Campaña de Normalización Lingüística na Cachada

Colección Megatoxos
No día de hoxe terá lugar unha campaña pola normalización lingüística dirixida ó estudantado do concello na Casa da Cultura de Boiro. Será toda unha oportunidade para que os alumnos se familiaricen co idioma, coa cultura, e tamén coa arte que supón crear un libro. Agárdase que os alumnos procedentes do Cabo da Cruz se sintan acollidos por estas actividades para fomentar a súa riqueza lingüística e cultural.
Os afortunados serán os alumnos do IES nº1, o instituto da Cachada. A editorial A Nosa Terra é a entidade que promove este evento cunha charla debate entre os estudantes e o autor dun libro da colección Megatoxos. A idea é que o autor lles ilustre ós mozos a maneira de crear un conto, de crear personaxes, de darlles vida, e facer con todo isto a historia final.
O autor verase apoiado polas novas tecnoloxías para facer a exposición das súas ideas, e finalmente os asistentes recibirán un agasallo da colección Megatoxos.
| Tuitear |
|
Artigos relacionados :
Temos a día de hoxe na Casa da Cultura de Boiro unha exposición documental sobre o noso idioma g ...
Nas axudas da Xunta de Galicia ó idioma galego deste ano, o orzamento veuse mermado nun 35%. ...
[caption id="attachment_1139" align="alignright" width="400" caption="Un cadro? Unha foto?"][/ca ...
Como todos sabedes e dende fai xa tempo, o día de onte, 21 de xaneiro do 2010 foi un día en ...
Seguindo coa promoción do noso idioma, e tendo esta ferramenta chea de contidos, de saberes e de ...


