Cabo da Cruz B 0 – 0 Terras do Ulla
Voltando con máis fútbol, excepcionalmente o sábado pasado xogouse un encontro do noso equipo o Cabo de Cruz B contra o Terras do Ulla. Foi un encontro moi negativo para o noso equipo. Cocemos un empate moi amargo cun sabor a derrota máis que nada polo xogo escaso do noso equipo.
Non sendo así nos últimos encontros onde a victoria se puxo do noso favor e facendo ata un bo xogo bastante vistoso, nesta fin de semana foi todo o contrario. Xa nos exercicios de quencemento de antes do partido, a concentración dos nosos xogadores estaba máis co partido do Deportivo – Real Madrid ca do encontro que ía ter lugar alí. É entendible tamén como os xogadores, xente nova, caldeiros de hormonas que estouran o sábado pola noite, é entendible que non teñan toda a concentración que fai falla.
Pero temas aparte, non se poden facer moitas valoracións de todo isto xa que en si houbo moi pouco perigo para os porteiros, e onde o noso equipo tivo un par de ocasións claras de gol, coma o equipo contrario que tamén gozou do seu par de oportunidades. Destacar tamén que o noso novo dianteiro Óscar tivo que abandoar o terreo de xogo por mor dun tirón nunha perna, cedendo así o seu posto a Buda.
No descanso Fachuco dou a súa particular charla para tratar de espabilar ó plantel, pero nada diso serviu, pois o encontro rematou sen goles pola falta de motivación e acerto dos xogadores que ainda que o empate soubo amargo, un punto é mellor ca ningún, co cal dende CaboDeCruz.Net apoiamos ós nosos xogadores para que no vindeiro encontro en terras do Pazos.
Destacar tamén ó final do partido un altercado que houbo cando un xogador do Terras do Ulla quedou tendido no céspede, e namentres o colexiado non paraba o xogo, unha muller entrou ó campo sen ningún tipo de permiso. Debido a iso, un dos nosos xogadores dirixiuse á muller indicándolle que non debía facer iso, pois o balón aínda estaba en xogo. Finalmente o colexiado botou á señora do campo, e un afeccionado do Terras do Ulla dirixiuse ó noso banquillo cun tono chulesco preguntando polo que lle dixeran á señora. Unha situación absurda, cando eles sabían que non tiñan razón, pois a invasión ó campo vai en contra do regulamento do fútbol. Agardamos que isto non volte acontecer nun campo, e si pasa, que a xente saiba que non está permitido.
Finalmente, non hai máis que contar ca un empate que cun pouco de ansia puido ser unha victoria clara para seguir subindo postos na táboa. E coma de costume déxivos cos xogadores do Cabo de Cruz B que interviron no encontro e mais coa clasificación e cos vindeiros encontros da liga:
Aliñación titular
Gardamallas – Josito
Liña defensiva – Chaparrito – Ami – Adrián – Porrón
Medio do campo – David – Balteiro – Cosita
Dianteira – Marcos – Oscar – Finidi
Tamén xogaron Buda – Kepi (dende Namek) e mais o Zimpi (recuperado xa da súa lesión)





