xente teña tamén o seu merecido recoñecemento.


• Noticias relacionadas en: Festas, Festas do Carmen, Notas de prensa
Mar
25

Novas fotos en CaboDeCruz.Net

A sorte que temos os que aquí traballamos cada día é a de ter uns moi bos colaboradores. Xente que sen ánimo de lucro nos bota unha man sempre que poden, que nos sinalan un artigo, que nos ceden fotos, que len esta web a diario, que comentan… Iso vale moito no mundo da administración web. Porén, a nosa amiga xa coñecida Mary Hermo nos ofreceu unhas fotos dela que conseguiu para que nós as poidamos colgar aquí.

Trátase dunhas fotos das festas do Carmen de diferentes anos que as podedes ver aquí, e pola xente que sae e as cariñas que tiñan fai anos, pois dalle un certo valor histórico a estas imaxes. Sabedes tamén que son as festas da nosa patroa, a Virxe do Carme, festas das que todos gozamos ó máximo, pero que son sempre na honra da patroa dos mariñeiros.

Estamos tamén á espera dunhas fotos do noso amigo Dani Gestoso, que a través de Mary Hermo nos van a ceder aquí, pero temos que solventar uns detalles das fotos para que se poñan aquí correctamente. Trataremos de ofrecérvolas na maior brevedade posbile. E non esquezades que aquí temos moitos proxectos que día a día van avanzando pouco a pouco. En fin, xa vos iremos sorprendendo coas novidades que lles queremos ofrecer ás persoas do Cabo da Cruz.


• Noticias relacionadas en: Festas do Carmen, Novas
Dec
24

¡Bo Nadal á vila do Cabo da Cruz!

bo nadal

Como non podía ser doutro xeito, a dirección desta páxina web de CaboDeCruz.Net quer mostrar nestas datas tan sinaladas o seu agradecemento a tódalas persoas que fixeron posible que isto saíse adiante. Fostes moitos, dende asociacións, prensa, a nivel individual, etc. Por iso a xente coma Mary Hermo, Dani Gestoso, Suso Marañas, A Unión, Xornal Certo, Porrón, Equipo de fútbol do Cabo da Cruz B, etc… lles queremos mostrar o noso cariño e aprecio deste xeito. E de seguro que nos quedades moitos no esquecemento:

OS NOSOS MELLORES DESEXOS A TODOS NESTE NADAL E QUE TÓDOLOS VOSOS SOÑOS E OBXETIVOS SE ACADEN NESTE NOVO ANO 2010

Agardamos que a vila do Cabo da Cruz siga sendo un referente na nosa comarca, que saiamos adiante como fixemos en tempos máis duros, que se nos oia e se nos recoñeza aló a onde vaiamos, que os nosos obxetivos se acaden canto antes e entre todos poidamos ter un Cabo da Cruz do mellor que nos poidamos imaxinar.

Porén agardamos que neste novo 2010 sexades moitísimos os que vos fagades partícipes desta nova ruta, deste novo punto de encontro, deste referente que nós, os que día a día lle adicamos o noso tempo, puxemos á vosa disposición ó comezo desta andaina.

Os administradores desta web: Xoan e Paulo desexámoslles un moi Bo Nadal!!

Gracias!


• Noticias relacionadas en: Festas
Out
31

O Samaín

noite

Chegadas estas datas o habitual é andar sempre moi liados con todo o tema dos cemiterios, das flores, dos centros, de limpar as sepulturas, de choivas, de présas e de todo o que rodea ó que nós lle chamamos:

 O Samaín

Esta festa ten as súas orixes nos antergos pobos celtas que viviron en Galicia e en Europa naqueles tempos. Celébrase a fin da tempada das colleitas na cultura celta e foi considerada coma o Ano Novo Celta. Denomínase coma unha festa de transición e de apertura ó outro mundo.

Foi habitualmente descrita coma unha comuñón cos espíritos dos defuntos que, especialmente nestas datas terían autorización para camiñar entre os vivos. Abríanse as portas entre este mundo e o máis aló, dándolle á xente a posibilidade de reunirse cos seus antepasados mortos.

Como podedes ver, é toda unha tradición dos nosos pobos aínda que agora se bota moito a man das culturas americanas co chamado Helloween, que atrae sobretodo á xente máis nova que fai gala desta celebridade do «trick or treat» (truco ou trato).

Nestes días podedes ver os colexios da comarca coas cabazas acendidas con rostros tenebrosos, onde os máis pequechos da casa comezan a sentir estas festividades. Días de recordos onde os nosos defuntos vagan entre nós.

Feliz Samaín

Como tradición, ¿Qué vos gusta máis: Samaín ou Helloween? Ahí queda a pregunta para a resposta dos crucenses que estes días anda un máis morto ca vivo.


• Noticias relacionadas en: Festas, Novas
Set
09

Festas do Castro 2009 no Cabo da Cruz

fiestas-septiembre

Como non podería ser doutro xeito, no día de onte xa deron comezo as festas do Castro. Estas son o peche do verán para os crucenses en canto a festexos e romarías. Onte, puidéchedes degustar unha boa pulpada, que xa vén sendo unha tradición dende fai anos.

As nosas rúas estarán sonorizadas pola música máis tradicional con grupos coma Andaina e Faíscas, que tratarán de levantar ós durmiñentos e resacosos do día anterior para que acudan ó Castro a tomarlle un vermouth, ou mesmo a primeira da mañá, como se lle queira chamar. Tamén haberá actos relixiosos na honra dos nosos Santos que cada ano nos protexen do mal e lévannos polo camiño correcto (ou como tamén se di,»lévannos ó rejo»).

Xa ven entrada a noite, os colectivos musicais encargados de poñernos a bailar serán as orquestas Superfama e Ilusión, que nos traen, coma sempre, a música máis moderna e actual, para que bailemos ata caer de cu. Estará tamén á vosa disposición o novo bar do Castro: «A Abadía de San Enrique», onde poderedes tomar as vosas copas coma se estivesedes nunha fermosa casa do século pasado, iso si, sempre co mellor servizo en atención.

orquesta_capitol

No día de mañá, trataremos de poñer o peche destas festas tan ben nos veñen a todos para voltar ó traballo. A noite será dona das seguintes agrupacións: Capitol, e América S.L. Ahí, nesa mesma noite é onde xa vai a ser a pinga que colme o vaso, e onde todos imos a bailar ata rachar coa pana, e mesmo ata o día seguinte, onde os barrendeiros do concello nos han espertar coa xesta nos fociños. Que ninguén pense que os crucenses somos uns borachos, pero o que si somos, e non teño dúbida algunha, somos uns festeiros de moito mandar.

Eu, collo a chaqueta e xa marcho agora para o Castro a tomarlle unha, e ti qué? Vés, ou non?


• Noticias relacionadas en: Festas, Festas do Castro
Ago
28

Fotos das Festas do Carme de Cabo de Cruz

Como xa vos dariades conta, están xa subidas as fotos das festas do Carmen deste ano 2009. Estas fotos foron proporcionadas pola comisión de festas do Cabo da Cruz, concretamente por Mila. Quixera agradecerlle a esta moza e á corporativa este xesto de xenerosidade, ofrecéndonos este material para poder facer que todos disfrutedes e teñades un reocordo das mellores festas que cada ano suben o listón.

Estatua da liberdade

As fotos as podedes atopar na sección de fotos, ou acceder directamente dende aquí.

Hoxe pola mañá entereime de que nos seguen dende a cidade de Nova York. A verdade é que dá gusto saber que a xente que está lonxe da terra poida ter un medio onde cada noite, diante dun ordenador, se sinta coma na casa. Agardo que dende o outro lado do charco poidades apreciar o bo traballo desta xente incansable da comisión de festas que nunca se rinden para ofrecernos algo espectacular. Dende o Cabo anímovos tamén ós crucenses que estades fóra, a escribir, a mandarnos fotos, a contarnos cómo é aló onde estades, e todo o que queirades.

Entre as fotos, non nos limitamos só á festa nocturna, senón tamén ás diferentes actividades como poden ser o xogo dos bolos, a cucaña, o partido de solteiros contra casados, os bailes, etc. Ahí tendes un bo material para recordar algo memorable e porlle os dentes largos ós vosos amigos con estes eventos que se dan na nosa vila do Cabo da Cruz.

Se saes nalgunha foto, ou queres comentar algo sobre as imaxes, sabes que podes facelo no noso foro, en calquera comentario, ou onde ti o desexes, pero nunca te quedes calado, senón nunca han saber de ti. Opina, valora, critica, debate. Únete!

gracias

Finalmente: Agradecementos á comisión de festas polo cese das fotos, e seguide así. Ánimo!!


• Noticias relacionadas en: Festas, Festas do Carmen
Ago
11

Festa do mexillon 2009 en Cabo de Cruz

Non vos preocupedes, xa chegou, xa está aquí, non faltou. A Festa do Mexillón 2009! Wellcome, Benvenuto, Willkommen, Bienvenue, Benvidos todos a esta nova Festa do Mexillón que se celebrará os días 14 e 15 de agosto, ou sexa, dentro de catro días no emblemático peirao do Cabo da Cruz, onde non pode faltar ninguén! Estará á vosa disposición un grupo de xente para que non falte de nada: un pouco pan, un bo viño e o preciado molusco: o mexillón. Iso si, mexillón galego, da nosa ría, daquí, do noso, do de tódolos días, de factoría propia. Nada de importacións.

mexillons_en_salsa

Estamos engrasando os motores entre diversos puntos, sectores e entidades da vila e arredores para que esta nova festa sexa todo un éxito. Para que a xente se sinta coma na casa. Para que todos vos levedes un magnífico recordo de nós. Para que fagamos do mexillón un producto que nos identifique no mundo. Para que o ano que vén non collades na festa. Para que todos e todas poidamos disfrutar ó máximo!

Sigue leyendo… »


• Noticias relacionadas en: Festa do Mexillón, Festas, Novas
Ago
07

Video da Orquesta Panorama en Cabo de Cruz

Aquí podedes ver unha parte do concerto que deu a Orquesta Panorama, unha das millores orquestas de españa, en Cabo de Cruz nas festas do carmen de este ano 2009.

No video podemos apreciar a espectacular posta en escea desta orquesta, e o bo ambiente que coma de costume se respira nas festas de Cabo de Cruz.


• Noticias relacionadas en: Festas, Festas do Carmen, Novas, Videos
Xul
22

La ABE anima a los hosteleros a servir platos con mejillón para colaborar con la fiesta del bivalvo

 Mexillón

Con motivo de la octava edición de la Festa do Mexillón, que se celebrará en Boiro los días 14 y 15 de agosto, la Asociación Boirense de Empresarios está animando a los asociados del sector hostelero a incluir platos a base del bivalvo en sus menús.

Para apoyar este festejo, la ABE llevará a cabo una campaña de difusión entre su afiliados, para que el mayor número de locales disponga de una carta con recetas hechas con este producto a disposición de los asistentes. El objetivo que persigue esta entidad es promocionar un sector productivo con un importante peso en la economía de la localidad boirense.

Para conseguir que el mayor número de locales incorpore el bivalvo en sus menús, la asociación de exaltación del mejillón ha firmado un acuerdo con la depuradora Sálvora. Mediante el convenio los establecimientos de Boiro podrán adquirir el marisco a un precio muy asequible.

Díptico

Los logotipos de los bares, cafeterías y restaurantes de Boiro que apoyen este proyecto de la ABE, aparecerán en unos dípticos informativos que llevarán por nombre Roteiro do Mexillón.

El folleto será distribuido por los diferentes negocios de la localidad para que sirva de guía de los locales donde se puede degustar el mejillón. Los hosteleros interesados pueden anotarse en el Roteiro hasta el 30 de julio en la ABE.

Fonte: La Voz de Galicia


• Noticias relacionadas en: Festa do Mexillón, Festas, Notas de prensa, Novas
Xul
21

Peche das festas do Carmen 2009

Festas!

Agardei ata hoxe para poñer esta entrada, xa que máis de un estabamos de resaca do último día das festas do Carmen. Agora, tan só queda lembrar o acontecido na nosa vila, e todo o que causou un auténtico desbordamento da nosa vila, e das previsións da meirande parte dos crucenses.

Unha vez máis, o traballo dos membros da comisión de festas foi vital para que o primeiro día das festas Cabo de Cruz marcase un histórico de asistencia ás nosas festas. A velada amenizada polas orquestas Panorama e Olympus foi o detonante que fixo que este evento fose sonado no resto de Galicia, xa que a nosa vila cun rexistro de 2365 habitantes, o mércores pasado rompeu moldes en canto a visitas para vir á verbena.

Os coches chegaban dende Carragueiros ata o Esteiro, e a xente amoreábase no campo da festa, e mesmo fontes informativas me din que había xente colgada do muelle para ver a estas orquestas. Como non, isto é unha gran noticia para Cabo de Cruz, xa que a recadación dos bares, a fama que collemos, e todo o que se puido sacar en beneficio deste evento é fundamental para o desenvolvemento da parroquia.

No día seguinte, os encargados de encher o aforo foron Tekila e Triunfo. Estas orquestas souperon aguantarnos ata iso das case seis da mañán que moitos chegamos á casa derrotados por un espectáculo que fixo que bailasemos, bebesemos e o pasásemos en grande neste día dazaseis de Xullo, día da nosa patroa a Virxe do Carmen.

Pero o peche auténtico das nosas festas púxoo de nome unha lenda xa na nosa vila: Mila, coa súa canción que enmudeceu ó respetable, e fixo que un ano máis, e máis ca nunca, os crucenses estibesemos ledos do acontecido nestas datas.

Agradecer á comisión de festas todo o que fixeron fan e farán por nós, por Cabo de Cruz e tamén por toda a xente que nos coñece polas nosas festas. Asi tamén quixera animar a toda a xente que colabore ó máximo con estes mozos e mozas, e tamén que se animen a entrar na comisión, xa que se hai algo bonito, é facer do teu pobo un lugar grande ós ollos do mundo.

Grazas!

E ti que, ¿qué opinión tés das festas de Cabo de Cruz? ¿Qué cres que se pode millorar nas nosas verbenas? ¿Voltarás para o ano? Todo isto coméntao nesta sección para así termos unha opinión de todo o mundo e poder millorar no canto se poida, anímate!


• Noticias relacionadas en: Festas, Festas do Carmen