Cabo de Cruz B 0 – 1 Dodro
Para non saturar de traballo ó noso comentarista deportivo, a crónica deste medio encontro vou facela eu e deixo para Porrón a crónica do encontro deste domingo. Aquí a crónica:
Logo de quedar ás 15.30 en Valiño para o partido, coma sempre, Fachuco chega tarde con boas novas: non temos roupa porque ninguén avisou a Benjamín nin a Begoña de que tiñamos partido, co cal houbo que ir a coller unhas chaves para poder abrir e coller as cousas que facían falla. Pero chegou, o noso míster, chegou.
Despois de que os visitantes xa estaban cambiados e saísen a quentar, os nosos aínda sen cambiar para xogar o partido. Pero de contado nos vestimos e saímos a por todas neste medio partido que quedara por xogar por mor dunha doenza que tivera o árbitro no día que tocaba xogalo dito encontro. Daquí que só se xogase a segunda metade, ou sexa, os 45 minutos que quedaban. O obxetivo era cando menos manter o empate a cero e a poder ser tratar de marcar.
Para a sorpresa de todos, Fachuco quixo pecharse atrás e non arriscou coas liñas de xogo, poñendo por diante da defensa a Buda cortando os balóns perigosos do escadrón rival. Isto custounos coma sempre a derrota, xa que a un partido nunca se debe de levar un pensamento de inferioridade baixo ningún concepto, e a clara ocasión de demostrar o que valemos nesa metade de partido era botar toda a tallada ó asador e levalo partido. Para isto o esquema sería dun tres – catro – tres dende o comezo.
Pero o Dodro viña a por todas e púxonos contra as cordas nos primeiros momentos de partido abasallando á nosa defensa en diversas ocasións e poñendo en apuros a Josito. De momento Adrián e Ami marcaban a firmeza dos balóns aéreos e controlaban o xogo nos contragolpes ata que… Coma sempre, nunha xogada de saída da defensa para tentar deixar en fóra de xogo ós dianteiros, o árbitro non pitou o que podería ser fóra de xogo ou non. Entón o dianteiro non tivo máis ca entrar ata a cociña e nun pase ó área remataron e bateron a nosa portería. Pero este non sería o único gol.
E como non podía ser doutro xeito, os colexiados axudando sempre ós de arriba. Nunha falta sacada cun toque maxistral de Adrián, os nosos atacantes saltaron de cara ó balón cando o porteiro rival teatrou unha falta fóra da área pequena e no rechace marcamos o gol que nos anulou o colexiado cando podiamos ter o partido aínda aberto. O árbitro alegou que viu un brazo de cor verde que empurraba ó porteiro, palabras textuais do colexiado. Pero o que hai que pensar é que para ser árbitro o único que fai falla é aguantar que che chamen de todo, xa que sentido común e visión do partido hai pouca.
Pero o partido aínda dou máis de si. O Zimpi, que non pode tomar bebidas enerxéticas antes do partido, armoulla ós contrarios. Todo se converteu nunha zaga de insultos, recordatorios ás nais dos xogadores e patadas sen balón. Nunha destas patadas, ó noso amigo do Campo custoulle unha tarxeta amarela que podería ser vermella con toda claridade. Nese momento Fachuco tratou de poñer un pouco de calma no equipo para que o tema non chegase a máis. Dende aquí queremos pedirlle ós xogadores, que se queren armar barullo que o fagan cando remate o partido, xa que cunha expulsión perxudicarían a todo o equipo. Para vindeiros encontros pedimos calma e sentidiño no terreo de xogo. E ánimo Zimpi, que vales para moito máis que para encenderte cos rivais. Demostra o que sabes. E isto vai para todos.
Aliñación titular:
Gardamallas: Josito
Defensa: Chaparrito – Adrián – Ami – Richi
Entre liñas: Buda
Medio do Campo: Finidi – Balteiro – Cosita – Zimpi
Dianteira: Andoni
E como de momento, por ser este un partido atrasado, pois aínda non temos clasificación para mostrala. Agardamos que ahí polo mércores, cando os xornais poñan xa os resultados das ligas, poidamos ofrecervos a crónica do partido qeu se xoga hoxe en terras do Dodro coa crónica de Porrón.
Artigos relacionados :
Unha nova derrota que emporca os resultados do noso equipo de fútbol do Cabo da Cruz. Esta vez s ...
Sentimos que esta crónica chegue tarde, sobor de todo para a xente que nos sigue por aquí e que ...
Parece que os nosos xogadores deron renda do seu xogo colleitando un empate na casa frente ó C.D ...
Bueno, bueno, bueno... Xa era hora de que nos desen unha alegría os Reis Magos de Oriente. E ...
Un pouco máis tarde do normal, pero xa temos aquí a crónica do partido da semana pasada. Como no ...




