Cabo da Cruz B 0 – 0 Dodro (Suspendido no descanso)
Desta vez o encontro non se puido rematar como é debido por unhas molestias que sufriu o colexiado que o impediron pitar na segunda metade deste encontro no que o Cabo da Cruz B convenceu xa un pouco máis co seu xogo. A alineación que mostrou o míster para este encontro non deixa dúbida de que o equipo puxo moito empeño en desenvolver un partido en principio un pouco desfavorable por xogar co líder da categoría. Os homes que saíron dende o inicio foron:
Gardamallas: Josito
Defensa formada por: Rabiso – Ami – Adrián – Richi
Medio do campo: David – Balteiro – Cosita – Finidi
Media punta: Zimpi
Último home: Andoni
No banquiño quedaron os reservas e algúns deles rebulsivos que marcan sempre a diferencia nas segundas partes. Temos a:
Pechu, Kepi, Buda, Maikel e Chaparrito
Agora aquí vos quedan as declaracións do noso colaborador deportivo Porrón que estivo en dito partido cubrindo esta nova:
Nun principio éste decantábase por ser un partido moi complicado para o noso equipo xa que nos visitaba o líder en solitario da categoría. Nada máis lonxe da realidade. O noso equipo sorprendeu a propios e extraños plantándolle cara ao líder dominando o encontro en toda a primeira metade na que o Dodro tan so creou perigo nun remate de cabeza que saíu a case un metro de distancia do pau dereito da meta de Josito. O noso equipo sorprendeu varias veces polo centro á defensa visitante e nalgún centro aislado pero David nun remate dun centro e Zimpi noutro disparo dende a frontal non tiveron a fortuna de cara para inaugurar o marcador.
Así rematou a primeira metade cun moi bo xogo dos nosos. A segunda metade non se puido xogar debido a un problema do árbitro que se queixaba dunha inchazon na zona esquerda do pescozo e que imposibilitaba respirar con normalidade. Agora solo cabe esperar a data para xogar a segunda metade e de seguro que si se xoga coa mesma intensidade pódese dar a sorpresa vencendo ao líder.
Como puidéchedes ler, agardemos que a segunda parte se xogue canto antes para que a nosa formación enlace este bo xogo cos vindeiros partidos e darnos así algo de alegrías e bos resultados que de seguro han chegar, xa que o compromiso, a ilusión e a calidade son cousas que sobran no vestiario do Cabo da Cruz B.
E como xa é frecuente este tipo de novas, que rematan sempre cunha visión da clasificación e dos resultados desta xornada:
| Tuitear |
|
Artigos relacionados :
A crónica deste partido chegou hoxe ás dependencias de CaboDeCruz.Net por parte dun xogador do p ...
Unha nova derrota que emporca os resultados do noso equipo de fútbol do Cabo da Cruz. Esta vez s ...
Sentimos que esta crónica chegue tarde, sobor de todo para a xente que nos sigue por aquí e que ...
Un alentador empate traído das terras do Rarís pode darnos un empurrón de cara ós postos contigu ...
Para non saturar de traballo ó noso comentarista deportivo, a crónica deste medio encontro vou f ...


