Cabo da Cruz na Bandeira Teresa Herrera

Tralo inesperado final da anterior regata que nos privou do pase á liga estatal, o Cabo da Cruz xógase esta semana en augas coruñesas a Bandeira Teresa Herrera co gallo de manter o temón da Liga Galega.
Ás 18:30 desta tarde dará comezo a primeira manga desta regata nunha contrarreloxo coas embarcacións distanciadas un minuto unhas doutras á saída. Deste xeito, a embarcación rianxeira será a primeira en saír, mentras que os crucenses botarán a cancela ás saídas tendo as referencias tomadas dos seus rivais.
A segunda serie do torneo, prevista para o día de mañán ás 11:30, terá lugar sobre un terreo con tradición como son tres ciabogas e catro longos, e coas quendas configuradas segundo os postos da clasificación. O campón desta regata, será o que logre parar o reloxo máis de contado entre hoxe e mañán.
Cabo da Cruz supera en seis puntos ó Náutico de Vigo cun total de 114, namentres que os vigueses acadan a cifra de 108. Vendo que ambalas dúas embarcacións suman tres victorias, a tripulación dirixida por Gustavo Vázquez Torrado, leva o campionato con máis regularidade cós vigueses, que suman dúas pratas, pero ningún bronce. Tamén así, os de Vigo teñen como peores postos a quinta e sexta praza, cando os de Cabo tan só teñen dúas cuartas prazas como peor resultado.
Na Eusko Tren feminina, a Galicia Rianxeira do Rías Baixas, presidida por Benigno Silva, rema este fin de semana en Zumaya (hoxe) e en Guecho (mañá). A traíña, con seis remadoras de Cabo, é líder por diante de Guipúzcoa (15-12).
Fonte: La Voz de Galicia
| Tuitear |
|
Artigos relacionados :
A luz ó final do túnel xa se ve... Hoxe, a iso das oito da tarde dará comezo o campionato galego ...
O escadrón de Cabo de Cruz saldouse cunha medalla de bronce en augas de Cangas do Morrazo po ...
Seis remeiras do Club de Remo do Cabo da Cruz integran parte da embarcación do Club Rías Baixas ...
Esta tarde a las 18.30, se pondrá en juego en las aguas de Caranza la veintinuna edición de la B ...
Los equipos gallegos terminan este fin de semana el periplo por la margen norte de la ría que em ...


