Sigue nuestro Feed RSS   CabodeCruz en Facebook   CabodeCruz en Twitter  
Set
02

Cabo da Cruz: Campións galegos de remo ¡¡¡NORABOA CAMPIÓNS!!!

remo

Quixera dende aquí, e como non podía ser doutro xeito, felicitar ó máis alto nivel do remo nacional e estatal. Unha vez máis, os nosos remeiros son os campións galegos, son os galácticos da traíña, son o máximo que se pode aspirar deste deporte.

parabens

Non hai unha semana que falei con Gustavo, e díxenlle que iso estaba virado. Alégrame saber que as miñas verbas, antes de remar, foron unha realidade.  A verdade, non me esperaba menos. É unha honra ter a esta xente que pasea o nome do Cabo da Cruz por toda a xeografía e aló a onde chegan.

Este xoves, está tamén nas vosas mans a Bandeira da Concha de San Sebastián, onde penso que ides desenvolver un moi, pero que moi bo papel. Dise tamén que o patrón da vermella é un mozo de 17 anos… Case nada para este rapaz, que dirixe a xente que o dobra en idade. A este mozo, ánimo campión, xa que a embarcación leváchela polo bo camiño, e tanto ti coma tódolos remeiros sodes os mellores.

traiña




Artigos relacionados :

• Noticias relacionadas en: Clube de Remo, Novas

Recibe tódalas novas no teu correo:


  • Marita

    Felicidades campions!!!