Festas do Castro 2009 no Cabo da Cruz

Como non podería ser doutro xeito, no día de onte xa deron comezo as festas do Castro. Estas son o peche do verán para os crucenses en canto a festexos e romarías. Onte, puidéchedes degustar unha boa pulpada, que xa vén sendo unha tradición dende fai anos.
As nosas rúas estarán sonorizadas pola música máis tradicional con grupos coma Andaina e Faíscas, que tratarán de levantar ós durmiñentos e resacosos do día anterior para que acudan ó Castro a tomarlle un vermouth, ou mesmo a primeira da mañá, como se lle queira chamar. Tamén haberá actos relixiosos na honra dos nosos Santos que cada ano nos protexen do mal e lévannos polo camiño correcto (ou como tamén se di,”lévannos ó rejo”).
Xa ven entrada a noite, os colectivos musicais encargados de poñernos a bailar serán as orquestas Superfama e Ilusión, que nos traen, coma sempre, a música máis moderna e actual, para que bailemos ata caer de cu. Estará tamén á vosa disposición o novo bar do Castro: “A Abadía de San Enrique”, onde poderedes tomar as vosas copas coma se estivesedes nunha fermosa casa do século pasado, iso si, sempre co mellor servizo en atención.

No día de mañá, trataremos de poñer o peche destas festas tan ben nos veñen a todos para voltar ó traballo. A noite será dona das seguintes agrupacións: Capitol, e América S.L. Ahí, nesa mesma noite é onde xa vai a ser a pinga que colme o vaso, e onde todos imos a bailar ata rachar coa pana, e mesmo ata o día seguinte, onde os barrendeiros do concello nos han espertar coa xesta nos fociños. Que ninguén pense que os crucenses somos uns borachos, pero o que si somos, e non teño dúbida algunha, somos uns festeiros de moito mandar.
Eu, collo a chaqueta e xa marcho agora para o Castro a tomarlle unha, e ti qué? Vés, ou non?





