Cabo da Cruz 2 – 1 Artes
Nesta nova xornada, o Cabo da Cruz vóltanos deixar un bo sabor de boca ó imporse ó equipo ribeirense do Artes por dous tantos a un. Segue así mantendo o trono do grupo oito da Terceira Autonómica tras gañar o partido desta semana. O partido non puido ser xogado no campo de herba polo seu estado lamentable de charcas e inundacións que sufriu polas choivas constantes que caeron no feudo de Valiño.
O encontro comezou cunha boa apertura para os locais cando no minuto dous o xuvenil Andoni, e tamén xogador do Cabo da Cruz B que foi convocado por Juancho, abreu o marcador. Posteriormente foi o hábil xogador de Runs Mon, o que sentenciou o máximo expoñente no marcador local facendo así o segundo gol para o Cabo da Cruz.
Foi a desentonación do ataque do Cabo da Cruz o que non lles permitiu continuar rachando o taboleiro, pois pese a un xogo dominante na meirande parte do encontro, o resultado ficou nun máximo de dous goles, e outro gol tamén para o Artes.
Terá que darlle unha pequeno empurrón Juancho ó equipo para que mostre así a súa fortaleza doutros partidos e tamén para que as victorias sexan máis claras, pero aínda así, éste é o equipo líder nesta liga un tanto axustada polo Bealo e polo Xuño.
A clasificación e o resto dos partidos móstranse a continuación:

| Tuitear |
|
Artigos relacionados :
Os do Cabo da Cruz A, si que fixeron os deberes en terreo do Cures no campo de Pomardorrío cando ...
Faltan tres xornadas para o remate da tempada de liga do grupo da Barbanza da Terceira Autonómic ...
Os equipos do Cabo da Cruz e mais o Sálvora, son os únicos que están aínda invictos no torne ...
Novo fiasco en terras crucenses para o noso equipo, despois dunha derrota por tres a cero ante o ...
Un pouco máis tarde do normal, pero xa temos aquí a crónica do partido da semana pasada. Como no ...


