Inicio > Fútbol Cabo da Cruz, Novas > Cabo da Cruz B 0 – 3 Sar

Cabo da Cruz B 0 – 3 Sar

Mércores, 18 de Novembro de 2009 Ir os comentarios

Novo fiasco en terras crucenses para o noso equipo, despois dunha derrota por tres a cero ante o conxunto santiagués. O encontro estivo marcado pola polémica do equipo visitante e tamén polo mal xogo do Cabo da Cruz B que unha vez máis seguen sen acertar na competición.

Mal partido do noso equipo que, ao contrario dos últimos partidos perdidos, sí mereceu perder. Á chegada do equipo visitante ao feudo crucense xa se veu a pouca gana que tiñan de xogalo partido, argumentando primeiro que o valado do campo non era legal e que se podían lesionar os xogadores espetándose nelas. Ata de chiste foi que decían que o campo estaba tan anegado que habían moitas pozas e que por tanto tiñamos que achicalas. A última foi que solo xogarían se se presentaban no campo dúas patrullas da Garda Civil, unha da Policía Local e unha ambulancia. Despois do “pitorreo” montado comezou o partido.

Do xogo do noso equipo pouco hai que decir xa que non foi precisamente o que todos desexaramos. O primeiro gol chegou sobre o minuto quince cando nun remate a ”bocaxarro” dun dianteiro do Sar bateu nas mans de Adrián provocando penalti e converténdoo seguidamente.

O segundo gol chegou cinco minutos despois cando lle quedou morto un balón ao borde da área a un xogador visitante e aproveitou para bater por alto a Josito.

O terceiro gol chegou mediada a segunda metade cando nun contragolpe visitante unha falta de entendemento entre Richi e Josito, o defensa lle deixou o balón ao xogador do Sar e éste bateu a meta do Cabo a porta baleira. Como vedes mal partido do noso equipo que esperemos que consiga a terceira victoria da temporada no campo do Viduido a xornada vindeira.

Seguidamente aquí vos queda a clasificación do noso equipo, así coma os resultados da xornada e os partidos da vindeira:

Material cedido por Porrón

Material cedido por Porrón

Agárdase que o equipo espabile e saia xa dos últimos postos da táboa facendo un xogo que aínda que non sexa de todo bo, polo menos que permita un raio de vento no inferno desta liga que cada día se nos escapa un pouco máis. Dende aquí ánimo a tódolos xogadores para que sigan gañando e prescindindo dos galácticos de Máis Minutos.

Artigos relacionados :

 

• Máis noticias enFútbol Cabo da Cruz, Novas
• Recibe tódalas novas no teu correo:
  1. Porrón
    Venres, 20 de Novembro de 2009 a las 00:11 | #1

    Moi bo o seguemento a ambos equipos pero pola parte que me toca co equipo “B” hai que agradecerche que alguén se interese por nos aínda que os resultados non sexan os agardados. Hai que entender tamén que no equipo “B” hai varios xuvenís e bastantes recén saídos de xuvenís polo que o equipo é moi novo e inexperto. De seguro que o plantel actual se seguir un par de tempadas xuntos se invertirá a situación na clasificación pero agora é o momento de adaptarse a unha nova categoría e aprender. Espero que se siga dando cobertura ao equipo de aquí a final de tempada e esperemos darlle máis alegría á xente. Saúdos!!

  2. Xoan
    Venres, 20 de Novembro de 2009 a las 13:29 | #2

    Home, xa sabes que estamos aquí para o que faga falta, non só para fútbol, senón para calquera cousa que queirades contar, criticar, anunciar, ou mesmo se queredes poñer vós algún artigo comentando calquera cousa non tendes máis ca mandalo ó correo de contacto para que sexa publicado. Con respecto ó fútbol véxovos xogar e entrenar e sigo dicindo que tendes un bo potencial para facer bastante máis do que estades a facer, pero como ti ben dis, falta tempo. A ver si Fachuco lle dá un tirón ó equipo e fai algo de Druida celta para darvos algunha poción e comezar a saír deses postos da táboa.
    Dende a administración de CaboDeCruz.Net: Gracias a vós por toda a información e material cedido.
    Un saúdo!

  1. Non hai trackbacks.