Sigue nuestro Feed RSS   CabodeCruz en Facebook   CabodeCruz en Twitter  
Abr
20

Candidatura en solitario de Carlos Rodríguez Muñiz á ABE

urna

Será mañá ás 19.30 cando remate o prazo de presentación das candidaturas á presidencia da Asociación Boirense de Empresarios (ABE) e de momento tampouco houbo alternativas ó actual presidente. Ó parecer, cando menos en público, non hai ninguén que queira coller os mandos da entidade para os dous vindeiros anos e tódalas espectativas apuntan a este home.

O xoves serán celebradas as eleccións nunha asamblea que vai ter lugar no novo local da ABE, tal e como se plantexou na xuntanza do pasado día 6 onde se convocaron os comicios e se tratou de emitir a situación da economía da ABE. Tamén se espuxeron os balances das actividades feitas durante o pasado ano.

As explicacións dadas por Carlos Rodríguez en canto á súa nova presentación foron que aínda lle quedan uns proxectos por rematar da súa primeira etapa. Segundo as súas afirmacións, son proxectos coma por exemplo, o centro de formación que aínda non se puxo a andar. Pola contra, aínda non se escoitou a ningún outro empresario que quixera tomar as rendas da entidade e todo apunta a que vai ser Carlos o vindeiro presidente da entidade.

Dende aquí tamén queremos animar ós empresarios do Cabo da Cruz a que se animen e se anuncien para representarnos tamén nunha entidade importante como é a ABE. Pero sendo así o transcurso das cousas, estamos seguros de que Muñiz vai facer un bo papel no lugar que vai ocupar.




Artigos relacionados :

• Noticias relacionadas en: Notas de prensa, Novas

Recibe tódalas novas no teu correo: