Sigue nuestro Feed RSS   CabodeCruz en Facebook   CabodeCruz en Twitter  
Xuñ
29

Cando un deporte deixa de ser un deporte

f1

Escribo isto aquí porque estou totalmente indignado cun deporte que sigo dende fai bastante tempo e isto fágoo dende a miña posición de espectador e non de administrador. Trátase da fórmula un. Todos sabemos que este é un deporte onde se moven moitos millóns de euros, existen moitos intereses tras cada pequeno xesto e sempre pode haber unha man negra detrás de todo. Pero a pinga que colmou o vaso foi neste pasado Gran Premio de Europa na cidade de Valencia.

Todos os que seguimos este deporte día a día, sabemos quen é Lewis Hamilton: un trampulleiro. Todos acordamos como nun grande premio con chuvia, onde se saíron da pista uns catro ou cinco coches, de súpeto sae unha grúa que o pon na pista a el só. Todos acordamos a etapa cando Fernando Alonso, bicampión mundial, comparteu escudería co inglés tivo un trato moi diferente ó del. Todos acordamos cando tras unha carreira, e logo do envío dun vídeo dun afeccionado, a dirección de carreira tivo que sancionar a este piloto. Todos acordamos un Gran Premio de Brasil cando por arte de maxia o piloto Timo Glock perde 30 segundos nunha volta para que gañe o mundial Hamilton, etc. En fin, e podería seguir así ata aburrir do feixe de trampas e sospeitas que se lle permiten a este piloto ó longo da súa etapa na F1.

Pero a deste domingo foi máis alá. Sitúovos: accidente espectacular de Mark Webber no que podería perder a vida facilmente debido ó golpe levado. Non se sabe como sae o coche de seguridade ou safety car e detrás del o coche médico ou medical car para atender ó piloto de Red Bull. Pero isto todo está dirixido por un monigote chamado Charlie Whiting que mete ó coche de seguridade detrás de Sebastian Vettel (cabeza de carreira) e diante de Lewis. Como todo piloto sabe, ó safety car non o pode adiantar ninguén excepto o fillo pródigo: Lewis Hamilton, cousa que fixo en contra da normativa.

Pero non foi así cando Alonso cumpriu as normas perdendo uns cinco ou seis postos deixando pasar a tal coche. Pois ben, o que fai a dirección de carreira é despois de deixar pasar ó pé de 20 voltas e darlle tempo ó inglés a gañar metros entre o seu predecesor, mételle un Drive Through que non lle afecta en nada ó piloto de McLaren. Pero si ó resto de pilotos que lles meteron cinco segundos trala carreira e non en tempo de voltas como deberían. Este feito pode decidir claramente un campión do mundo, que todo apunta a que este ano será o inglés de McLaren, xa que aquí o que ten padriño bautiza e o que non queda sen nada.

Isto indica que o sinal de televisión está controlado por Bernie Ecclestone, ou sexa que todos vemos o que el quer que vexamos, e logo o señor Whiting decide el mesmo as normas, xa que neste deporte non existen. Ou mellor dito fanse despois de que Hamilton as incumple (caso dunha inmerecida Pole Position en Canadá por quedar sen combustible). E quero chegar ó punto de que todos estes infractores son ingleses que se cubren as costas entre sí e que barren sempre para a casa emporcando a imaxe da F1 en todo o mundo.

Obviamente tódolos xornais do mundo excepto os ingleses, poñen a estes personaxes coma uns tramposos e uns falsos que están facendo deste emocionante deporte, algo digno de apagar a televisión.Dende aquí e dende a Asociación do motor do Barbanza queremos mandarlle ánimo ós pilotos españois: Fernando Alonso, Pedro Martinez De La Rosa e Jaime Algersuari. Ánimo!




Artigos relacionados :

• Noticias relacionadas en: Notas de prensa, Novas

Recibe tódalas novas no teu correo: