Comentarios en: Cabo suena fuerte en Boiro

Por: Xoan
Benquerida Mila, son de agrademento as túas aclaracións sobre o acontecido nas nosas festas como compoñente da comisión. Neste mundo de Diós haiche de todo e para todo. Como podemos comprobar cos redactores do xornal «La Voz de Galicia». Eu, sen saber a veracidade dos feitos, tan só me limitei a colgar as novas que ían saíndo no xornal para que a xente tivese a comodidade de lelas na nosa web.

A miña primeira idea é eliminar por completo un artigo que nos pón de burlóns, ou di que houbo erros onde non existiron. Pero quero tamén que todo o mundo vexa que un periódico que vende tanto, erra coma o que máis. Sería de agrado que esa nova se retirase do xornal e se pedisen desculpas pola «trola».

Lendo agora este comentario tamén din que era a «Lonxa do Castro». Non sei ata que punto o Castro ten lonxa, pero sería axeitado dicir a Lonxa do Cabo da Cruz ou a Lonxa da parroquia do Castro, pero nunca a «Lonxa do Castro». Isto vén dado pola xente que redacta unha noticia sen saber moito por onde tirar, e ademáis dicindo cousas que nin se saben, nin se consultan, nin se afirman rigurosamente como pode ser unha nova dun xornal.

En fin, agardo Mila, que esto non enturvie o excelente traballo realizado por vós, xa que o que non se pode discutir é que este ano tocáchedes o ceo con todo o que fixéstes. A meirande parte dos crucenses de seguro vos están agradecidos, e incluso vos admiran agradablemente.

Agardo ver a túa entrada na sección de opinión da Voz de Galicia para que todo o mundo saiba o que aconteceu de primeira man. A min encantaríame poñelo, pero quen sabe do tema es ti (ou vós), e penso que todo o mundo merece saber o que fan os medios en moitas ocasións, e noutras moitas o que tragamos sen ter conta da verdade.

Quixera tamén pedirche dende aquí esas fotos das actividades (partidos de solteiros contra casados, partida de bolos, xogos, festas, etc.) e todo o que queiras mostrar das festas, xa que eu persoalmente non puiden acudir todo o que quixera por motivos persoais. Agardo que a nosa imaxe quede reflectida nesta web onde todo aquel que queira saber algo máis de nós, vexa en Cabo un lugar a onde vir sempre.

Un saúdo e grazas pola aclaración!!

Por: mila
Boas tardes!. Son unha compoñente da comisión de festas do Carme do Cabo da Cruz e quixera facer unha pequena puntualización pola nota de prensa que saleu na voz de galicia o día 18 de xullo, xa que tivemos algunha queixa dalgunha xente dirixindose a nos como si fosemos os autores de dita nota.

Non me parece apropiado afirmar que todolos veciños de cabo nos mofamos, ou que tiñamos unha sonrisa retranqueira falando das festas de boiro, porque non é así. A min personalmente non me parece que sexa motivo de risa que unha comisión traia unhas orquestas ou outras, cada unha ten unha forma de organizar as festas do seu pobo, que non quere decir que sexa nin mellor nin peor. Decir tamen que efectivamente haberá quen dixo » para boas orquestas xa estará Cabo de Cruz » pero podo asegurar que non só foi xente do Cabo da Cruz, eu tiven ocasión de escoitalo por algún que outro sitio pero non en cabo, senon que en varias parroquias. Pola parte que nos toca a comisión enorgullecenos saber que hai xente que fala ben da nosa festa pero nunca a costa de falar mal de outras. Por eso non me gusta esa imaxe que lle estan dando ó pobo de Cabo de Cruz (que por suposto nos engloba a comisión de festas) de burlons e retranqueiros.

Outra cousa que quería aclarar é o da orquesta Panorama. Non porque quede manchada a imaxe da organizacion nin da festa nin da orquesta, nin moito menos, senon porque me sinto indignada por como unha noticia pode ser ata certo punto ser inventada, ou tomada de moi malas fontes. «El guión no fue perfecto», non sería perfecto si todo o que ven a continuación neste parrafo fora certo pero non é así.

En ningún momento tiña que abrir fogo á noite de música a Panorama. A orquesta tiña musica de fondo e nas pantallas pasaban imaxes de Michael Jackson mentres non daba comenzo a verbena, xa que dende o momento en que as orquestas estaban estaban montando os seus escenarios foilles comunicado que abriría a noite Olympus, e pecharía co último pase a Panorama. A pequena demora de tempo que houbo foi por petición expresa do cantante da Olympus á comisión de festas, xa que quixo esperar un pouco mais do debido para que estivera o campo da festa cheo de xente para arrancar co seu espectaculo.

A miña intención con estas palabras non é a de atacar á persoa que escribeu a nota de prensa senon de decirlle que cando se escribe unha noticia debería contrastar a información cas fontes adecuadas, e gustaríame que se retractase das cousas que escribeu e dou por certas cando realmente non o son.