Cabo da Cruz cede o pase galego a Tirán en Moaña

Final inesperado… A traíña do Cabo da Cruz cedeu o título galego acadado o ano pasado no territorio de Tirán, en Moaña, onde os de Tirán remataron coa esperanza crucense deste ano.
Malia que remaron en tempos parellos ós das últimas regatas do campionato, a tripulación vermella viuse mesmo superada por embarcacións de tandas de menor peso, cousa que fixo que os crucenses obtivesen un quinto posto definitivo na táboa xeral. Este quinto posto déixanos fóra do pase á categoría estatal, onde se disputa a tan prezada bandeira.
Clasificación de tempos:
1. Tirán, 19.36.53;
2. Samertolameu 19:45.72;
3. Mecos, 19:54.72;
4. Chapela, 19:56.06;
5. Cabo dá Cruz, 20:10.88;
6. Amegrove, 20:17.81;
7. Náutico de Vigo, 20:33.53;
8. Vilaxoán, 20:35.91.
Influencia do vento
Os ventos das augas de Moaña, non foron decisivos nos resultados da regata de onte onde a tarde quedou de bo ver para a práctica do remo. Ainda que sopraba un pouco, esta influencia era de carácter frouxo, tal coma para influir no resultado do certame.
Fonte: La Voz de Galicia
Artigos relacionados :
A luz ó final do túnel xa se ve... Hoxe, a iso das oito da tarde dará comezo o campionato galego ...
No hay tregua en la Liga Galega de Traiñeiras. Las catorce embarcaciones encaran esta tarde (1 ...
Todo un orgullo para a hostelería do Cabo da Cruz ter un local coma este para poder disfruta ...
Como non podía ser doutro xeito, a dirección desta páxina web de CaboDeCruz.Net quer mostrar ...
Esta tarde a las 18.30, se pondrá en juego en las aguas de Caranza la veintinuna edición de la B ...





Dende o meu ver, penso que estes homes que onte non gañaron o pase en Moaña merecen toda a nosa admiración como deportistas e como persoas que son, as cales nos levan dando tantas alegrías e sorpresas. Son os que cada día fan que se fale de nós, do Cabo da Cruz, por toda a rexión, e tamén nos medios de comunicación.
Dende Cabo, ánimo campións!!