Sigue nuestro Feed RSS   CabodeCruz en Facebook   CabodeCruz en Twitter  
Dec
16

Cabo de Cruz B 3 – 4 Ribasar

A crónica deste partido chegou hoxe ás dependencias de CaboDeCruz.Net por parte dun xogador do plantel que nos ofrece unha visión deste partido. Aquí vos deixo cun bo resumo do que foi o Cabo de Cruz B – Ribasar onde os nosos quedaron ás portas da victoria unha vez máis:

O último partido xogado polos nosos xogadores, tivo un final que a máis de un lle puxo os pelos de punta. O partido comenzou cunha primeira metade cun xogo fulminante do equipo visitante que chegou en escasas ocasions á porteria defendida por Josito, pero cando o fixeron foi con moita eficacia posto que materializaron tres goles nesas tres chegadas. Na primera metade tamén nós fomos quen de marcar un gol por media de Óscar (Cosita) que marcou de penalti, logo dunha man na área do Ribasar.
Pero despois deste 1-3 o descanso e o berro correctivo do mister Fachuco, veuse un Cabo de Cruz con máis fame, pero que aínda por riba tivo que xogar a contracorrente, xa que nada máis empezar a segunda metade volveu marcar outro o equipo visitante pero isto non parecía unha pedra no camiño,senón que o noso equipo saíu con máis ansia, o malo é que ó final quedouse ás portas debido a que o tempo de xogo lle quedou pequeno.
Tralo mal comenzo da segunda metade, na saída dun corner, foi Ammi o que conseguiu poñer o 2-4 no marcador e botar arriba o equipo, que cada vez achuchaba máis. Ós dez minutos antes de rematar o partido era Pechu o que poñía o 3-4 no marcador e enloquecía á afección. A afección cos pelos de punta veu como o empate se esvaecía nun centro perfecto de Balteiro que Finidi non soubo aprobeitar xa que o seu golpeo deu no lateral da rede.
Nesta derrota con sabor amargo, veuse como o noso equipo é capaz de darlle a volta a un marcador claramente adverso e isto pode ser positivo para posteriores partidos, asi que ANIMO XOGADORES!!!!

A formación que nos defendeu neste partido estaba composta por:

  • Gardamallas: Josito
  • Liña defensiva: Chapa-Ammi-Adrian-Rabiso
  • Medio do campo: Risi-Balteiro-Buda-David
  • Ataque: Finidi-Cosita

Tamén xogaron: Nardo, Michael e Pechu.

A clasificación tédela no anterior artigo desta sección do fútbol do Cabo da Cruz. Podédela ver aquí.




Artigos relacionados :

• Noticias relacionadas en: Fútbol Cabo da Cruz, Novas

Recibe tódalas novas no teu correo: