Cabo de Cruz 1 – 2 Puebla
Tarde agradable de sol que cubría o estadio de Valiño cando se enfrontaron os dous equipos da bisbarra do Barbanza polos cuartos de final da Copa do Sar. Foi un encontro do máis igualado durante todo o tempo, pero finalmente a victoria caeu para os da Pobra por un resultado de 1 -2.
Copa Do Sar
Despois dos primeiros cinco minutos xa se podía observar que o campo estaba fatal para a práctica do fútbol, pois os botes do balón eran demasiado imprecisos para un clube que ascende á 2ª autonómica. Pero isto era así para os dous equipos enfrontados.
A primeira clara ocasión foi para o Pobra a través dun penalti un tanto dubidoso pitado polo linier. Pero o que non sabía Cheché era que Cristian xa sabía por onde ía ir o esférico. Tras aguantar ben o lanzamento do dianteiro, o cancerbeiro fixo unha estirada para botar o balón a córner e salvar o que podía ser o primeiro gol do Puebla.
Uns intres despois, a maxia de Babaká desbordou a banda cuns regates en velocidade e bateu por debaixo ó porteiro visitante nunha definición maxestuosa do xogador estranxeiro. Isto poñía o 1 – 0 no marcador, pero o partido seguía na mesma dinámica de igualdade e os pobrenses non se deron por perdidos nin moito menos. Chegábase así ó descanso.
Pero o equipo visitante saíu moi concienciado para esta segunda metade na que tras un fallo da defensa por mor de deixar ó dianteiro en fóra de xogo, provocou unha saída e despexe de Cristian que foi aproveitado polo dianteiro para marcar case a portería baleira. Isto poñía as condicións moi igualadas para ambolos dous escadróns co 1 – 1.
A medida que ía pasando o tempo o Cabo de Cruz ía pagando a factura da forma física polo que Juancho tivo que botar man do banquiño facendo os cambios: Nolo por Óscar, Chiqui por Romero no minuto 70 de partido e cinco minutos máis tarde deulle entrada a Siti por Toño (alegando unha doenza). Pero o partido non ía quedar así, xa que nun asedio á defensa do equipo local, os da Pobra lograron adiantarse no marcador a través dunha boa xogada que lles deu a victoria final.
Os crucenses afirman que a eliminatoria aínda non está pechada nin moito menos, xa que un resultado cunha diferencia dun gol é case totalmente un partido aberto para os dous equipos e aseguran que no Campo da Alta van a ir a por todas sen dúbida algunha.
Agardamos que sexa así e que o equipo da nosa vila acade ese valioso pase a semifinais para estar máis preto do título da Copa do Sar.
| Tuitear |
|
Artigos relacionados :
Sentimos que esta crónica chegue tarde, sobor de todo para a xente que nos sigue por aquí e que ...
Novo fiasco en terras crucenses para o noso equipo, despois dunha derrota por tres a cero ante o ...
Parece que os nosos xogadores deron renda do seu xogo colleitando un empate na casa frente ó C.D ...
A crónica deste partido chegou hoxe ás dependencias de CaboDeCruz.Net por parte dun xogador do p ...
Os equipos do Cabo da Cruz e mais o Sálvora, son os únicos que están aínda invictos no torne ...


