Sigue nuestro Feed RSS   CabodeCruz en Facebook   CabodeCruz en Twitter  
Mar
03

CaboDeCruz.Net atopa a solución ós pasos elevados

Bueno, bueno, bueno, xa vexo que o tema dos badéns é un tema delicado no Cabo da Cruz, pois nunca un tema dera tanto de sí, polo menos nesta web. Vin as diversas opinións da xente desta web: Porrón, Terra Barbança, Alber, Certo, etc. E agora vou a propoñer eu a solución a todo isto. Trátase dun radar de última xeración co máis sofisticado sistema de mobilidade. Pode coller tanto ós coches que veñen coma ós que van, non hai quen se poida librar desta máquina. Sen máis, déixovos co video:

Tamén agradecerlle a José Antonio Cortizas Vázquez, de Mugardos, que nos informou da existencia deste simpático video que podedes ver.

Agardo que con isto, o concello saiba de que existe este sistema máis barato e moi eficaz que de seguro vai frear ós coches pero de golpe. Poderíase poñer no medio dun radar destes un real para que a xente se deteña en todos. Isto supón unha solución e a creación de novos postos de traballo.




Artigos relacionados :

• Noticias relacionadas en: Curiosidades, Novas, Obras e Proxectos

Recibe tódalas novas no teu correo:


  • Porrón

    Está moi ben,jaja.

  • Terra Barbança

    Si, é graçoso. Recorda-me a um experimento da polícia em Russia, que figeram um carro de polícia de cartom e o colocaram à beira da estrada, todos os carros pissavam o freio nos primeiros dias,…despois já nom.

  • Xoan

    A verdade é que si, eu a primeira vez que o vin escachei a rir. Xa me estou vendo co radar ó lombo e a grabar pa youtube… Os ianquis tamén poñen así axentes de cartón para facer o mesmo efecto. E xa sabedes, que se tendes algún video así coñero ou do que queirades, avisade que o poñemos sin problema. Agora teño algo de présa, pero dentro de pouco vou poñer outra nova dos badéns.. E a crónica tamén que esta semana xa vai algo pasada de tempo!!
    Un saúdo a todos e grazas por andar por aquí. Alégrame que vos interesan estes temas que se tratan.
    Saúdos!