Festas de Cabo de Cruz


Festas de Cabo de Cruz. Toda a información sobre as festas de Cabo de Cruz.


Fotos das Festas do Carmen 2010

Luns, 6 de Setembro de 2010 Non hai comentarios

fogosArtificio

Coma o ano pasado, este ano tamén queremos ofrecervolas fotos tomadas nos días de festa de Cabo de Cruz. Ante todo cabe dicir que foron cedidas pola comisión de festas da nosa vila, da man de Mila. Aquí tendes unha boa recopilación do que foron as festas deste ano clasificadas por temáticas como poden ser Xogos Populares, Bolos, Fútbol, etc.

Para poder velas fotos podedes ir dende aquí, ou ben pasarvos pola nosa sección de fotos onde teredes unha morea de instantáneas de diversos ámbitos e clases. Agardamos tamén se alguén ten algunha que outra foto e as quer subir a esta páxina, que contacte con nós a través da nosa sección de contacto ou de calquera outro xeito.

En fin, non vos enredamos máis para que poidades disfrutar das nosas festas en fotos. Agradecer coma sempre a labor de colaboración desinteresada da comisión de festas, pola cesión de todos estes retratos.

Categorias: Festas, Festas do Carmen Temas:

Exaltación do Mexillón de Cabo de Cruz

Xoves, 19 de Agosto de 2010 2 comentarios

mexillon

Se aquí hai algo, iso son festas. Festas do Carmen, festas do Castro, festas de San Xoán e como non podía ser doutro xeito: a Festa do Mexillón. A festa gastronómica por excelencia da nosa vila onde se poderá degustar un producto típico noso, un producto do mar, un producto que nos identifica máis aló das nosas fronteiras.

A festa terá lugar entre mañá sábado día 20 de agosto e domingo día 21. Na primeira xornada desta festa, o mestre Uxío Labarta ofrécenos unha conferencia sobre o mexillón titulada Mexillón: bateeiros e vento. De cara ás 11 da mañá haberá rutas marítimas pola ría a cargo da empresa Caminando por el Mar. Logo, ás 12, o mago Tanito fará uns trucos de maxia para os máis curiosos que se queiran achegar, pero non será ata a unha da tarde cando se comezarán a servir as racións do producto da festa polo prezo dun euro.

Pola tarde, a iso das cinco faránse dúas paellas xigantes e para os máis pequenos haberá festa da espuma, colchonetas e espectáculos de animación infantil. Ás 20.00 horas do día comezará o típico concurso de elaboración de pratos e receitas que teñan como mexillón o ingrediente base, organizado pola Unión. Dalí a unha hora, o Máxico Brais fará a súa actuación Sonrisas Máxicas.

A degustación das paellas feitas á tarde será ás dez da noite a prezo dun euro por ración, pero tamén se volverán a servir mexillóns para todos. Os grupos Reflejos e Mar Davila serán os encargados de amenizar a verbena.

O domingo xa remata a festa, pero ás 11 será a Bandeira Feminina de Traíñas no porto de Cabo de Cruz e media hora máis tarde terá lugar a Bandeira de Traíñas do Concello de Boiro. A degustación dos mexillóns comezará ó redor das 12 do mediodía, cando actuará tamén a banda de música de Boiro.

Ó marxe das cousas que pasarán no muelle, haberá o Roteiro do Mexillón, do que se poderá disfrutar en diversos locais da vila de Cabo de Cruz como poden ser: o Mavi, o Texano, a Abadía de San Enrique, o Centro, os Xubilados, o Malecón e o Esteiro.

Categorias: Festa do Mexillón, Festas Temas:

Fotos das Festas do Carmen de Cabo de Cruz

Mércores, 4 de Agosto de 2010 Non hai comentarios

ProcesionCarmen2010

A pesares de que estas fotos xa estaban na nosa posesión dende fai uns días, non quixemos agardar máis e decidimos subilas. Cabe dicir tamén que foron cedidas por Mary Hermo quen colabora activamente con esta web levando así tamén a web CaboDeCruz.Org.

Agardamos ter máis fotos sobre estas festas, sobor de todo as que sacaron os membros da comisión de Festas do Carmen que nos permitiron colgalas desta web. Pero non quixeramos que isto quedase tan só aquí, senón que agradecemos todo o material que nos poidades pasar como poden ser fotos, videos, entrevistas, reportaxes, etc.

Esta web é para todos vós, para o que coidedes comentar ou plasmar na web. Non seremos nós os que poñamos pegas á hroa de publicar calquera cousa que nos pasedes (sempre dende o respeto e a educación, claro está). E quixera tamén aclarar unha cousa. Se queredes denunciar calquera cousa que pase en Cabo de Cruz ou que vexades que non está ben, podedes facelo sen problema, esta web gardará a intimidade de calquera persoa que o desexe.

Isto cadra con que hai xente que nos di que hai que poñer tal cousa na web, pero que non se atreve a comunicar con nós ou a dala cara para publicar algo. Pois ben, para toda esa xente, non vos preocupedes. Só tendes que ir á nosa sección de contacto, deixarnos o recado, ou ben mandarnos un e-mail co texto e/ou fotos que queredes publicar e sen problema farémolo.

Agardemos que todo isto faga desta web un punto de referencia, un lugar de todos e para todos, algo digno de nós.

Sen máis, un saúdo.

Xoan

Categorias: Festas, Festas do Carmen Temas:

Entrevista a Mila, presidenta da Comisión de Festas de Cabo de Cruz

Xoves, 29 de Xullo de 2010 1 comentario

Directiva

Hoxe temos a honra de contar con Mila, a presidenta da Comisión de Festas de Cabo de Cruz.
Para o que non a coñeza é unha moza crucense que conserva toda a súa xuventude para que cada
ano a nosa vila teña unhas festas do mellor. E ela máis ca ninguén sabe o traballo que dá e
tamén o sacrificio que hai que facer desinteresadamente por e para todos. Dende o seo da
comisión: Mila.

Ola presidenta, qué tal as festas deste ano?
- hola a tod@s!!
Bueno podese decir que ó final, pese as intempestades do tempo, en xeral, os festexos remataron ben, e
con bastante boa aceptación entre a xente. Sabemos que tamen temos críticas, pero eu creo que incluso é
bo que as haxa, claro está, sempre e cando sexan con fundamento, xa que nos axudan a mellorar.

Fainos unha valoración do un ó dez.
- Non podería facer unha boa valoración porque eu son demasiado perfeccionista e cando algo sae mal, sexa pola nosa parte, sexa axeno a nós, non podo valorala ben. Sei que contra o tempo nada temos que facer pero para a miña opinión desmereceu o que tiña vista de ser unha moi boa festa para todos o xoves. A pesar de que ó final todo saeu ben, para min xa quedou marcada negativamente.

Sigue lendo…

Categorias: Festas, Festas do Carmen Temas:

A comisión de festas decide non traer orquestas para o ano

Martes, 20 de Xullo de 2010 1 comentario

É obvio que non vai haber xa máis orquestas posto que esta actuación composta por Samuel e mais Mila, deixarían en evidencia a calquera solista de calquera orquesta. Como vedes neste video, deléitannos cun dos temas do verán como é “El polvorete”, seguido dun máis ca clásico de Pimpinela e para rematar, Mila a unha voz interpreta o single de “Pomba dourada”.

Non podemos contarvos máis, xa que sodes vós os que tendes que ver este video e mandarnos outros moitos videos e fotos que teñades para poder colgar aquí da web. Agardamos o voso material para que estas festas non fiquen aló no esquecemento, senón que perduren no tempo aló a onde vaiamos sempre.

Queremos tamén comunicarlle á comisión si nos podería facilitar as fotos das Festas do Carmen deste ano 2010 para poder poñelas aquí para todos e todas vós. Para elo podedes comunicarvos a través da nosa sección de contacto ou como vós queirades. Moitas gracias de antemán e por todo o que facedes por nós. Gracias comisión!

Categorias: Festas, Festas do Carmen Temas:

As Festas do Carmen 2010

Luns, 19 de Xullo de 2010 Non hai comentarios

festas

Agora que xa case todo rematou, si, case todo porque aínda queda algo, podemos concluír as Festas do Carmen 2010. Todo comezou fai uns días, antes do 16 cos partidos correspondentes de solteiros contra casados e solteiras contra casadas. Seguindo o tema polos xa tradicionais xogos populares, bailes, música, etc.

E por fin chegou o día 15, primeiro día das festas deste ano. Foi un día no que o tempo non acompañou nada, pois a choiva fixo que a xente non se animase moito a baixar ó peirao para poder bailar un pouco e escoitalas orquestas que viñan ese día. Pero xusto ese día, a orquesta Costa Oeste non puido tocar por mor do mal tempo que asolou este día, porén o vindeiro día 23 de xullo estarán en Cabo de Cruz para movernos a todos e poñer música ata caer de cu.

Pero o día 16, a Virxe do Carmen tiña xa todo previsto para que o tempo acompañase na súa saída polo mar nos barcos da vila e tamén todo o día inclusive a noite. Púidose ver un cheo en Cabo de Cruz de cara ás 10 da noite xa, e tamén logo cos fogos de artificio que iluminaron o porto de cara á media noite.

Uns fogos que cada ano son máis espectaculares, e segundo as opinións da dirección desta web, os mellores da redonda. Xa que a idea de botalos dende distintos puntos do peirao, a pesares tamén dos que se botaron dende o mar, fixo desta festa un espectáculo digno de ver onde o lucerío se marcaba na faciana dos alí presentes. Por iso, neste ano damos un 10 ós fogos e agardamos sigan así sempre.

Pero xa de cara entrada a madrugada, os corpos ían cansos e algúns mesmo ían para a casa. Pero non todo era cansancio como ides ver no seguinte artigo que imos mostrarvos. De feito, segundo fontes próximas á comisión de festas, prevese que para o ano non se contraten orquestas para a festa por un motivo que ides poder ver mañán nesta web a iso das 12 do mediodía.

Dende esta web, tamén queremos facer público o apoio incondicional dunha veciña de Cabo de Cruz, dunha persoa que dende que nacemos xa fai máis dun ano, sempre estivo ó noso lado. Dándonos noticias de todo tipo, informándonos de todo e facendo deste lugar algo vivo. Un exemplo de lectora deste recuncho adicado a vós, ós crucenses. Trátase de Mary Hermo, sen a cal isto estaría un pouco máis decaído, sen a cal isto non sería o mesmo. Por iso mesmo, queremos dicirche Mary, moitas gracias pola túa axuda e agardamos que sexa de por sempre. Gracias!

Categorias: Festas, Festas do Carmen Temas:

Xa se palpan as Festas do Carmen 2010

Xoves, 15 de Xullo de 2010 3 comentarios

virxe-do-carme

Hoxe a iso das 09:00 am xa se podían oír as primeiras bombas na honra das nosas festas do Carmen. Xa está todo preparado, xa non hai volta atrás para dar comezo á mellor festa da redonda e temos que acudir todos hoxe a un grande espectáculo no peirao de Cabo de Cruz.

Como xa se dixo na presentación do programa das festas nesta web, vai a haber de todo: bailes, música, xogos, orquestas, misas, procesión, entretementos, etc. Todo isto para que os crucenses o pasemos o mellor posible no día da nosa patrona: a Virxe do Carmen.

Porén, dende CaboDeCruz.Net queremos animarvos a todos e todas a participar no máis que poidades e a disfrutar na nosa vila. Sabemos que moitos e moitas de vós hoxe mesmo tendes que traballar, e mañá seguro que tamén (os que traballen fóra), pero para un evento de tal calado, sempre hai un esforzo a maiores, un recuncho onde podemos dicir: “Hoxe vou á festa da miña vila“.

Asi que xa sabedes, vémonos todos na festa, nos xogos e sobre todo nas orquestas que nos traen este ano, que son do máis selecto do panorama musical galego. De seguro que imos disfrutar todos destes días en familia, cos amigos e amigas e en boa compaña.

Queremos tamén agradecerlle sempre ós membros da comisión o seu esforzo durante todo o ano para que isto sexa posibel e para que todo saia tan ben coma outros anos. Sabemos que para a semana xa comezan os preparativos para as festas do ano que vén, por iso dende esta web queremos darvos ánimo e forzas para todo o traballo feito e por facer.

Categorias: Festas, Festas do Carmen Temas:

Crónica do partido: Solteiros vs Casados

Domingo, 11 de Xullo de 2010 2 comentarios

futbol

Todo comezou a iso das 7 da tarde no campo de fútbol de Valiño cando chegaron os solteiros para enfrontarse ós casados nun partido que deu moito de si. Algúns dos compoñentes dos equipos eran, por parte dos solteiros:

Ander, Elías, Leisy, Marcos, Taja, Mara-J, Adri, Yosi, Super, Uxio, Prol, Peche, Porrón, Candiño, Cimpi, Samu e algún máis.

Colexiados: Benjamín, Rauliño e Sicuta (ou algo así) de linieres.

Por parte dos casasdos:

Mingos, Manolo, Lomba, Japi, Román, o Pajero, Juan, Faxán, etc.

Como podedes ver, non nos acordamos de todos os que xogaron, asi que si queredes comentar e anotar cousas que se nos poden escapar, non dubidedes en entrar e comentar.

Todo comezou coma un partido aparentemente normal, cando no descanso iamos xa cun resultado de 1 – 1, nada en comparación co ano pasado. A tarde estaba moi soleada, polo que refrescarse e facer algún ca outro cambio nunca viña de máis. Pero na segunda parte caldeouse o ambiente e as tornas cambiaron.

Tras unha arbitraxe máis ca dubidosa do árbitro en funcións comezaron as protestas e os piques. Dunha simple protesta pasouse a palabras maiores e dahí case ás mans. Co cal o partido foi suspendido cando faltaban tres minutos para a súa conclusión. Isto débese a que a xente tómase este partido coma se lle fose a vida nel e non coma un partido entre veciños que se fai únicamente para pasalo ben e rirse un pouco.

Cabe dicir que despois de moitos anos, os solteiros fixémonos coa victoria nun campo tremendamente difícil onde o ano pasado xa perderamos por 6 ou 8 a dous (unha pallera por parte dos casados). Este ano, os campións foron os solteiros gracias ó xogo de Adrián que fixo dous tantos a favor dos solteiros, un deles de falta directa á escadra.

Despois os goles dos casados marcáronos Román e Japi de penalti máis ca dubidoso. En fin, un encontro que polo xogo estivo bastante ben, pero polo resto deixou moito que desexar sobre as actitudes dalgúns xogadores e árbitro.

Agardamos que para o ano que ben isto non se convirta en algo persoal nin moito menos, xa que a deportividade e o ser ben levados non custa nada, e para máis en época de festas como son as Festas do Carmen de Cabo de Cruz.

Categorias: Festas, Festas do Carmen Temas: