Sigue nuestro Feed RSS   CabodeCruz en Facebook   CabodeCruz en Twitter  
Xan
19

Cabo da Cruz B 2 – 1 Bugallido

Primeiramente agradecer a crónica do noso comentarista deportivo Porrón, pero co seu permiso vou poñer unha crónica dende unha perspectiva persoal pola asistencia a dito encontro. Dicir tamén que o partido foi un dos mellores que se viu do noso equipo e onde souberon estar á altura dun Bugallido que viña a por todas.

Chegando ás 15.30 da tarde xa se palpaba que era un día de partido en Valiño, pois tanto os visitantes coma os locais estaban xa no estadio agardando a recibir as últimas instruccións dos técnicos e tamén cargando as pilas para xogar o encontro. Na charla previa ó encontro vimos a un Fachuco un pouco farto de que non se lle preste atención cando el está falando, pois hai veces que cando fala parece que non se lle atende todo o posible, e como entrenador deste equipo quixo impoñer a súa posición sobre o resto dos xogadores como é debido. Ó campo saíuse coma sempre, con moita ilusión ó principio, pero pasados os primeiros 15 minutos floxeamos un pouco e é o contrario o que toma as rendas do xogo. Pero neste caso os papeis equilibráronse un pouco máis polas ganas e o empeño dos nosos xogadores que sabían que unha victoria era un trampolín para escalar algún posto na táboa frente a un rival directo como era o Bugallido.

As nosas forzas non afrouxaron e cando pasaba media hora de xogo, nun acto de presión de todo o equipo ante os visitantes foi posible un roubo de balón cando o irmán de Balteiro, Óscar quebrou ó porteiro nun xesto de calidade e bateu a portería contraria para establecer o 1 – 0. Pero como sempre pasa o que pasa, pois nun claro erro de marcaxe da nosa defensa que non soubo bascular o xogo cara a banda esquerda creouse a xogada do empate cando nun centro dende a dereita, o Chaparrito nun intento de despexe bateu a Josito. Tamén hai que dicir que nun saque dende o curruncho, nun choque fortuito entre a nosa liña defensiva, o noso porteiro Josito sufriu un golpe que lle propiciou unha mazadura enrriba da cella. Chegando así ó descanso.

A charla do descanso foi bastante curta dado que o tempo engadido á primeira metade foi extenso e os nosos xogadores saíron coa mesma liña de xogo. O encontro semellaba un rifirrafe coa pelota, pero Fachuco púxose serio e mandou quentar a artillería suplente. Primeiramente reforzou as bandas coa calidade de Porrón e a maxia do Rabiso para darlle máis dinamismo ó xogo. Nestes intres é cando nunha xogada dos irmáns Balteiro comezada nun contragolpe chegou o encarrilamento do gol da vantaxe final. Da carreira de Óscar xurdiu un disparo envelenado que o porteiro foi quen de despexar, pero a chegada de relámpago de Ami dende o seo defensivo fixo que éste collese o rexeite para anotar o 2 – 1.

O marcador non se movería, pero agora é cando comeza a notarse o protagonismo arbitral. Non se sabe o motivo, pero os colexiados sempre teñen que favorecer a un equipo en cuestión, e que casualidade que sempre é o equipo contrario. Os xogadores do Bugallido convertíanse en colexiados ocasionais pitando xa eles mesmos o encontro, sen que o home de negro fixese nada. Ben podería ser porque non se enteraba do xogo ou ben porque tiña preferencia polo visitante. Comentar así o xesto de infantiles de Cosita, cando nunha falta a favor do Bugallido moi discutida dirixiuse ó colexiado con palabras despectivas e éste sacoulle o segundo cartón amarelo que o mandou directamente para fóra. Un acto que nunca debe facerse e menos cando temos o partido a favor, pois os que teñen que desesperar son os contrarios. Destacaremos tamén a entrada de Ramón e Michael que coas súas ganas, maxia e fame de gol, deixáronnos un bo sabor de boca deste encontro gañado.

Finalmente chegou o pitido final que soubo a gloria no seo do Cabo da Cruz B, pois esta victoria fai que adiantemos ó Pazos na táboa, tendo así no punto de mira ó Bugallido.

Aliñación titular:

Gardamallas: Josito

Liña defensiva: Chaparrito – Ami – Adrián – Andoni

Medio do campo: David – Cosita – Balteiro

Ataque: Finidi – Óscar – Risi

Tamén xogaron: Porrón – Rabiso – Buda – Ramón – Michael

Resumo do plantel:

Josito sen moito traballo.

Chaparrito douno todo ata desfacer os xeonllos.

Ami moi firme na defensa e acertadísimo no último gol.

Adrián o xogo aéreo foi dominado por el e as marcaxes ó home foron precisas.

David aguantou o medio do campo con moito traballo.

Cosita Non foi o seu mellor partido. Moi frouxo.

Balteiro incansable e con moita garra. Un dos mellores do encontro.

Finidi carente de xogo aéreo pero áxil nas escapadas pola banda.

Óscar douno todo e creou o perigo na meta visitante.

Risi bo xogo e moi constante.

Coma sempre, podedes comparar a xornada anterior con esta e ver a evolución favorable do noso equipo:

Clasificacion




Artigos relacionados :

• Noticias relacionadas en: Fútbol Cabo da Cruz, Novas

Recibe tódalas novas no teu correo:


  • Porrón

    Primeiro quero dicirlle a Xoan que non me tes que perdir permiso para facer unha valoración persoal do encontro e menos cando o fas na túa propia web. Ademáis eu a crónica que che mando é elaborada polos compañeiros do perfil Cabo da Cruz «B» en Tuenti (que aínda non sabemos quenes son) e polo tanto eu non son máis que un intermediario que che facilita material. Segundo, renovar o meu agradecemento e o dos compañeiros do equipo por darnos cabida na web e seguirnos xornada a xornada. E para finalizar agraceder a xente, que aínda que sexa pouca, vai domingo tras domingo a Valiño ver os nosos partidos de futbol. Saúdos!!

  • Xoan

    Porrón, estás considerado un dos nosos comentaristas deportivos, iso xa o sabes, e sen a túa aportación semanal da crónica isto non chegaría a nada. Ademáis dos comentarios que sempre te animas a escribir. O voso sitio en CaboDeCruz.Net que saibades que sempre o ides a ter, polo menos pola miña parte, xa que isto é unha páxina para que se faga entre toda a xente e entidades do Cabo da Cruz, pois non é o obxetivo que escriba eu só aquí. Estamos abertos a que nos mandedes artigos, queixas, noticias, reportaxes, fotos, e todo o que queirades. Para os demais lectores, Porrón debería ser un exemplo de aportación a esta web. Noraboa a vós que gañáchedes o domingo cun bo partido e a ver si para o domingo que vén gañades outra vez. E eu tamén animo á xente a que suba a Valiño a animar ós nosos xogadores para que sigan con esta boa racha. Sen máis, un saúdo!!

  • Mario

    Candiño pon as fotos porque todo o mundo esta deseando velas.

  • Xoan

    Mario, esas fotos dame que non van a estar ata daquí nunha semana, pois o traballo e a ocupación que me leva non me permiten facer moito. Pero non descoidedes, pois canto antes se poida, na vosa sección apareceredes todos para darlle un novo contido a CaboDeCruz.Net. Polo demáis, agardo que esta semana entrenedes ó máximo e o domingo xoguedes coma o domingo pasado, e consecuentemente gañedes. Sen máis, un saúdo e moito ánimo!!