Festas de San Xoán en Cabo de Cruz

Tamén se deixan ver as festas de San Xoán. A isto voulle dar certa importancia, xa que os Xoáns, Juans, Xans e Xanciños, en Galicia somosche moitos, e dende o noso ver, é unha das mellores festas que se lle ten que dar o protagonismo que merecen.
Unha pregunta, ¿Qué hai mellor ca unhas sardiñas asadas con boroa ó carón do lume nunha noite de verán cunha temperatura agradable onde se queremos podémonos bañar no mar? Isto non hai cartos que o paguen. Dende Madrid dinme que somos uns privilexiados.




