Camisetas das festas do Carmen 2009
Coma todos os anos a entidade organizadora da Festa do Carme 2009 de Cabo de Cruz xa ten á venda as camisetas para recadar fondos e para que as persoas que as merquen teñan un recordo sempre destas datas, que cada ano se celebran na vila de Cabo de Cruz.
As camisetas serán en varias cores:
* Cyan (Azul)
* Tejano
* Chocolate
As tallas son as seguintes:
* Para os cativos dende 1 ano en cores Cyan (Azul) e Verde Manzana.
* Talla S
* Talla M
* Talla XL
* Talla XXL
Coma sempre terán un debuxo que este ano será toda un sorpresa, así que, xa saben, para velo terán que mercar estas camisetas, xa que o prezo é coma tódolos anos.
¿E eu cómo podo conseguir unha?
Hai que porse en contacto coa ASOCIACIÓN DAS FESTAS DO CARME DE CABO DE CRUZ que se reunen no antigo local da Unión (ao lado do bar dos xubilados).E tamén estan á venda no Salón de Belleza FLOR sito no Mavi (Agarimo 99 – 3ºA) – Cabo de Cruz. Todo aquel que queira a súa camiseta, tampouco terá problema en conseguila si se acerca a algún evento das festas onde de seguro ha de haber alguén que lla poida entregar, ou mesmo indicar cómo conseguila.
Lembren que isto é unha maneira máis de colaborar con nós e de ter un bo recordo destas festas que ano tras ano van sendo máis coñecidas en toda Galicia.
Artigos relacionados :
Tiven a sorte de ver o diseño das novas camisetas das Festas do Carme 2009, e a verdade é que en ...
Nas festas do Carmen, como non podía ser doutro xeito, os de Cabo somos e seremos máis feste ...
Hoxe a iso das 09:00 am xa se podían oír as primeiras bombas na honra das nosas festas do Ca ...
Boas tardes benqueridos amigos da comisión de festas, quixera facer a seguinte proposta xa comen ...
Tamén se deixan ver as festas de San Xoán. A isto voulle dar certa importancia, xa que os ...




